Proxección promovida por @vicedeplugo dentro co ciclo #CinenaRúa

Proxección CINE NA RÚA coa Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo

Film: AS BESTAS

Data: Sábado, 5 de agosto de 2023

Hora: 22:15h.

As bestas é un filme hispano-francés de 2022 dirixido por Rodrigo Sorogoyen. Está protagonizado por Denis Ménochet, Marina Foïs, Luis Zahera e Diego Anido. Está ambientado en Galicia e foi rodado en galego, francés e castelán. Inspirado nos feitos reais que lles ocorreron a unha parella neerlandesa en Santoalla, o filme conta a historia dunha parella francesa (Ménochet e Foïs) asentada no campo galego, e explora cuestións de xenofobia e a escalada na hostilidade entre veciños impulsada por un conflito por un proxecto de parques eólicos.

Estreouse internacionalmente na 75ª edición do Festival de Cannes o 26 de maio de 2022, e tamén se proxectou nos festivais de Donostia, Toquio e Chicago. Estreouse nos cinemas de Francia o 20 de xullo de 2022 e nos de España o 11 de novembro de 2022.

As bestas conseguiu 17 nomeamentos na 37ª edición dos Premios Goya, e gañou en 9 categorías, incluíndo mellor filme, director, guión orixinal, actor (Ménochet) e actor secundario (Zahera).

Sinopse

Ambientado no rural de Galicia, o filme conta a historia dunha parella francesa que se instala nunha pequena aldea na procura de conectar coa natureza. Porén, a súa presenza esperta a hostilidade e a violencia dunha parella de veciños.

Está baseado na historia real do matrimonio de Margot Pool e Martin Verfondern, chegados na década de 1990 á pequena aldea de Santoalla do Monte na comarca de Valdeorras, feitos que inspiraron o documental estadounidense Santoalla, de 2016.