Estimadas familias con motivo da situación do COVID-19 a escola infantil atenderá con cita previa de cara ao proceso de admisión de alumnado.

O horario de atención ao público (previa cita) será de 9:00 a 14:00, favorecendo a maior parte de información e dúbidas vía telefónica e/ou on-line para poder preservar a vosa seguridade e a do persoal da escola.

O contacto telefónico realizarase no seguinte número 982574390 / 608499719 e o contacto vía correo electrónico no seguinte enderezo escolainfantil.ovaladouro@igualdadebenestar.org

Atoparedes toda a información do proceso de admisión de alumnado na páxina: www.escolasinfantisdegalicia.es

Moitas grazas pola vosa comprensión e colaboración.