Cabalgata de Reis‼.
O próximo 5 de xaneiro os Reis Magos de Oriente visitarán O Valadouro, ás 19:00 horas sae a comitiva oficial desde o local social do Parque concepción Arenal cara o Belén Vivinte situado na Casa da Cultura, pasando pola praza de Santa María, A Ponte, Avenida de Viveiro…
Nenos e nenas do Valadouro cantarán realizarán unhas ofrendas no Belén Vivinte.
Despois da Recepción Oficial, farase entrega da CHAVE do concello para que as súas Maxestades podan acceder con maior comodidade ós fogares dos veciños.
Ó rematar, poderán sacar fotografías coas súas Maxestades e depositar as cartas en cadanseu buzón.
Entre todos os asistentes repartiranse porcións de roscóns.
Colabora A.C. Amado Lar O Valadouro.
⛔️ Cortes puntuais e restricións no tráfico o día 5 de xaneiro de 2023 a partir das 19:00 horas.
❌ Rúa Andrés Lopez Palmeiro.
❌ Praza de Santa María.
❌ Avenida de Viveiro.
❌ Rúa José Antonio Ferreire Gonzalez.
❌ Rúa Leandro Buján.
???? Prégase que, na medida do posible, durante o percorrido da cabalgata, deixen libre de vehículos o frente da Casa da Cultura (do lado da piscina municipal).
⚠️⚠️⚠️Se a meteoroloxía non fose a axeitada, o percorrido Real polas rúas de Ferreira suspendenrase. A Recepción dos Reis na Casa da Cultura, manterase según o horario previsto.