BASES PARTICIPACIÓN
As actividades están orientadas a rapaces e rapazas nados entre o ano 2009 e o 2017.
Todos os nenos e nenas que desexen participar nas actividades de LUDIVERÁN 2021– O VALADOURO estarán inscritos previamente nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” de O Valadouro.
Terán preferencia, sempre por rigurosa orde, os que se inscriban entre os días 21 a 25 (incluídos) de 10:00h. a 14:00h e de 16:00 a 20:00h de luns a venres. A oficina para a presentación de solicitudes atópase no primeiro andar do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” de O Valadouro.
Formarán parte do programa, aquelas solicitudes que cumpran, por orde os seguintes requisitos:
·a) Alumnos do CEIP Santa María do Valadouro que soliciten todo o período do programa e no que ambos pais traballen.
·b) Alumnos do CEIP Santa María do Valadouro que non soliciten todo o período do programa e no que ambos pais traballen.
·c) Resto de inscritos que soliciten todo o programa.
.d) Resto de inscritos.
Xunto coa instancia oficial de inscrición de Ludiverán 2021 -O Valadouro deberán de aportar, os pais dos participantes no programa, certificado de empresa ou vida laboral actualizada.
Unha vez iniciado o programa e, sempre e cando queden prazas libres, poderán inscribirse máis interesados ata cubrir todas as prazas.
Se unha persoa inscribe un participante e están todas as prazas cubertas, ou se fai fóra de prazo, dita solicitude pasará á lista de reserva.
A lista de reserva serve para cubrir as prazas que queden vacantes ó longo da programación. · O número de prazas estará limitado á ratio por monitor asinado ás actividades. Se un participante desexa deixar de acudir ó programa, o seu pai, nai ou representante deberá de pasar polas oficinas da casa da cultura, para comunicalo por escrito.
As actividades realizaranse entre os días 5 de xullo e 31 de agosto (laborables) entre as 10:00h. e as 13:00h. Todos os días se pasará lista de asistentes e se un inscrito falta asiduamente, (sen xustificar) alo menos o 20% do período solicitado, automáticamente pasará á lista de reserva. Na solicitude deberá de figurar se o/a inscrito/a sofre algún tipo de alerxia ou enfermidade que impida poder realizar as actividades plantexadas. En caso de non ter programadas as vacacións antes de formalizar a inscrición formalmente, agradécese que o pai, nai ou responsable o comunique por escrito con suficiente tempo para evitar problemas organizativos.
Os participantes estarán sempre acompañados do persoal cualificado da empresa encargada de xestionar o programa. Dado que se trata dunha actividade lúdico-infantil, non se permitirá o acceso ás instalacións onde se realice o programa, de ninguén máis que a dos participantes nas actividades.
O lugar de realización das actividades, agás previo aviso, serán as instalacións do Pavillón Polideportivo Municipal de O Valadouro e o patio de xogos (agás o parque infantil) do CEIP Santa María. En momentos puntuais programaranse pequenas excursións para coñecer o medio na que ningún inscrito acudirá só.
No intre de descanso usarán, sempre e cando o tempo meteorolóxico o permita, o patio de xogos do CEIP Santa María do Valadouro (agás o parque interior).· Se o desexan, os participantes levarán unha merenda que tomarán a media mañá.
Os inscritos distribuiranse en grupos segundo as súas idades co fin de homoxeneizar o grupo de actividade do que forman parte.
Recoméndase que os participantes veñan con roupa cómoda para o desenvolvemento de actividades deportivas e xogos.
A programación espacial comunicarase periódicamente co obxecto de informar, ós familiares, das actividades que van a realizar cada día. Os participantes nunca estarán sólos no transcurso das actividades. Sempre estarán os monitores responsables do programas, así como, esporadicamente, de persoal municipal.
O ratio por monitor establécese en 10 participantes e o programa cumpre todas as exixencias establecidas pola normativa de campamentos para COVID-19.
Os responsables dos participantes deberán responsabilizarse de que durante os 14 días previos ó inicio da actividade o menor non sufríu tos, febre, cansanzo ou falta de aire e que non estivo en contacto con ninguén que sufrirá esta sintomatoloxía.
Durante a realización das actividades, manterase a distancia de seguridade entre participantes e no caso dos maiores de 6 anos será de uso obrigado de máscaras e todos os participantes terán a libre disposición de xel sanitizante.
Por mor da PANDEMIA COVID-19 recoméndase que a inscripción se faga preferentemente por medios telemáticos (sede electrónica, e-mail…) ou en persoa nas oficinas da casa da cultura con cita previa no 982 57 15 16 ext. 1 ou no e-mail cultura@valadouro.gal
Os datos persoais recabados na presente inscrición forman parte dun ficheiro de protección de datos cuia finalidade é a xestión do mencionado programa. Poderá vostede exercer os dereitos de acceso, cancelación e rectificación dirixíndose ó excmo. Concello de O Valadouro, Feira Nova, 1, Ferreira do Valadouro (Lugo). Calquera dúbida ou suxestión pódese realizar no momento de entrar ou sair das actividades ós monitores que se atopará na entrada ou mesmo nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” de O Valadouro.