O Concello do Valadouro cun investimento financiado por importe de 68.710,89€ con fondos FEDER da Unión Europea a través da  Axencia  Galega de  Desenvolvemento Rural (Agader) executou as seguintes actuacións dentro do programa de Mellora de Camiños Municipais de Acceso a parcelas agrícolas 2024-2025.

  • Mantemento e mellora dos accesos a Zaragoza(2024-2025)
  • Mantemento e mellora dos accesos a Bermún(2024-2025)

Os traballos realizados comprenden as seguintes actuacións:

  • Estendido dunha capa de mestura asfáltica en quente tipo AC16 SURF 50/70 D de 5 cm de espesor.
  • limpeza de cunetas para facilitar a circulación das augas de escorrentía.