Proxección promovida por @vicedeplugo dentro co ciclo #CinenaRúa
Proxección CINE NA RÚA coa Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo
Film: OS DEMOS DE BARRO
Data: Domingo, 23 de agosto de 2023
Hora: 21:30h.
CINEUROPA
PANORAMA AUDIOVISUAL GALEGO / CINEUROPA MIÚDA
OS DEMOS DE BARRO (2022)
Nuno Beato
Portugal, España, Francia / 83 min / Animación / Portugués
Ficha técnica
Guión: Possidónio Cachapa, Cristina Pinheiro
Música: Carlos Guerreiro, Manuel Riveiro
Edición: Aurora Sulli
Produción: Nuno Beato, Diego Carvalho, Emmanuel Quillet, Martine Vidalenc, Carlos Juárez, Xosé Manuel Zapata Pérez
Sinopse:
Rosa é unha gran profesional e toda unha estrela da súa empresa. Así e todo, hoxe Rosa esnaquiza a computadora diante de todos os compañeiros de traballo e marcha da cidade para sempre. Rosa acaba de perder a única familia que tiña, o seu avó Marcelino, a quen había ben tempo que non vía.