BASES PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA DE CONCILIACIÓN APERTURA DO CEIP FORA DO HORARIO LECTIVO.

1.- ÁMBITO DE APLICACIÓN.

Estas actividades de conciliación están orientadas aos alumnos e alumnas do CEIP Santa María do Valadouro para o curso escolar 2020/2021.

2.- SUBPROGRAMAS.

2.1.- MADRUGADORES.

Este subprograma desenvólvese en horario de 08:15 a 09:20 dende o 21 de setembro de 2020 ata o remate do curso escolar e está orientado aos alumnos e alumnas que precisen asistir ao centro escolar antes do inicio do horario lectivo debido á incompatibilidade do horario laboral dos seus proxenitores ou titores legais co inicio da xornada lectiva.Haberá 2 horarios de entrada: ás 08:15 e as 08:45. A entrega de alumnos deberá facerse sempre con puntualidade, non admitíndose alumnos que cheguen ao centro escolar fora do horario establecido. De non facelo así poderán perder a praza no subprograma.

Total de prazas dispoñibles: 10

2.2.- A TARDE MÁIS DIVER.

Este subprograma desenvólvese en horario de 16:00 a 19:00dende o 21 de setembro de 2020 ata o remate do curso escolar e está orientado aos alumnos e alumnas que precisen asistir a actividades extraescolares ao remate do horario lectivo debido á incompatibilidade do horario laboral dos seus proxenitores ou titores legais co remate da xornada lectiva.

As actividades realizaranse a continuación da xornada lectiva nos seguintes horarios:

  • De 16:00 a 17:00
  • De 16:00 a 18:00
  • De 16:00 a 19:00

As recollidas dos alumnos deberán realizarse obrigatoriamente con puntualidade á hora de saída que teña estipulada cada alumno. De non facelo así poderán perder a praza no subprograma.

Total de prazas dispoñibles: 20

3.- REQUISITOS DAS PERSOAS SOLICITANTES.

As solicitudes serán cursadas polos proxenitores ou titores legais dos alumnos que asistirán ás actividades de conciliación e deberán cumprir os seguintes requisitos:

MADRUGADORES:

  • Os proxenitores ou titores legais deberán de estar traballando, sendo o inicio da xornada lectiva incompatible co inicio da xornada laboral.
  • Os proxenitores ou titores legais deberán acreditar que na unidade familiar non existe ningunha outra persoa maior de idade que poda levar aos alumnos e alumnas ao centro escolar ao inicio da xornada lectiva.

A TARDE MÁIS DIVER:

  • Os proxenitores ou titores legais deberán de estar traballando, sendo o remate da xornada lectiva incompatible ca xornada laboral.
  • Os proxenitores ou titores legais deberán acreditar que na unidade familiar non existe ningunha outra persoa maior de idade que poda recoller aos alumnos e alumnas do centro escolar ao remate da xornada lectiva, prestándolle as atencións necesarias ata o remate da súa xornada laboral.

4.- SOLICITUDES.

Todas as persoas solicitante, ao momento de presentar a súa solicitude estarán aceptando as presentes bases.

As solicitudes serán cursadas polo proxenitores ou titores legais dos alumnos e alumnas do CEIP Santa María do Valadouro no modelo facilitado polo Concello de O Valadouro (ANEXO I) dende a data de publicación das presentes Bases ata o día 17 de setembro de 2020 as 14:00 horas.

A oficina para a presentación de solicitudes atópase no primeiro andar do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” de O Valadouro, solicitando cita previa no teléfono 982 57 15 16.

Tamén poderán presentar as solicitudes na Sede Electrónica do Concello de O Valadouro a través do trámite “Instancia Xeral” ou en calquera dos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

5.- DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA.

As solicitudes deberán ir acompañadas obrigatoriamente da seguinte documentación:

  • Copia do DNI.
  • Copia do libro de familia.
  • Copia do contrato de traballo, con indicación da xornada laboral ou certificado de empresa no que se indique o domicilio do centro de traballo e a xornada laboral dos proxenitores ou titores legais. Esta documentación, poderá ser substituída por unha declaración xurada (ANEXO IV) na que se indique a empresa na que se presta os servizos, dirección do posto de traballo e o horario da xornada laboral e se autorice ao Concello a requirir a documentación acreditativa ou a recabala polos seus propios medios.
  • Copia do informe de Vida Laboral actualizado.
  • Certificado de convivencia. (No caso de persoas empadroadas no Concello de O Valadouro, a consulta realizarase de oficio.
  • No caso de que na unidade familiar convivan máis persoas maiores de idade, a parte dos proxenitores ou titores legais, deberase acreditar que esas persoas non poden levar ou recoller do centro escolar aos alumnos aportando a seguinte documentación:
    • Declaración xurada (ANEXOII)
    • Copia do contrato de traballo, se procede, con indicación da xornada laboral ou certificado de empresa no que se indique o domicilio do centro de traballo e a xornada laboral das persoas que formen parte da unidade familiar xunto cos proxenitores ou titores legais e os alumnos.
  • Declaración xurada (ANEXO III) onde garanticen que durante os 14 días previos ó inicio da actividade o menor non sufríu tos, febre, cansanzo ou falta de aire e que non estivo en contacto con ninguén que sufrirá esta sintomatoloxía e que se compromete a comunicar calquera síntoma ou contacto directo con persoas que teñan síntomas compatibles coa COVID-19.

6.- INSTRUCCIÓN E TRAMITACIÓN.

A instrución do procedemento corresponderá á Concelleira delegada de Servizos sociais, educación e xuventude, deportes, muller, familia e conciliación.

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes e revisadas todas as presentadas, elaboraranse 3 listas:

1.Solicitudes admitidas: Alumnos que obteñen praza no programa Apertura do CEIP fora do horario lectivo. Nesta lista indicarase o día de comezo das actividades e o lugar de realización.

2.Solicitudes admitidas: Alumnos que pasan a formar a listaxe de reserva do programa Apertura do CEIP fora do horario lectivo.

3.Solicitudes desestimadas por non acreditar o cumprimento dos requisitos da convocatoria.

As citadas lista serán publicadas no taboleiro de anuncios, na páxina web e na sede electrónica do Concello de O Valadouro o día 18 de setembro de 2020.

7.- CRITERIOS DE SELECCIÓN DO ALUMNADO.

Poderán obter unha praza no programa Apertura do CEIP fora do horario lectivo aqueles alumnos cuxos proxenitores ou titores legais presentaran unha solicitude dentro do prazo establecido e que cumpran os requisitos da convocatoria.

Para a selección dos alumnos seguirase a orde de preferencia que se indica a continuación:

MADRUGADORES:

1º. Unidades familiares empadroadas no Concello de O Valadouro.

2º. Alumnos para os que se solicite o inicio dende as 08:15 horas xustificadamente.

3º. Alumnos para os que se solicite o inicio dende as 08:45 horas xustificadamente.

4º.Alumnos cuxos proxenitores teñan o seu centro de traballo a máis de 20 km do centro escolar.

5º.Alumnos cuxos proxenitores teñan o seu centro de traballo a máis de 10 km do centro escolar.

6º. Orde de rexistro de entrada da solicitude.

A TARDE MÁIS DIVER:

1º. Unidades familiares empadroadas no Concello de O Valadouro.

2º. Alumnos para os que se solicite horario de 16:00 a 19:00 horas xustificadamente.

3º. Alumnos para os que se solicite horario de 16:00 a 18:00 horas xustificadamente.

4º.Alumnos cuxos proxenitores teñan o seu centro de traballo a máis de 20 km do centro escolar.

5º.Alumnos cuxos proxenitores teñan o seu centro de traballo a máis de 10 km do centro escolar.

6º. Orde de rexistro de entrada da solicitude.

8.- NORMAS DE FUNCIONAMENTO.

Dará lugar á perda da praza dentro deste programa calquera falseamento ou ocultación de información na documentación presentada para a solicitude, sen prexuízo das responsabilidades que poidan derivarse.

Formarán parte do programa aquelas solicitudes que cumpran os requisitos da convocatoria, figurando os alumnos nas listas de solicitudes admitidas.

Unha vez iniciado o programa e, sempre e cando queden prazas libres, poderán inscribirse máis interesados ata cubrir todas as prazas.

Se unha persoa inscribe un participante e están todas as prazas cubertas, ou se fai fóra de prazo, dita solicitude pasará á lista de reserva.

No caso de que un proxenitor ou titor legar desexe dar de baixa ao alumno no programa, deberá comunicalo por escrito e presentando a súa solicitude na oficina situada no primeiro andar do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” de O Valadouro.

Os participantes estarán sempre acompañados do persoal cualificado da empresa encargada de xestionar o programa. Dado que se trata dunha actividade dedicada aos alumnos e alumnas do CEIP Santa María do Valadouro, non se permitirá o acceso ás instalacións onde se realice o programa, de ninguén máis que a dos alumnos participantes, os monitores e os traballadores do centro escolar.

Os lugares nos que se desenvolverá este programa será:

  • Madrugadores: CEIP Santa María do Valadouro.
  • A tarde máis diver noCentro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” de O Valadouro.

Os inscritos distribuiranse en grupos segundo as súas idades co fin de homoxeneizar o grupo de actividade do que forman parte.

O ratio por monitor establécese en 10 participantes e o programa cumpre todas as exixencias establecidas pola normativa de campamentos para COVID-19.

Xunto coa instancia de solicitude, os responsables dos participantes deberán asinar una declaración xurada onde garanticen que durante os 14 días previos ó inicio da actividade o menor non sufríu tos, febre, cansanzo ou falta de aire e que non estivo en contacto con ninguén que sufrirá esta sintomatoloxía e que se compromete a comunicar calquera síntoma
ou contacto directo con persoas que teñan síntomas compatibles coa COVID-19.

Durante a realización das actividades, manterase a distancia de seguridade entre participantes e no caso dos maiores de 6 anos será de uso obrigado de máscaras e todos os participantes terán a libre disposición de xel sanitizante.

Por mor da PANDEMIA COVID-19 recoméndase que a inscripción se faga preferentemente por medios telemáticos (sede electrónica, e-mail…) ou en persoa nas oficinas da casa da cultura con cita previa no 982 57 15 16 ou no e-mail cultura@valadouro.org.

9.- FALTAS DE ASISTENCIA E PUNTUALIDADE.

Os alumnos deberán acudir aos subprogramas nos que sexan admitidos respectando en todo momento os horarios de entrada e saída. No caso de ter 3 faltas de asistencia ou puntualidade inxustificadas, os proxenitores ou titores do alumno ou alumna perderán do dereito á praza dentro do subprograma no que participen.

Por motivos de seguridade e saúde, se as faltas de asistencia están xustificadas por motivo de síntomas compatibles coa COVID-19 do alumno ou alumna ou contacto directo do alumno ou alumna con persoas con síntomas compatibles coa COVID-19 deberán comunicalo ao centro escolar, ao Concello de O Valadouro e ás autoridades sanitarias.

10.- PUBLICIDADE.

As presentes bases serán publicadas na sede electrónica e na páxina web do Concello de O Valadouro, así como as listas de solicitudes admitidas e desestimadas e calquera outra comunicación colectiva.

11.- MODIFICACIÓNS, SUSPENSIÓN OU CANCELACIÓN DO PROGRAMA.

O correcto desenrolo deste programa está condicionado á actual situación sanitaria, podendo sufrir modificacións, suspensión de servizos ou a total cancelación do programa segundo sexa necesario para garantir a seguridade e saúde dos alumnos e alumnas participantes, así como do resto de alumnado do centro escolar, monitores, traballadores e as súas familias.

Calquera modificación, suspensión ou cancelación do programa será notificado ás familias participantes.