BASES DE PARTICIPACIÓN PARA A VECIÑANZA DO CONCELLO DE O VALADOURO DO CONCURSO #UNNADALPARATODOS.

Co obxecto de fomentar os valores culturais e tradicionais así como a participación cidadá nas actividades propias do Concello, a biblioteca pública municipal organiza o CONCURSO #UN NADAL PARA TODOS que se celebrará durante a campaña do Nadal do presente ano. A continuación, se presentarán as bases reguladoras que establecen as características deste certame.

BASE PRIMERA. OBXECTO DO CONCURSO.

O concurso ten por obxectivo principal o fomento das habilidades artísticas e creativas a través da elaboración de postais de Nadal que serán seleccionadas polo Concello de O Valadouro para felicitar o Nadal do presente ano.

BASE SEGUNDA. TEMÁTICA E TÉCNICAS.

Cada autor poderá concorrer cunha única postal que deberá ser orixinal e inédita, entendéndose como tal unha obra que sexa da súa exclusiva autoría e propiedade e que non teña sido exposta nin presentada anteriormente en ningún outro certame ou concurso.

O tema a empregar deberá estar relacionado co Nadal e o tamaño correspondente e de A5, sendo as técnicas de pintura de libre elección.

BASE TERCEIRA. PARTICIPANTES.

Esta iniciativa está aberta a todos os nenos, nenas, mozos e mozas de entre 3 e 16 anos que residan no Concello de O Valadouro.

O prazo de presentación finalizará o día martes 1 de decembro de 2020, ás 14:00 horas no rexistro das oficinas da Casa da Cultura con entrega física (previa cita), de forma electrónica no email concurso@valadouro.org, sede electrónica do Concello de O Valadouro, no Ceip Santa María do Valadouro ou mesmo no IES Alfoz-Valadouro.

BASE QUINTA. XURADO E VALORACIÓN.

O xurado estará composto polo Sr. Alcalde-Presidente, a Concelleira de Cultura, o persoal administrativo do Centro Socio-Cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” e/ou persoas que se designe. As decisións que levarán a cabo serán por maioría e inapelables.

En canto á valoración das obras, se levará a cabo o día 2 de decembro polo xurado designado, que se reunirá o mesmo día para determinar o veredicto final e facer público os gañadores do premio a través da sede electrónica do Concello e das redes sociais do mesmo.

BASE SEXTA. PREMIOS.

O primeiro premio consistirá na reprodución da postal como felicitación oficial do Concello de O Valadouro para o Nadal 2020 elixida entre as seguintes categorías:

INFANTIL A (de 3 a 6 anos) .

  • 1º premio: lote de libros.
  • 2º premio: lote de libros.

INFANTIL B (de 7 a 10 anos).

  • 1º premio: 50 € e libro.
  • 2º premio: 25 € e libro.

XUVENIL (de 11 a 16 anos).

  • 1º premio: 75 € e libro.
  • 2º premio: 40 € e libro.

As compensacións económicas consistirán nuns vales de compra para inverter en locais comerciais do Concello de O Valadouro e que deberán ser consumidos no prazo de un mes a partir do día seguinte da entrega dos premios. Ademais, os participantes recompensados deberán comunicar a data e o establecemento onde se levou a cabo a inversión do premio no seguinte correo electrónico: cultura@valadouro.org.

A entrega dos premios terá lugar no Centro Socio-Cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” na data que se anunciará publicamente na sede electrónica do Concello.

BASE SÉTIMA. DEREITOS E ACEPTACIÓN DAS BASES.

A participación no Concurso supón a aceptación das bases, e, por tanto, o participante cede ao Concello do Valadouro os dereitos de propiedade intelectual de reprodución e de comunicación pública asegurando que é o autor da obra co que participa no concurso, que se trata dunha obra orixinal e que non infrinxe dereitos de terceiros, sexan da natureza que sexan, en caso de resultar gañador do concurso.

No caso dos concursantes menores de idade, a participación deberá ser subscrita polos seus pais ou titores nos mesmos termos.

Os nomes dos gañadores poderán ser publicados nos seguintes medios: redes sociais do Concello do Valadouro e a sede electrónica do mesmo. Por iso, coa aceptación das bases, o participante cede os dereitos de imaxe publicada a efectos de posibilitar a publicación da mesma e o seu nome en caso de resultar gañador.

Os datos persoais que facilite o participante serán incorporados a un ficheiro responsabilidade do Concello do Valadouro, coa finalidade de xestionar a súa participación no concurso conforme ao indicado nas presentes bases.

A base xurídica que lexitima este tratamento é a necesidade para cumprir coas bases do concurso. Con esta finalidade, os datos do participante serán conservados mentres ostente a condición de usuario rexistrado e, posteriormente, durante 5 anos para a atención das posibles responsabilidades derivadas do tratamento.

Ditas bases publicaranse a través da sede electrónica do Concello do Valadouro e da páxina web do mesmo.