En datas pasadas, asinouse un convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello do Valadouro para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026, cofinanciado parcialmente co Feader no marco do PEPAC 2023-2027.

Unha das bases fundamentais na loita contra os incendios forestais é o conxunto de accións encamiñadas a elimianr todos os riscos que poidesen ser a orixe dos lumes e incluso a súa fácil propagación. Desta maneira preténdese reducir ao máximo segundo os recursos disponibes as consecuecnias ecolóxicas, económicas e sociais producidas polos incendios forestais.

Os obxectivos e as actuacións a levar a a cabo neste ano 2025, recollendo a planificación detallada dos traballos de tratamentos preventivos de xeito mecanizado e dos labores de prevención de forma manual das dúas brigadas de cinco comproñentes que o concello do Valadouro ten concedida para esta anualidade eque se atopan dentro do ámbito municipal materia de vías e camiños municipais, faixas de xestión de biomasa de titularidade municipal.

Principalmente, os traballos consistirán en vixianza e na roza de camiños e faixas preventivas así como o rareo de especias arbóreas onde a normativa o esixa.