BASES XERAIS REGULADORAS DO FUNCIONAMENTO DO BANCO MUNICIPAL DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2022/2023.
INTRODUCCIÓN
De conformidade co indicado no artigo 25.2.n da Lei 7/1985, Reguladora das Bases do Réxime Local, os Concellos teñen como competencia propia participar na vixilancia do cumprimento da escolaridade obrigatoria e cooperar coas Administracións educativas correspondentes na obtención de solares necesarios para a construción de novos centros docentes; igualmente, se asumen obrigas no que respecta á conservación, mantemento e vixilancia dos edificios de titularidade local dedicados a centros públicos de educación infantil, de educación primaria e de educación especial.
Non podendo, pois, asumir o Concello a adquisición dos libros de texto e dada a actual crise e aumento nos prezos que se está a producir, sí se entende que se pode colaborar coa Biblioteca Pública Municipal e co CEIP Santa María de O Valadouro, formando un Banco Municipal de Libros de Texto.
Coñecido é que a evolución educativa dunha sociedade está intimamente relacionada coa prosperidade social e económica da mesma; asimesmo actualmente co gran incremento dos prezos en todos os sectores diminúe o poder adquisitivo das familias, co conseguinte esforzo económico que teñen que realizar as familias para a adquisición de libros de texto e material escolar para que os seus fillos realicen os estudos obrigatorios.
Conscientes da importancia do indicado, o Concello de O Valadouro, contempla como obxectivo estratéxico, entre outros, a creación dun Banco Municipal de Libros de Texto para colaborar coa Biblioteca Pública Municipal, co CEIP Santa María de O Valadouro e coas familias dos alumnos do CEIP Santa María de O Valadouro ao entregarse aos alumnos libros de texto en concepto de préstamo.
1.- OBXECTO E FINALIDADE.
É obxecto destas bases regular o funcionamento dun Banco Municipal de Libros de Texto para os alumnos no CEIP Santa María do Valadouro que cursen estudos en educación primaria, adquirindo os libros que formarán parte do acopio de material da Biblioteca Pública Municipal.
A finalidade é reducir o esforzo económico que teñen que realizar as familias á hora de adquirir o material que precisan os seus fillos para cursar os estudos comprendidos entre 1º e 4º de primaria, por ser imprescindible a utilización de libros de texto.
A tales efectos os estudantes deben estar matriculados no CEIP Santa María de O Valadouro nos cursos de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria.
2.- CRÉDITO ORZAMENTARIO.
A contía máxima destinada á adquisición de libros de texto é de oito mil euros (8.000) que se imputarán con cargo á partida 323.48 do Estado de Gastos do Orzamento Municipal.
Adquiriranse libros de texto ata esgotar a partida orzamentaria. No suposto de que o número de solicitudes presentadas na convocatoria correspondente que cumpran os requisitos das presentes bases superase a cantidade orzamentaria total asignada, a mesma non se verá modificada, reducíndose en todo caso de forma proporcional a contía de libros asignada por cada menor.
3.- BENEFICIARIOS.
O uso de libros do Banco Municipal de Libros de Texto poderá ser solicitado polos proxenitores ou titores legais dos alumnos que cursen estudos de educación primaria no CEIP Santa María do Valadouro.
4.- REQUISITOS DAS PERSOAS SOLICITANTES.
a.- Deberán ser proxenitores ou titores legais de alumnos que cursen estudos de educación primaria no CEIP Santa María de O Valadouro comprendidos entre os cursos de 1º e 4º de primaria.
b.- O curso no que se atopen matriculados os alumnos deberá precisar o uso e adquisición de libros de texto. Tendo en conta que os alumnos de 5º e 6º de primaria usan a plataforma Edixgal non será preciso que estes alumnos adquiran libros de texto.
c.- No momento de formular a súa solicitude, deberase indicar o importe da axuda para libros recibida por parte da Consellería de Cultura, Educación e Universidades.
5.- CRITERIOS DE REPARTO.
Unha vez recibidas todas as solicitudes, analizaranse as mesmas realizando unha listaxe de persoas admitidas e excluídas, na cal se indicará si son perceptores de axudas para a adquisición de libros de texto por parte da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o importe das mesmas e comprobarase a dispoñibilidade de libros de texto no centro educativo.
Realizada a listaxe de persoas admitidas, procederase á adquisición dos libros de texto necesarios ata o esgotamento de crédito.
Posteriormente procederase a adxudicar o reparto de libros de texto segundo os seguintes criterios de preferencia e realizarase unha listaxe cos libros que lle corresponden a cada alumno:
- Alumnos de 1º e 2º de educación primaria:
- Beneficiarios de axudas da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de 210€ para libros de texto, por terse en conta o nivel de renda per cápita da unidade familiar.
- Beneficiarios de axudas da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de 140€ para libros de texto, por terse en conta o nivel de renda per cápita da unidade familiar.
- Resto de persoas solicitantes.
- Alumnos de 3º e 4º de educación primaria:
- Beneficiarios do fonde de libros da Consellería de Cultura, Educación Profesional e Universidade de 210€ para libros de texto, por terse en conta o nivel de renda per cápita da unidade familiar.
- Resto de persoas solicitantes
6.- DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR POLOS SOLICITANTES
a.- Impreso de solicitude (Anexo I) e declaración xurada (Anexo II).
b.- Fotocopia do D.N.I. ou N.I.E. da persoa solicitante.
A presentación da solicitude implicará a autorización ao Concello de O Valadouro para obter calquera tipo de información a través de entidades públicas ou privadas, sobre os datos do solicitante e a súa unidade familiar necesarios para determinar a obtención ou non de libros do Banco Municipal de Libros de Texto.
7.- PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes nas Oficinas Xerais do Concello e na Sede Electrónica do Concello.
Asímesmo, tamén poderán presentarse ditas instancias no rexistro e oficinas, de acordo co previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
O prazo para a presentación de solicitudes iniciarase o día 12 de xullo de 2022 e rematará o día 5 de agosto de 2022.
8.- INSTRUCCIÓN, TRAMITACIÓN DO PROCEDEMENTO
1.- As solicitudes reguladas nas presentes Bases deberán conter toda a documentación que nas mesmas se regula.
Se a solicitude non estivese debidamente cuberta ou non se achegase a documentación esixida, requirirase á persoas solicitante para que no prazo de 10 DÍAS HÁBILES emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa advertencia de que, se así non o fixese, se considerará desistido da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos.
2.- Aprobación da convocatoria:
A convocatoria será aprobada pola Xunta de Goberno Local do Concello de O Valadouro. O importe de adquisición de libros segundo as presentes bases serán financiadas con cargo á aplicación orzamentaria que veña determinada nos orzamentos municipais para o exercicio económico do ano correspondente, podendo avocarse esta competencia en caso de urxencia.
A resolución de concesión de libros de texto queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos xerais do ano correspondente.
3.- Instrución:
A instrución do procedemento corresponderá ao Instrutor nomeado polo Alcalde, órgano que ditará o Informe-Proposta de Resolución debidamente motivada, que en cada caso proceda e que realizará de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, o coñecemento e a comprobación dos datos en virtude dos que se debe formular a proposta de resolución.
A proposta de resolución realizada polo órgano instrutor, deberá expresar a relación de solicitantes para os que se propón a concesión de libros de texto, especificando a valoración de favorable ou desfavorable, e a contía de libros correspondente. Esta proposta elevarase á Alcaldía, quen emitirá proposta de Resolución Provisional que se fará pública aos interesados a través do taboleiro de anuncios, sede electrónica e na páxina web do Concello, dando un prazo de dez días hábiles para presentar alegacións.
4.- Resolución:
Informadas polo órgano instrutor as alegacións que se presenten, éste elevará a proposta de resolución definitiva, que deberá expresar a relación de solicitantes para os que se propón a concesión de libros e a súa cantidade.
A resolución notificarase aos interesados por publicación no taboleiro de anuncios e sede electrónica.
Prescindirase deste trámite de audiencia cando non figuren no procedemento nin sexan tidos en conta outros feitos ou outras alegacións e probas que as aducidas polas persoas interesadas. Neste caso, a proposta de resolución provisional formulada terá o carácter de definitiva.
As propostas de resolución provisionais e definitivas non crean ningún dereito a favor da persoa beneficiaria proposta, fronte á administración, mentres non se lle notificara a resolución definitiva de concesión.
A competencia para coñecer e resolver as solicitudes de participación no Banco Municipal de Libros de Texto corresponderá á Alcaldía, previa fiscalización do gasto polo Departamento de Secretaria- Intervención.
O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento non excederá de SEIS MESES e se computa a partir da publicación da correspondente convocatoria.
9.- MODIFICACIÓN DA RESOLUCIÓN DE CONCESIÓN
Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión dos libros de texto poderá dar lugar á modificación da resolución de admisión no Banco Municipal de Libros de Texto e eventualmente baixa na mesma, se fose o caso.
10.- ENTREGA DE LIBOS.
Unha vez publicada a listaxe de persoas admitidas con indicación dos libros de texto que lle corresponde, o Concello adquirirá os libros incluídos na listaxe, os cales non serán en ningún caso propiedade particular senón fondos bibliográficos da Biblioteca Pública Municipal, confeccionará os lotes de libros por alumno e curso e procederá á entrega dos mesmos.
11.- COMPATIBILIDADES.
O Banco Municipal de Libros de texto é compatible co fondo solidario de libros de texto e axudas reguladas na Orde do 29 de abril de 2022 da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
12.- OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS
Son obrigas das persoas beneficiarias do Banco Municipal de Libros de Texto regulado nas presentes bases as seguintes:
1.- Asegurar o correcto uso e coidado dos libros de texto.
2.- Devolver os libros de texto ao centro educativo unha vez finalizado o curso en correcto estado de uso. En caso de non devolver os libros non poderá ser beneficiario do Banco Municipal de Libros de Texto nos vindeiros cursos.
3.- Repoñer aqueles libros de texto pertencentes ao Banco Municipal de Libros de Texto que foran escritos ou deteriorados. En caso de non repoñer os libros non poderá ser beneficiario do Banco Municipal de Libros de Texto nos vindeiros cursos.
4.- A presentación da solicitude obriga á persoa solicitante á aceptación das Bases que rexen o procedemento.
13.- VERIFICACION E CONTROL DA DEVOLUCIÓN DE LIBROS
Unha vez finalizado o curso escolar procederase á revisión dos libros pertencentes ao Banco Municipal de Libros de Texto e requirirase a reposición de aqueles que se atopen danados aos proxenitores ou titores legais dos alumnos que corresponda, quedando excluídos para vindeiros cursos no caso de non efectuar a reposición.
Desta actuación levantarase a oportuna Acta.
14. FIN DA VIA ADMINISTRATIVA
O acto de resolución de persoas admitidas no Banco Municipal de Libros de Texto esgota a vía administrativa, podendo interporse recurso potestativo de reposición no prazo de un mes, ou ben directamente contencioso-administrativo no prazo de dous meses.