No día de hoxe a Xunta de Galicia fixo publico o modelo normalizado de solicitude de exención do canon da auga e coeficiente de vertedura.

Poderán solicitar a exención do canon da auga e coeficiente de vertedura os titulares de consumos de auga nos seguintes establecementos, nos supostos en que visen diminuída significativamente a súa actividade:

  • Establecementos de restauración: restaurantes, salóns de banquetes, cafetarías e bares.
  • Establecementos de lecer e entretemento: salas de festas, discotecas, pubs, cafés espectáculo e furanchos.
  • Hoteis e aloxamentos turísticos.
  • Albergues turísticos.

A presentación electrónica será obrigatoria para as administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas traballadoras autónomas e as persoas representantes dalgunha das anteriores.

A presentación farase a través do modelo AU231C .

Consulta a resolución completa aqui: