????????????Feira de Gando anual do 4 de agosto en Vilacampa.
????4 de agosto
????Inscrición para optar a premio en lote e/ou beleza de vacuno/cabalar ata o venres, 1 de agosto ás 12:00h. nas oficinas municipais, nas oficinas da casa da cultura ou pola sede electrónica.
Podes consultar as bases de participación:
Tamén podes traer a instancia xa cuberta ou enviárnosla a través da Sede Electrónica:

Podes consultar as bases completas:
BASES REGULADORAS PARA A ENTREGA DE PREMIOS DE FEIRA
DE ANIMAIS DE VILACAMPA. CABALAR E VACUNO.
Os premios preséntase cos seguintes obxectivos:
Promover a compra e venda de gando tanto de residentes como de visitantes.
Apostar pola profesionalidade do sector gandeiro, incentivando a participación e calidade dos participantes.
- Participantes
Nesta edición de premios para a exposición de todo tipo de gando que participen todas as persoas físicas e xurídicas cuxa actividade profesional se englobe dentro do ámbito gandeiro e que asistan á feira.
1.1 Requisito dos participantes.
Os participantes teñen que ter os animais debidamente documentados e deberán de xustificalo no intre da inscrición e poderase corroborar na Feira. - Prazo e lugar de inscrición
As gandarías participantes deberán cubrir a solicitude na Casa da Cultura, na Casa do Concello ou a través da sede electrónica do concello do Valadouro e entregala totalmente cumprimentada ata o venres, 1 de agosto ás 12:00 horas.
A inscrición será totalmente gratuíta - Normas de participación
Os aspirantes ós premios comprométense a cumprir os seguintes requisitos:
Deberán presentar os seus animais debidamente documentados.
Os animais gañadores recibirán o premio correspondente á súa sección.
A decisión do xurado será irrevogable.
Os animais que entren a concurso por lote ou por “beleza”, tanto de vacuno como de cabalar, deben de estar identificados na folla de inscrición. - O gandeiro/tratante que aporte animais á feira e entre a concurso deberán ser os identificados ou menos, non téndose en conta aqueles que non estean identificados na folla de inscripción.
Para retirar o premio, o gañador deberá de estar presente no intre de facerse público, durante o día 4 de agosto de 2025 e terá que asinar un recibí así como aportar a documentación necesaria para corroborar que os datos estean correctos(dni, carta verde, ….)
Cada participante poderá facelo en mais dunha categoría e ao mesmo tempo poderá tamén levar máis de un premio asumindo a posibilidade que se apliquen os impostos fiscais correspondentes. - Data
O clasificación levarase a cabo durante a mañá do día 1 de agosto de 2025 antes das 13:00h.. - O xurado
O xurado estará composto polo Alcalde-Presidente do concello do Valadouro e/ou concelleiro/a en quen delegue e expertos na materia.
Como secretario actuará un administrativo que actuará con voz pero sen voto.
Os xuíces seguirán unhas táboas de cualificación para chegar ó veredicto final. - Os premios
Os premios das distintas categorías percibiranse única e exclusivamente en metálico unha vez finalizada a feira e comprobada toda a documentación aportada polo gañador durante a sesión vermú do día 4 de agosto de 2025 a partir das 14:00h. no campo da festa de Vilacampa.
Os premios das distintas categorías poden ser acumulativos, pero cabe a posibilidade que de que parte do premio se teña que destinar a impostos - o Maior número de cabezas de gando cabalar: 1º: 300,00 € – 2º: 150,00 €
- o Maior número de cabezas de gando vacuno: 1º: 300,00 € – 2º: 150,00 €
- o Millor vaca: 1º: 100,00 € – 2º: 50,00 €
- o Millor cabalo/besta: 1º: 100,00 € – 2º: 50,00 €
- Vantaxes de participar
7.1. Para as gandarías
Contarán con promoción gratuíta dos seus animais podendo alcanzar novos mercados.
Os premios reflectirase tanto en carteis publicitarios, prensa e medios de comunicación audiovisual.
Os animais serán xulgados por profesionais do sector.
Concello proporcionará ós participantes a inscrición gratuíta.
Farase entrega de premios ós gañadores durante a sesión vermú.
7.2. Para os visitantes asistentes
Poderán gozar da exposición, coñecendo os animais e gandarías participantes.
Favorecerase a compra venda dos millores animais - Aceptación das bases
Unha vez firmada a solicitude de participación os propietarios aceptan as condicións establecidas nas presentes bases. - Publicación das bases
As bases publicaranse na Sede electrónica do Concello do Valadouro e na páxina web do concello do Valadouro e acompañarán cada instancia de inscrición.