Bases do concurso “ILUMINA O NADAL. DECORACIÓN DE BALCÓNS, VENTÁS E FACHADAS
Co obxecto de contribuír ó ambiente de Nadal nas rúas da vila nestas datas tan sinaladas, o Concello do Valadouro organiza o II CONCURSO DE BALCÓNS, VENTÁS E FACHADAS, sempre co cumprimento das medidas sanitarias que están establecidas por mor da Covid-19, e de acordo coas seguintes bases reguladoras:

B A S E S


PRIMEIRA. PARTICIPANTES.-
Poderán participar todos os veciños e veciñas de todo o concello do Valadouro que desexen colaborar coa decoración de adornos e luces nas súas ventás, balcóns ou fachadas, tanto en casas, como edificios, como pisos… coa única condición de que a decoración sexa visible dende a rúa.
A decoración debe gardar relación directa cos motivos de Nadal e non ten que causar ningún perigo nin prexuízo para as persoas e os bens.
Quedan excluídas as fachadas dos establecementos e comercios por ter un concurso das mesmas características para eles.

SEGUNDA.TEMÁTICA.-
Trátase dunha iniciativa que parte co obxectivo de ilusionar ós veciños e veciñas nun proxecto decorativo do noso concello, implicándoos na ornamentación de balcóns, ventás e fachadas con luces e adornos de Nadal, co fin de contribuír ó ambiente festivo do concello, promover a creatividade.

TERCEIRA.-INSCRICIÓNS.-
As inscricións dos participantes no concurso formalizaranse no modelo de solicitude que estará dispoñible na sede electrónica do Concello e na Casa de Cultura. O prazo de inscrición abrirase o venres 17 de decembro e pecharase o xoves 23 de Decembro de 2021, ás 20:00 horas.
As solicitudes de inscrición deberán enviarse ao correo electrónico concurso@valadouro.gal ou por calquera dos medios sinalados no art.16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, ou mesmo nas oficinas da Casa da Cultura previa cita dentro do prazo establecido.

CUARTA.- CATEGORIAS.-
Os balcóns, ventás e fachadas deberán estar decorados entre os días 23 de decembro de 2021 ata o 6 de xaneiro de 2022, e deberá estar ben indicada (na solicitude) a ubicación decorada.
A inscripción neste concurso implica a aceptación destas bases e compromete ós participantes a autorizar a sacar fotografías dos escaparates a concurso (organización e membros dos xurados) e a posibilidade da súa difusión nas Redes Sociais municipais.

CUARTA.- PERIODO DO CONCURSO.-
A decoración de balcóns, ventás e fachadas deberán estar expostos, polo menos, entre os días 23 de decembro de 2021 ata o 6 de xaneiro de 2022.


QUINTA. PREMIOS.-
1º PREMIO: 300 € en tarxeta bancaria e diploma acreditativo.
2º PREMIO: 250 € en tarxeta bancaria e diploma acreditativo.
3º PREMIO: 200 € en tarxeta bancaria e diploma acreditativo.
4º PREMIO: 150 € en tarxeta bancaria e diploma acreditativo.
5º PREMIO: 100 € en tarxeta bancaria e diploma acreditativo..


Os premios económicos consistirán tarxeta regalo bancaria nominativa polo importe que se indica para inverter nos locais comerciais do Concello do Valadouro e que deberán ser consumidos ata o 31 de marzo de 2022. Ademais, os participantes recompensados deberán comunicar a data e o establecemento onde se levou a cabo a inversión do premio no seguinte correo electrónico: concurso@valadouro.gal ou no teléfono 982571516 opc.1 ou mesmo no whatsapp 982148153.
Poderán inverter o premio completo nun só establecemento ou ben en cantos desexen ata agotar o saldo da tarxeta premiada.
Para que poda realizarse o concurso deberán constar como mínimo un total de 5 participantes.

SEXTA.- CRITERIOS DE VALORACION.-
Orixinalidade, montaxe, iluminación, complexidade, estética, creatividade, atractivo comercial.

SÉTIMA. -XURADO.-
O xurado estará composto polo Sr. Concelleiro Delegado de Cultura, Normalización Lingüística e Medio Rural, Representantes de colectivos asociativos que non estean vinculados directamente nin con empresas/comercios nin con domicilios que se presentan a concurso, persoal administrativo do Centro Socio-Cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” e/ou persoas que se designe. As decisións que levarán a cabo serán por maioría e inapelables. A acta do xurado darase a coñecer a través da sede electrónica e darase coñecemento ós premiados, facéndose público o resultado a través da sede electrónica do Concello e das redes sociais do mesmo.


OITAVA. DEREITOS E ACEPTACION DAS BASES.-
A participación no concurso supón a aceptación das bases e, por tanto, o participante cede ó Concello do Valadouro os dereitos de propiedade intelectual de reprodución e de comunicación pública. Os nomes dos gañadores poderán ser publicados nos seguintes medios: redes sociais do Concello do Valadouro e a sede electrónica do mesmo. Por iso, coa aceptación das bases, o
participante cede os dereitos de imaxe publicada a efectos de posibilitar a publicación da mesma e o seu nome en caso de resultar gañador. Os datos persoais que facilite o participante serán incorporados a un ficheiro responsabilidade do Concello do Valadouro, coa finalidade de xestionar a súa participación no concurso conforme ao indicado nas presentes bases.
A base xurídica que lexitima este tratamento é a necesidade para cumprir coas bases do concurso. Con esta finalidade, os datos do participante serán conservados mentres ostente a condición de usuario rexistrado e, posteriormente, durante 5 anos para a atención das posibles responsabilidades derivadas do tratamento.
Ditas bases publicaranse a través da sede electrónica do Concello do Valadouro e da páxina web do mesmo.

Bases do concurso “ILUMINA O NADAL: ESCAPARATES NAVIDEÑOS”

Co obxecto de promocionar, dinamizar e colaborar economicamente co sector do comercio da localidade e dar á vila un ambiente festivo e tradicional que impulse ós veciños e veciñas a participar nas festas do Nadal, sempre co cumprimento das medidas sanitarias que están establecidas por mor da Covid 19, o Concello do Valadouro organiza o II CONCURSO DE
ESCAPARATES NAVIDEÑOS 2021, que se celebrará durante a presente campaña de Nadal, de acordo coas seguintes bases reguladoras:


B A S E S


PRIMEIRA.PARTICIPANTES.-
Poderán participar todos aqueles establecementos comerciais do concello do Valadouro (capitalidade e parroquias) que o desexen, independentemente do produto que ofrezan ó consumidor e que se inscriban no tempo e forma establecidos nas presentes bases.


SEGUNDA.TEMATICA.-
O temática na decoración de escaparates será relativo ás Festas do Nadal no que se primará a orixinalidade, vistosidade e luminosidade.


TERCEIRA.-INSCRICIÓNS.-
As inscricións dos participantes no concurso formalizaranse no modelo de solicitude que estará dispoñible na sede electrónica do Concello e na Casa de Cultura. O prazo de inscrición abrirase o venres 17 de Decembro de 2021 e pecharase o xoves 23 de decembro de 2021, ás 20:00 horas.
As solicitudes de inscrición deberán enviarse ao correo electrónico concurso@valadouro.gal ou por calquera dos medios sinalados no art.16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, ou mesmo nas oficinas da Casa da Cultura previa cita dentro do prazo establecido.

CUARTA.- PERIODO DO CONCURSO.-
Os establecementos participantes deberán ter os escaparates decorados entre os días 23 de decembro de 2021 ata o 6 de xaneiro de 2022, e deberá figurar en lugar visible a identificación que lle será entregada polo Concello para que o xurado (de incógnito) poda facer a valoración dos escaparates participantes.


A inscripción neste concurso implica a aceptación destas bases e compromete ós participantes a autorizar a sacar fotografías dos escaparates a concurso (organización e membros dos xurados) e a posibilidade da súa difusión nas Redes Sociais municipais.

QUINTA. PREMIOS.-
1º PREMIO: 300 € en tarxeta bancaria e diploma acreditativo.
2º PREMIO: 250 € en tarxeta bancaria e diploma acreditativo.
3º PREMIO: 200 € en tarxeta bancaria e diploma acreditativo.
4º PREMIO: 150 € en tarxeta bancaria e diploma acreditativo.
5º PREMIO: 100 € en tarxeta bancaria e diploma acreditativo.


Os premios económicos consistirán tarxeta regalo bancaria nominativa polo importe que se indica para inverter nos locais comerciais do Concello do Valadouro e que deberán ser consumidos ata o 31 de marzo de 2022. Ademais, os participantes recompensados deberán comunicar a data e o establecemento onde se levou a cabo a inversión do premio no seguinte
correo electrónico: concurso@valadouro.gal ou no teléfono 982571516 opc.1 ou mesmo no whatsapp 982148153.
Poderán inverter o premio completo nun só establecemento ou ben en cantos desexen ata agotar o saldo da tarxeta premiada.
Para que poda realizarse o concurso deberán constar como mínimo un total de 5 participantes.

SEXTA.- CRITERIOS DE VALORACION.-
Orixinalidade, montaxe, iluminación, complexidade, estética, creatividade, atractivo comercial.

SETIMA. -XURADO.-
O xurado estará composto polo Sr. Concelleiro Delegado de Cultura, Normalización Lingüística e Medio Rural, Representantes de colectivos asociativos que non estean vinculados directamente nin con empresas/comercios nin con domicilios que se presentan a concurso, persoal administrativo do Centro Socio-Cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” e/ou persoas que se designe. As decisións que levarán a cabo serán por maioría e inapelables.
A acta do xurado darase a coñecer a través da sede electrónica e darase coñecemento ós premiados, facéndose público o resultado a través da sede electrónica do Concello e das redes sociais do mesmo.


OITAVA. DEREITOS E ACEPTACION DAS BASES.-
A participación no concurso supón a aceptación das bases e, por tanto, o participante cede ó Concello do Valadouro os dereitos de propiedade intelectual de reprodución e de comunicación pública.
Os nomes dos gañadores poderán ser publicados nos seguintes medios: redes sociais do Concello do Valadouro e a sede electrónica do mesmo. Por iso, coa aceptación das bases, o participante cede os dereitos de imaxe publicada a efectos de posibilitar a publicación da mesma e o seu nome en caso de resultar gañador.
Os datos persoais que facilite o participante serán incorporados a un ficheiro responsabilidade do Concello do Valadouro, coa finalidade de xestionar a súa participación no concurso conforme ao indicado nas presentes bases.
A base xurídica que lexitima este tratamento é a necesidade para cumprir coas bases do concurso. Con esta finalidade, os datos do participante serán conservados mentres ostente a condición de usuario rexistrado e, posteriormente, durante 5 anos para a atención das posibles responsabilidades derivadas do tratamento.
Ditas bases publicaranse a través da sede electrónica do Concello do Valadouro e da páxina web do mesmo.

Pódese consultar no seguinte enlace a listaxe de gañadores do certame Ilumina o Nadal tanto na modalidade de escaparates como na modalidade de Balcóns, fachadas e ventás.

Gañadores na modalidade de Escaparate Navideño

Gañadores na modalidade de Balcóns, fachada e ventás