Convocatoria de axudas para o transporte de estudantes empadroados no Concello do Valadouro e que cursen bacharelato ou ciclos formativos en centros públicos da comarca da Mariña.

Prazo de solicitude 30 días hábiles dende o 24 de xaneiro.

As solicitudes poderán realizarse nas oficinas municipais previa cita no 982574000 ou a través de sede electrónica.

BASES XERAIS REGULADORAS DA CONCESIÓN DE AXUDAS PARA O  TRANSPORTE DE  ESTUDANTES DE BACHARELATO E CICLOS FORMATIVOS EN CENTROS PÚBLICOS DA COMARCA DA MARIÑA DO CONCELLO DE O VALADOURO.

INTRODUCCIÓN

                De conformidade co indicado no artigo 25.2.n da Lei 7/1985, Reguladora das Bases do Réxime Local,  os Concellos teñen  como competencia propia participar na vixilancia do cumprimento da escolaridade obrigatoria e cooperar coas Administracións educativas correspondentes na obtención de solares necesarios  para a construción de novos centros docentes; igualmente, se asumen obrigas  no que respecta á conservación, mantemento e vixilancia dos edificios de titularidade local dedicados a centros públicos de educación infantil, de educación primaria e de educación especial.

               Dentro destas competencias establecidas no marco regulador xeral das entidades locais, pero tamén dentro do ámbito da normativa sectorial educativa, non figura en ningún caso como competencia propia do Concello prestar ou asumir o servizo de transporte escolar, en ningunha dos diferentes niveis académicos. De feito, na recente modificación da LRBRL desapareceu a educación e a saúde como ámbitos materiais nos que os Concellos poderán exercer competencias, e se proclama o principio de non exercicio de competencias sen a financiación adecuada.

               Non podendo, pois, asumir o Concello a xestión do servizo de transporte escolar, sí se entende que se pode facer uso da actividade de fomento, arbitrando medidas tendentes a que os propios cidadáns colaboren no cumprimento de obxectivos, como pode ser o fomento da educación, mediante incentivos económicos, isto é axudas ou Subvencións.

               Coñecido é que a evolución educativa dunha sociedade está intimamente relacionada coa prosperidade social e económica da mesma; igualmente,   polo actual sistema de reparto  territorial de centros educativos hai moitos veciños que deben desprazarse , incluso a diario, para completar a súa formación , co conseguinte esforzo persoal de tempo e diñeiro que os sitúan, en ocasións, en situacións  máis desfavorecidas  que os estudantes que teñen o seu lugar de residencia no mesmo municipio onde cursan estudos.

               Conscientes da importancia do indicado, o Concello de O Valadouro, contempla como obxectivo estratéxico, entre outros, fomentar o acceso a niveis educativos non obrigatorios non prestados no termo municipal, co que supón de desprazamentos e encarecemento no acceso a un dereito básico como a educación.

               Así pois, O Concello de O Valadouro , consonte ao previsto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, e no que sexa de aplicación, os RD 887/2006, de 21 de xullo e Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, e ao obxecto de atender ou contribuír a satisfacer as necesidades efectivas dos estudantes segundo as súas circunstancias socioeconómicas e académicas, no exercicio das facultades conferidas pola normativa vixente e, en especial pola Lei 7/85, de 2 de abril, formúlanse as presentes bases que regulan axudas aos estudantes do Concello de O Valadouro  en bacharelato e ciclos formativos en centros públicos da Comarca de A Mariña , nas modalidades de transporte.

               Seguindo coa nova tendencia de aplicación de políticas demográficas de xeito transversal, se entende  que as axudas que se concedan dende o Concello de O Valadouro deben ser para o uso prioritario  do transporte público; dunha banda, pola  incidencia do uso do transporte público nas políticas  medioambientais,  doutra pola redución da sinistralidade  nas vías públicas, especialmente entre os máis novos, e por último, para fomentar  o sostemento da rede pública de transportes que favoreza ou mellore a interconectividade entre municipios  de tamaño pequeno e medio, reducindo as dificultades de mobilidade no medio rural.

1.- OBXECTO E FINALIDADE.

1. Son obxecto destas bases a concesión de axudas económicas individuais destinadas a sufragar os gastos de desprazamento daqueles alumnos/as do Concello que estudian fóra do termo municipal bacharelato e ciclos formativos en centros de ensinanza sostidos con fondos públicos, mediante o uso prioritario do transporte público, nalgunha das seguintes modalidades, e sempre dentro da comarca de A Mariña :

– Bacharelato.

-Ciclo de formación profesional básica *

– Ciclo medio de formación profesional. *

– Ciclo superior de formación profesional. *

* Nas modalidades de Réxime ordinario, Réxime das persoas adultas modalidade presencial (oferta modular) e Formación profesional dual.

2. As Subvencións rexeranse pola Lei 38/2003, de 17 de novembro , Xeral de Subvencións , Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, e no que sexa de aplicación, os RD 887/2006, de 21 de xullo e Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro.

3. Aos efectos das presentes Bases, enténdese por axuda toda cantidade monetaria que o Concello de O Valadouro conceda a quen desexe realizar ou se atope realizando estudos para a súa promoción educativa, cultural ou profesional, de acordo coas presentes bases e para os cursos académicos a que se refiran as respectivas convocatorias.

               A finalidade é favorecer a escolarización non obrigatoria nos niveis de bacharelato e ciclos de formación profesional, así como o uso do transporte público.

               A tales efectos os estudantes deben estar matriculados en centros sostidos con fondos públicos da Comarca de A Mariña, integrada por:

– Comarca de A Mariña Oriental: Barreiros, Ribadeo, Trabada e A Pontenova.

– Comarca de A Mariña Central: Burela, Valadouro, Alfoz, Foz, Lourenzá e Mondoñedo.

– Comarca de A Mariña Occidental: O Vicedo, Xove, Viveiro, Cervo e Ourol.

2.- CRÉDITO ORZAMENTARIO.

 A contía máxima destinada ás presentes axudas é de catro mil euros (4.000)  que se imputarán con cargo á partida 323.48 do Estado de Gastos do Orzamento Municipal.

Concederanse axudas ata esgotar a partida orzamentaria. No suposto de que o número de solicitudes presentadas na convocatoria correspondente que cumpran os requisitos das presentes bases superase a cantidade orzamentaria total asignada, a mesma non se verá modificada, reducíndose en todo caso de forma proporcional a contía asignada a cada beneficiario, de tal forma que todos os concorrentes reciban a parte proporcional correspondente.

3.- BENEFICIARIOS.

 As axudas poderán ser solicitadas:

  • No caso de alumnos/s menores de idade (no momento da solicitude) a axuda será solicitada polas familias das/os alumnas/os, en concreto polo menos por un dos proxenitores naturais ou por adopción dos menores titulares do Libro de Familia, ou polos titores legais.
  •  Os alumnos/as maiores de idade (no momento da solicitude) solicitarán a axuda directamente ao seu nome.

4.- REQUISITOS DAS PERSOAS SOLICITANTES.

a.- Toda a unidade familiar, engadido o alumno, deberá cumprir o requisito de estar empadroada/o e ter residencia efectiva no Concello de O Valadouro, salvo no suposto de independencia do solicitante, que se considerará tal se no momento da solicitude ten contrato de traballo en vigor, e en cuxo caso se requirirá o empadroamento e residencia efectiva persoal.

b.- Encontrarse matriculado, durante o curso académico que se inicie na anualidade da convocatoria, nalgún dos estudos indicados na base primeira impartidos en centro educativo sostido con fondos públicos da Comarca de A Mariña e manter dita matrícula ata o remate do curso.

c.- O estudante non pode ter cumpridos os 30 anos, tanto no momento da convocatoria como dentro do ano natural no que se publique a mesma.

d.- Non ser o solicitante nin o beneficiario debedor/a a Facenda Municipal, Autonómica ou Estatal así como a Seguridade Social.

e.- Non ter pendente de xustificación ningunha subvención concedida polo Concello de O Valadouro.

f.- Non poderán optar a estas subvencións as persoas e entidades ás que se refiren os artigos 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003 de 17 de novembro, Xeral de Subvencións e o artigo 10 da lei 9/2007, de 13 de xuño de subvencións de Galicia.

g.- Ter unha porcentaxe de asistencia ao centro educativo como mínimo do 90%

h.- Utilizar o transporte público sempre que exista unha liña de autobús compatible coa xornada lectiva e que non sexa obxecto de aplicación da Resolución do 25 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se amplía o prazo de vixencia da tarifa especial Xente Nova no transporte público interurbano de competencia da Xunta de Galicia, para o ano 2023.

5.- CRITERIOS DE VALORACIÓN.

 No suposto de que o número de solicitudes presentadas na convocatoria correspondente, que cumpran os requisitos das presentes bases, superase a cantidade orzamentaria total asignada, a mesma non se verá modificada, reducíndose en todo caso de forma proporcional a contía asignada a cada beneficiario.

6.- CONTÍA DAS AXUDAS.

O Concello de O Valadouro abonará as axudas ás persoas solicitantes que reúnan os requisitos previstos nestas bases por alumno/a, segundo o establecido no artigo anterior, de conformidade coa seguinte cantidade entendida como máxima individual por convocatoria, establecéndose prorrateo por mensualidades completas por ter en conta a diferente duración dos estudos :

TIPO DE ESTUDOSCUANTIA MENSUAL MAXIMA INDIVIDUAL (EN EUROS)CUANTIA ANUAL MAXIMA INDIVIDUAL POR CURSO (EN EUROS)
Bacharelato40400
Ciclo de formación profesional básica40400
Ciclo medio de formación profesional40400
Ciclo superior de formación profesional40400

No caso da realización de Formación en Centros de Traballo (FCT), período de prácticas dos ciclos formativos, non se incluirá dentro da presente convocatoria por ter lugar fóra do centro educativo e por ter unhas axudas concretas para gastos de desprazamento da Xunta de Galicia, reducindo proporcionalmente o importe da subvención concedida polo tempo no que transcorra a Formación en Centros de Traballo.

No caso de estudos de Ensinanza Secundaria Obrigatoria (E.S.O.) de Educación Especial, na que o alumnado do municipio debe desprazarse a centros educativos doutros concellos (IES de Foz), como a Consellería de Educación da Xunta de Galicia asume directamente os costes de dito desprazamento, non entrarían nesta liña de subvencións do Concello de O Valadouro.

Asimesmo, o alumnado que conte con servizo de transporte público ao seu centro educativo, nuns horarios compatibles co período lectivo, pero que se desprace ata dito centro educativo por outros medios non terá dereito a esta liña de axudas municipais.

Tampouco terán dereito á axuda aquelas persoas solicitantes que a liña de transporte público utilizada sexa obxecto de aplicación da Resolución do 25 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se amplía o prazo de vixencia da tarifa especial Xente Nova no transporte público interurbano de competencia da Xunta de Galicia, para o ano 2023.

7.- DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR POLOS SOLICITANTES

a.- Impreso de solicitude (Anexo I) e declaración xurada (Anexo II).

b.- Fotocopia do D.N.I. ou N.I.F. do solicitante (en caso de alumnos/as menores de idade) e do alumno/a.

c.- Fotocopia do Libro de Familia

d.- Certificado de empadroamento e convivencia.

e.- Certificado ou acreditación de estar matriculado nos estudos para os que se solicita a axuda.

f.- Certificación de titularidade da conta bancaria onde efectuar o ingreso. No caso de alumnos/as maiores de idade, deberán ser titulares da conta bancaria.

g.- Declaración doutras axudas obtidas para a mesma finalidade, no modelo normalizado.

h.- Declaración acreditativa do cumprimento dos requisitos, obrigas e condicións necesarias para a obtención da axuda, no modelo normalizado. (Anexo III) onde conste que non anulará matrícula, que destinará a contía económica aos fins establecidos durante o curso académico correspondente.

 A presentación da solicitude de axuda implicará a autorización ao Concello de O Valadouro para obter calquera tipo de información a través de entidades públicas ou privadas, sobre os datos do solicitante e a súa unidade familiar necesarios para determinar a obtención ou non da bolsa ou axuda.

8.- PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Os interesados en acceder ás axudas deberán solicitalo no impreso normalizado facilitado polo Concello, acompañado da documentación a que se refire a Cláusula Sétima.

As solicitudes atoparanse a disposición dos interesados nas Oficinas Xerais do Concello e na Sede Electrónica do Concello e presentaranse no Rexistro Municipal do Concello.

Asímesmo, tamén poderán presentarse ditas instancias no rexistro e oficinas, de acordo co previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

O prazo para a presentación de solicitudes iniciarase ao día seguinte da publicación da convocatoria na Base de Datos Nacional de Subvencións e no Boletín Oficial correspondente, e finalizará transcorrido un período de TRINTA DÍAS HÁBILES.

Este prazo poderá ser prorrogado, excepcionalmente por Resolución motivada do Sr. Alcalde-Presidente, sen que en ningún caso a duración de dita prórroga poda exceder de 5 DÍAS HÁBILES.

9.- INSTRUCCIÓN, TRAMITACIÓN DO PROCEDEMENTO

1.- As solicitudes de axudas reguladas nas presentes Bases deberán conter toda a documentación que nas mesmas se regula.

Se a solicitude non estivese debidamente cuberta ou non se achegase a documentación esixida, requirirase á persoas solicitante para que no prazo de 10 DÍAS HÁBILES emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa advertencia de que, se así non o fixese, se considerará desistido da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos.

2.- Aprobación da convocatoria:

A convocatoria de axudas será aprobada pola Xunta de Goberno Local do Concello de O Valadouro. As axudas convocadas segundo as presentes bases serán financiadas con cargo á aplicación orzamentaria que veña determinada nos orzamentos municipais para o exercicio económico do ano correspondente.

A resolución de concesión queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos xerais do ano correspondente.

O procedemento de resolución de Subvencións que se xestiona a través da convocatoria correspondente, se axustará aos principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.

En cumprimento do disposto no capítulo II da Lei 38/2003, o procedemento de concesión será en  réxime de concorrencia competitiva.

3.- Instrución:

A instrución do procedemento corresponderá á Comisión mixta nomeada polo Alcalde, que estará formada por un/unha Presidente/a, un/unha Vogal e un/unha Secretario/a, órgano que ditará o Informe-Proposta de Resolución debidamente motivada, que en cada caso proceda e que realizará de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, o coñecemento e a comprobación dos datos en virtude dos que se debe formular a proposta de resolución.

               A proposta de resolución provisional realizada polo órgano instrutor, deberá expresar a relación de solicitantes para os que se propón a concesión de subvención, especificando a valoración de favorable ou desfavorable, e a contía correspondente. Esta proposta elevarase á Alcaldía, quen emitirá proposta de Resolución Provisional que se  fará pública aos interesados a través do taboleiro de anuncios, sede electrónica e na  páxina web do Concello, dando un prazo de dez días hábiles para presentar alegacións.

4.- Resolución:

Informadas polo órgano instrutor as alegacións que se presenten, éste elevará a proposta de resolución definitiva, que deberá expresar a relación de solicitantes para os que se propón a concesión da axuda e o seu importe.

A resolución notificarase aos interesados por publicación no taboleiro de anuncios, sede electrónica e serán notificados individualmente. Transcorrido o citado prazo sen que se renuncie á subvención, se entenderá tacitamente aceptada.

 Prescindirase deste trámite de audiencia cando non figuren no procedemento nin sexan tidos en conta outros feitos ou outras alegacións e probas que as aducidas polas persoas interesadas. Neste caso, a proposta de resolución provisional formulada terá o carácter de definitiva.

As propostas de resolución provisionais e definitivas non crean ningún dereito a favor da persoa beneficiaria proposta, fronte á administración, mentres non se lle notificara a resolución definitiva de concesión.

A competencia para coñecer e resolver as solicitudes de axudas corresponderá á Alcaldía, previa fiscalización do gasto polo Departamento de Secretaria- Intervención.

               O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento non excederá de SEIS MESES e se computa a partir da publicación da correspondente convocatoria.

10.- MODIFICACIÓN DA RESOLUCIÓN DE CONCESIÓN

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión e eventualmente á súa revogación e reintegro, se fose o caso.

11.- TRAMITACION E PAGAMENTO.

O pagamento das axudas, tras a publicación definitiva, efectuarase na súa totalidade unha vez rematado o curso escolar e presentada a conta xustificativa completa.

               Para a determinación do importe total da axuda terase en conta os meses de duración do curso, ata un máximo de dez mensualidades. No caso da realización de FCT dos ciclos formativos, non se considerará como período lectivo, ao realizarse as prácticas formativas fóra do centro educativo e contar, ademais, con axudas específicas para o gasto de desprazamento da Xunta de Galicia. Tampouco se incluirán os desprazamentos no caso de ESO de Educación Especial ao estar totalmente subvencionados pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

11.- CONTA XUSTIFICATIVA.

               Os beneficiarios ou solicitantes da subvención deberán presentar a documentación xustificativa da realización da actividade para a que se concedeu tendo como data límite o 31 de xullo de 2023, composta por:

a)  Anexo V: Memoria explicativa e detallada da realización da totalidade da actividade, no que se indicarán os seguintes termos, e irá acompañada de certificado ou informe expedido polo Centro Educativo que acredite os citados termos:

b) Anexo VI: Declaración xurada sobre o uso do transporte público.

c) No caso de existir liña de transporte público compatible co horario lectivo: Facturas ou tickets do autobús ou xustificante das recargas da tarxeta bonobus.

d) Anexo VII: Declaración xurada das subvencións ou axudas obtidas doutras administracións públicas ou entidades públicas ou privadas, nacionais ou estranxeiras, para a mesma finalidade, acompañada, no seu caso, de copia compulsada da resolución de concesión de subvención.

12.- COMPATIBILIDADES.

Estas axudas se consideran compatibles con outras axudas e Subvencións procedentes de organismos, institucións e persoas físicas e xurídicas, de natureza pública, semi pública ou privada, con independencia da forma que utilizarán para o exercicio das actividades que lle sexan propias, sempre que non superen o 100 % do coste da actividade, a excepción da tarifa específica Xente Nova no transporte público interurbano de competencia da Xunta de Galicia.

Exceptúanse destas compatibilidades:

  • As axudas económicas para o alumnado que realiza a formación práctica en centros de traballo  da Xunta de Galicia,  considerando que a subvención municipal se destina a sufragar os gastos de transporte ata o centro educativo e que a FCT se levan a cabo fóra de dito centro educativo.
  • O uso de liñas de transporte compatibles coas axudas económicas para menores de 21 anos ofrecidas pola Xunta de Galicia a través da tarxeta Xente Nova, que poderá solicitarse segundo o indicado no seguinte enlace: https://www.bus.gal/gl/xente-nova. As persoas solicitantes desta axuda deberán comunicalo e perderán o dereito a cobrar as Axudas ao Transporte do Concello dende a data en que lles sexa concedida a tarxeta Xente Nova sempre e cando sexa utilizada para o transporte escolar. (Axuda ampliada para o ano 2023 por Resolución do 25 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se amplía o prazo de vixencia da tarifa especial Xente Nova no transporte público interurbano de competencia da Xunta de Galicia, para o ano 2023 – DOG nº 231 de data 5 de decembro 2022)

No suposto de que o beneficiario recibira axudas totais para a mesma finalidade superando o coste total, deberá poñelo en coñecemento do Concello de O Valadouro mediante o correspondente modelo de declaración xurada, conforme Anexo IV, realizando o Concello de O Valadouro a aportación proporcional ata o máximo contemplado.

Os beneficiarios das axudas propostas quedan exonerados de presentar garantías para a percepción das mesmas.

13.- OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS

 Son obrigas dos beneficiarios das axudas reguladas nas presentes bases as seguintes:

1.- Consignar fielmente a documentación e os datos esixidos nas presentes Bases

2.- Destinar a axuda á finalidade para a que se concede.

3.- De revogarse a concesión da axuda, o beneficiario estará na obriga de reintegrar as cantidades recibidas na conta indicada para o efecto polo Concello de O Valadouro.

4.- Presentar a conta xustificativa no prazo indicado.

 5.- A presentación da solicitude obriga ó solicitante á aceptación das Bases que rexen o procedemento.

6.- Someterse ás actuacións de comprobación que, en relación coas axudas concedidas, se practiquen polo órgano concedente.

7.- Ter unha porcentaxe de asistencia ao centro educativo do 90% como mínimo.

8.- Utilizar o transporte público sempre que exista unha liña de autobús compatible coa xornada lectiva.

14.- VERIFICACION, CONTROL E REINTEGRO

A resolución de concesión das presentes axudas poderá ser revogada total ou parcialmente, se teña aboado ou non o seu importe, no caso de descubrirse que na súa concesión se concorreu en ocultación ou falseamento de datos ou no caso de non xustificar un importe de gasto realizado igual ou superior ao importe da axuda concedida.

Co fin de determinar os mecanismos máis adecuados de estimación real de rendas, situación económica ou situación académica real dos solicitantes aos efectos de adxudicación das axudas, e co mesmo fin, aos efectos de poder obter a información da situación real dos solicitantes das  axudas, a presentación da solicitude implicará a autorización ó Concello de O Valadouro  para solicitar e obter de organismos públicos ou privados que se consideren oportunos a información necesaria para resolver a adxudicación da axuda ou bolsa.

Para intensifica-lo control que evite o fraude na documentación examinada para obte-la axuda, o Concello poderá determinar que se da ocultación a que se refire o apartado anterior por calquera medio de proba e, en particular, mediante os datos que obren en poder de calquera órgano das Administracións Públicas.

Para o procedemento de reintegro estarase ao disposto na  Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións e nas Bases de Execución do Orzamento municipal.

15. FIN DA VIA ADMINISTRATIVA

O acto de resolución da subvención esgota a vía administrativa, podendo interporse recurso potestativo de reposición no prazo de un mes, ou ben directamente contencioso-administrativo no prazo de dous meses.