É obxecto da convocatoria a concesión de subvencións públicas en réxime de concorrencia competitiva de proxectos para o apoio e promoción do movemento asociativo veciñal e a participación dos cidadáns de conformidade co previsto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, no Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Subvencións, a Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no non previsto no artigo 232 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.
PRAZO DE ADMISIÓN DE SOLICITUDES.
As solicitudes, xunto coa documentación mencionada nas bases e dirixida ó Ilmo. Sr. Alcalde-Presidente do Concello de O Valadouro deberá ser presentada no Rexistro do Concello de xeito telemático ou dos xeitos permitidos no momento de presentación, e debidamente cumprimentado no prazo 15 días á partir do día seguinte ó da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
BASES EXTRAORDINARIAS QUE REGULARÁN A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS PARA INVERSIÓNS DESTINADAS Á LOITA CONTRA AS CONSECUENCIAS DO COVID 19 NA ANUALIDADE 2020.
MODELOS SOLICITUDES.