Tomarase como data de solicitude aquela na que se presente toda a documentación esixida nas presentes bases. Todas as solicitudes presentadas fora de prazo serán desestimadas. As solicitudes serán cursadas polo proxenitores ou titores legais dos alumnos e alumnas do CEIP Santa María do Valadouro no modelo facilitado polo Concello de O Valadouro (ANEXO I) dende o 1 de setembro de 2023 ata o 7 de setembro de 2023.
As solicitudes realizaranse nas Oficinas Municipais en horario de atención ao público de 09:00 a 14:30.Tamén poderán presentar as solicitudes na Sede Electrónica do Concello de O Valadouro a través do trámite “Solicitude Madrugadores/OES” ou en calquera dos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
BASES PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA DE CONCILIACIÓN APERTURA DO CEIP FORA DO HORARIO LECTIVO
1.- ÁMBITO DE APLICACIÓN
Estas actividades de conciliación están orientadas aos alumnos e alumnas do CEIP Santa María do Valadouro para o curso escolar 2023/2024.
2.- SUBPROGRAMAS
Os horarios dos subprogramas están condicionados polo horario e funcionamento do centro escolar, podendo verse alterados ao longo do curso.
Asimesmo, o funcionamento deste programa estará condicionado pola normativa vixente en cada momento.
2.1.- MADRUGADORES
Este subprograma desenvólvese en horario de 07:30 a 09:25 dende o 11 de setembro de 2023 ata o remate do curso escolar e está orientado aos alumnos e alumnas que precisen asistir ao centro escolar antes do inicio do horario lectivo debido á incompatibilidade do horario laboral dos seus proxenitores ou titores legais co inicio da xornada lectiva.
Total de prazas dispoñibles: segundo a normativa vixente.
Excepcionalmente poderanse conceder prazas por quendas para alumnos cuxos proxenitores ou titores legais teñan unha xornada laboral a quendas e sempre condicionado á existencia de prazas. Será imprescindible aportar un calendario de quendas para a duración de todo o curso.
No caso de prazas concedidas por quendas, non se poderán modificar os días e horario de asistencia concedido sen autorización expresa da Concellería Delegada, de acordo co indicado na Base nº 10.
2.2.- A TARDE MÁIS DIVER
Este subprograma desenvólvese en horario de 16:00 a 19:00dende o 11 de setembro de 2023 ata o remate do curso escolar e está orientado aos alumnos e alumnas que precisen asistir a actividades extraescolares ao remate do horario lectivo debido á incompatibilidade do horario laboral dos seus proxenitores ou titores legais co remate da xornada lectiva.
As actividades realizaranse a continuación da xornada lectiva nos seguintes horarios:
- De 16:00 a 17:00
- De 16:00 a 18:00
- De 16:00 a 19:00
As recollidas dos alumnos deberán realizarse obrigatoriamente con puntualidade á hora de saída que teña estipulada cada alumno. De non facelo así poderán perder a praza no subprograma.
Total de prazas dispoñibles: segundo a normativa vixente
Excepcionalmente poderanse conceder prazas por quendas para alumnos cuxos proxenitores ou titores legais teñan unha xornada laboral a quendas e sempre condicionado á existencia de prazas. Será imprescindible aportar un calendario de quendas para a duración de todo o curso.
No caso de prazas concedidas por quendas, non se poderán modificar os días e horario de asistencia concedido sen autorización expresa da Alcaldía, de acordo co indicado na Base nº 10.
3.- REQUISITOS DAS PERSOAS SOLICITANTES
As solicitudes serán cursadas polos proxenitores ou titores legais dos alumnos que asistirán ás actividades de conciliación e deberán cumprir os seguintes requisitos:
- MADRUGADORES:
- Os proxenitores ou titores legais deberán de estar traballando, sendo o inicio da xornada lectiva incompatible co inicio da xornada laboral, cursando algún estudo oficial ou xustificar a necesidade de uso do servizo.
- A TARDE MÁIS DIVER:
- Os proxenitores ou titores legais deberán de estar traballando, sendo o remate da xornada lectiva incompatible co remate da xornada laboral, cursando algún estudo oficial ou xustificar a necesidade de uso do servizo.
Segundo o indicado no artigo 6.1 da RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas parcialmente polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (códigos de procedemento SI436A, SI435A e SI427B) e mediante a cal se financia esta medida de conciliación, as actuacións destinaranse ao coidado de menores en familias con fillas e fillos de ata 16 anos inclusive e con carácter prioritario á atención de familias monoparentais, vítimas de violencia de xénero e doutras formas de violencia contra a muller, mulleres en situación de desemprego de longa duración, mulleres maiores de 45 anos ou a unidades familiares en que existan outras cargas relacionadas cos coidados. Nos procesos de valoración de acceso aos servizos postos en marcha con cargo aos fondos recibidos deberán considerarse como criterios de valoración o nivel de renda e as cargas familiares das persoas que soliciten a participación neles.
4.- SOLICITUDES.
Todas as persoas solicitante, ao momento de presentar a súa solicitude estarán aceptando as presentes bases.
Tomarase como data de solicitude aquela na que se presente toda a documentación esixida nas presentes bases. Todas as solicitudes presentadas fora de prazo serán desestimadas.
As solicitudes serán cursadas polo proxenitores ou titores legais dos alumnos e alumnas do CEIP Santa María do Valadouro no modelo facilitado polo Concello de O Valadouro (ANEXO I) dende o 1 de setembro de 2023 ata o 7 de setembro de 2023.
As solicitudes realizaranse nas Oficinas Municipais en horario de atención ao público de 09:00 a 14:30.
Tamén poderán presentar as solicitudes na Sede Electrónica do Concello de O Valadouro a través do trámite “Solicitude Madrugadores/OES” ou en calquera dos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
5.- DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA.
As solicitudes deberán ir acompañadas obrigatoriamente da seguinte documentación:
- Copia do DNI.
- Copia do libro de familia. No caso de usuarios do servizo en cursos anteriores non será preciso aportalo.
- Copia do informe de Vida Laboral actualizado, ou certificado de empresa no cal se indique a existencia de relación laboral ou calquera outro documento que acredite que os proxenitores e titores legais teñen unha relación laboral no momento de presentar a solicitude. (No caso do Informe de Vida Laboral poderanse ocultar aqueles datos que non sexan precisos para confirmar a existencia de relación laboral no momento de presentar a solicitude)
- Certificado de convivencia. (No caso de persoas empadroadas no Concello de O Valadouro, a consulta realizarase de oficio).
- No caso de solicitude por quendas: Calendario de quendas para todo o curso escolar dos días e horarios solicitados.
- No seu caso:
- Documentación que acredite a existencia de cargas familiares diferentes aos descendentes.
- Documentación acreditativa de ser vítima de violencia de xénero.
- Documentación acreditativa de ser perceptor/a de rendas mínimas.
- Documentación acreditativa da necesidade de uso do servizo (no caso de persoas desempregadas)
- Convenio regulador (en caso de proxenitores/titores separados)
6.- INSTRUCCIÓN E TRAMITACIÓN
A instrución do procedemento corresponderá a unha persoa funcionaria designada polo Concelleiro Delegado de Educación, Deportes, Conciliación e Obras ao efecto.
O/A Instrutor/a emitirá un informe, o cal se elevará á Concellería Delegada, referente ás solicitudes presentadas polas persoas solicitantes, facendo referencia á procedencia da admisión e inadmisión das mesmas e elaborando unha listaxe provisional de solicitudes admitidas (alumnos que obteñen praza e alumnos que pasan a formar parte da listaxe de reserva) e solicitudes desestimadas, a cal deberá motivarse no cumprimento das presentes bases reguladoras.
A resolución do procedemento corresponderá ao Concelleiro Delegado de Educación, Deportes, Conciliación e Obras.
Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, revisadas todas as presentadas, e visto o Informe de Instrución, o Concelleiro Delegado ditará Resolución na cal se incluirán 3 listas:
- Solicitudes admitidas: Alumnos que obteñen praza no programa Apertura do CEIP fora do horario lectivo.
- Solicitudes en lista de reserva: Alumnos que pasan a formar a listaxe de reserva do programa Apertura do CEIP fora do horario lectivo.
- Solicitudes desestimadas por non acreditar o cumprimento dos requisitos da convocatoria.
A citada Resolución será publicada no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de O Valadouro.
7.- CRITERIOS DE SELECCIÓN DO ALUMNADO
Poderán obter unha praza no programa Apertura do CEIP fora do horario lectivo aqueles alumnos cuxos proxenitores ou titores legais presentaran unha solicitude dentro do prazo establecido e que cumpran os requisitos da convocatoria.
Para a selección dos alumnos seguirase a orde de preferencia que se indica a continuación:
- MADRUGADORES:
- Unidades familiares empadroadas no Concello de O Valadouro.
- Unidades familiares nas que o menor está empadroado no Concello de O Valadouro con un dos proxenitores ou titores legais.
- Unidades familiares perceptoras de rendas mínimas (rendas inferiores a 3 veces o IPREM = 25.200€ brutos anuais).
- Unidades familiares con máis cargas familiares.
- Vítimas de violencia de xénero.
- Familias monomarentais e monoparentais
- Orde de rexistro de entrada da solicitude
- A TARDE MÁIS DIVER:
- Unidades familiares empadroadas no Concello de O Valadouro.
- Unidades familiares nas que o menor está empadroado no Concello de O Valadouro con un dos proxenitores ou titores legais.
- Unidades familiares perceptoras de rendas mínimas (rendas inferiores a 3 veces o IPREM = 25.200€ brutos anuais).
- Unidades familiares con máis cargas familiares.
- Vítimas de violencia de xénero.
- Familias monomarentais e monoparentais
- Orde de rexistro de entrada da solicitude
8.- NORMAS DE FUNCIONAMENTO
Dará lugar á perda da praza dentro deste programa calquera falseamento ou ocultación de información na documentación presentada para a solicitude, sen prexuízo das responsabilidades que poidan derivarse.
Formarán parte do programa aquelas solicitudes que cumpran os requisitos da convocatoria, figurando os alumnos nas listas de solicitudes admitidas.
Unha vez iniciado o programa e, sempre e cando queden prazas libres, poderán inscribirse máis interesados ata cubrir todas as prazas.
Se unha persoa inscribe un participante e están todas as prazas cubertas, ou se fai fóra de prazo, dita solicitude pasará á lista de reserva.
No caso de que un proxenitor ou titor legar desexe dar de baixa ao alumno no programa, deberá comunicalo por escrito e presentando a súa solicitude nas Oficinas Municipais, en horario de atención ao público de 09:00 a 14:30, na Sede Electrónica do Concello de O Valadouro a través do trámite “Instancia Xeral” ou en calquera dos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Os participantes estarán sempre acompañados do persoal cualificado da empresa encargada de xestionar o programa. Dado que se trata dunha actividade dedicada aos alumnos e alumnas do CEIP Santa María do Valadouro, non se permitirá o acceso ás instalacións onde se realice o programa, de ninguén máis que a dos alumnos participantes, os monitores e os traballadores do centro escolar.
Os lugares nos que se desenvolverá este programa serán indicados na resolución de concesión das prazas.
Os inscritos distribuiranse en grupos segundo as súas idades co fin de homoxeneizar o grupo de actividade do que forman parte.
O ratio por monitor será o establecido na lexislación vixente ao respecto.
9.- FALTAS DE ASISTENCIA E PUNTUALIDADE
Os alumnos deberán acudir aos subprogramas nos que sexan admitidos respectando en todo momento os horarios de entrada e saída.
No caso de existir faltas reiteradas inxustificadas poderá dar lugar á perda do programa.
Non se considerarán faltas de asistencia:
- As ausencias provocadas por incidencias que puideran xorder nas unidades familiares, podendo quedar o servizo en suspensión e con reserva de praza.
- As ausencias por causa do período de adaptación dos alumnos de 4º de Infantil.
- As ausencias durante os períodos vacacionais ou baixas laborais dos proxenitores ou titores legais.
10.- MODIFICACIÓN DO HORARIO DOS SUBPROGRAMAS
O horario de asistencia dos alumnos aos subprogramas so poderá ser modificado por causa debidamente xustificada e previa solicitude por parte do pai, nai ou titor legal.
A autorización do cambio de horario estará condicionada á existencia de prazas e á xustificación da necesidade do cambio de horario.
11.- PUBLICIDADE
As presentes bases serán publicadas na sede electrónica do Concello de O Valadouro, así como as listas de solicitudes admitidas e desestimadas e calquera outra comunicación colectiva.
12.- MODIFICACIÓNS, SUSPENSIÓN OU CANCELACIÓN DO PROGRAMA
O Programa poderá sufrir modificacións, suspensión de servizos ou a total cancelación do programa segundo as esixencias na normativa vixente ou por causas organizativas.
Calquera modificación, suspensión ou cancelación do programa será comunicado ás familias participantes.
–