🏃‍♀️⚽🛼 ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DO VALADOURO 2026/2027

O Concello do Valadouro abre o prazo de inscrición para participar nas Escolas Deportivas Municipais durante o curso 2026/2027.

👉 Actividades ofertadas:

⚽ Fútbol

🛼 Patinaxe

🏃 Atletismo

📅 Prazo de inscrición: do 18 ao 28 de agosto de 2026.

No caso do fútbol, o prazo inicial remata o día 28 de agosto ás 14:00 horas.

👧🧒 A quen van dirixidas?

• Fútbol: alumnado desde 4º de Educación Infantil ata 2º de Bacharelato.

• Patinaxe e Atletismo: alumnado desde 4º de Educación Infantil ata 4º da ESO.

📍 Presentación de solicitudes:

Nas Oficinas Municipais, no Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo”, dentro dos horarios de atención ao público, ou a través da Sede Electrónica do Concello do Valadouro, empregando o trámite correspondente a cada actividade.

📄 Importante: no enlace que acompaña esta publicación poderanse consultar as bases completas de participación de cada modalidade

Bases Fútbol: https://cutt.ly/iydxuPo4

Bases Atletismo: https://cutt.ly/7ydxpTd4   

Bases Patinaxe: https://cutt.ly/zydxiNGf

E podes tramitar directamente na Sede Electrónica:

Fútbol: https://cutt.ly/sydxs7I1

Atletismo: https://cutt.ly/uydxdLQb

Patinaxe: https://cutt.ly/4ydxfS5w

As Escolas Deportivas teñen como finalidade fomentar a práctica da actividade física e deportiva entre a poboación infantil e xuvenil, favorecendo tamén a convivencia e a participación.

💚 Anímate a participar nas Escolas Deportivas do Concello do Valadouro!

#OValadouro #EscolasDeportivas #Deporte #Fútbol #Patinaxe #Atletismo #DeporteBase #Valadouro