Cómo sabedes, temos aí ben pretiño a festa máis sobranceira da cultura galega, o 17 de maio, día que se celebra a data das Letras Galegas.
A Delegación de Cultura do Concello do Valadouro presenta a programación deste 17 coa lectura dramatizada de textos de Luísa Villalta, homenaxeada este ano 2024 e a figura de Rosalía de Castro. Este acto será levado a escea por Trémola Teatro a partires das 20:00 horas na Casa da Cultura.
De seguido no mesmo escenario, será o momento do recital “Cantando as nosas letras” a cargo do cantautor Xoán Curiel con poemas e cantigas musicados de autores/as homenaxeados/as nas Letras Galegas como a propia Luísa Villalta, Antonio Fraguas, Carvalho Calero, Xela Arias ou Florencio Delgado Gurriarán. Tamén están presentes outras/os autoras/es das nosas letras como Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro, Alfonso X e trobadores da lírica medieval galego portuguesa…
Animádevos a asistir á esta Casa da Cultura, o venres 17 de maio ás 8 da tarde e formar parte desta festa das letras galegas.