Co obxecto de contribuír ó ambiente de Nadal nas rúas da vila nestas datas tan sinaladas, o Concello do Valadouro organiza o I CONCURSO DE BALCÓNS, VENTÁS, FACHADAS E ESCAPARATES da Vila de Ferreira sempre co cumprimento das medidas sanitarias que están establecidas por mor da Covid-19, e de acordo coas seguintes bases reguladoras:
BASES – BALCÓNS, VENTÁS E FACHADAS.
PRIMEIRA. PARTICIPANTES.
Poderán participar todos os veciños e veciñas da vila de Ferreira que desexen colaborar coa decoración de adornos e luces nas súas ventás, balcóns ou fachadas coa única condición de que a decoración sexa visible dende a rúa.
A decoración debe gardar relación directa cos motivos de Nadal e non ten que causar ningún perigo nin prexuízo para as persoas e os bens.
Quedan excluídas as fachadas dos establecementos e comercios por ter un concurso das mesmas características para eles.
SEGUNDA.TEMÁTICA.
Trátase dunha iniciativa que parte co obxectivo de ilusionar ós veciños e veciñas nun proxecto decorativo do noso pobo, implicándoos na ornamentación de balcóns, ventás e fachadas con luces e adornos de Nadal, co fin de contribuír ó ambiente festivo das rúas da localidade, promover a creatividade e ó mesmo tempo colaborar cos establecementos e locais comerciais.
TERCEIRA.-INSCRICIÓNS.
As inscricións dos participantes no concurso formalizaranse no modelo de solicitude que estará dispoñible na sede electrónica do Concello e na Casa de Cultura. O prazo de inscrición será dende o día 26 de novembro ó 10 de decembro de 2020, ás 14:00 horas. As solicitudes de inscrición deberán enviarse ao correo electrónico concurso@valadouro.org ou por calquera dos medios sinalados no art.16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, ou mesmo nas oficinas da Casa da Cultura previa cita dentro do prazo establecido.
CUARTA. PERIODO DO CONCURSO.
A decoración de balcóns, ventás e fachadas deberán estar expostos, polo menos, entre os días 15 de decembro de 2020 ata o 6 de xaneiro de 2021.
QUINTA. PREMIOS.
- 1º PREMIO: 300 €, repartidos en vales de 50€.
- 2º PREMIO: 250 €, repartidos en vales de 50€.
- 3º PREMIO: 200 €, repartidos en vales de 50€.
- 4º PREMIO: 150 €, repartidos en vales de 50€.
- 5º PREMIO: 100 €, repartidos en vales de 50€.
Os premios económicos consistirán nuns vales de compra polo importe que se indica para inverter nos locais comerciais do Concello do Valadouro e que deberán ser consumidos no prazo de un mes a partir do día seguinte da entrega dos premios. Ademais, os participantes recompensados deberán comunicar a data e o establecemento onde se levou a cabo a inversión do premio no seguinte correo electrónico: concurso@valadouro.org ou no teléfono 982571516.
Poderán inverter o premio completo nun só establecemento, ou ben en varios segundo os vales que posúan. Cada vale pode consumirse enteiro ou fraccionado nun único establecemento.
Para que poda realizarse o concurso deberán constar como mínimo un total de 5 participantes.
SEXTA. XURADO.
O xurado estará composto polo Sr. Alcalde-Presidente, a Concelleira de Cultura, o Concelleiro de Turismo, a Concelleira de Servizos Sociais, o persoal administrativo do Centro Socio-Cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” e/ou persoas que se designe. As decisións que levarán a cabo serán por maioría e inapelables.
Valorarase a creatividade, iluminación e composición.
O xurado outorgará os premios antes de finalizar a campaña de Nadal, na data que se anunciará publicamente na sede electrónica do Concello, a través da acta.
SÉTIMA. DEREITOS E ACEPTACION DAS BASES.
A participación no concurso supón a aceptación das bases, e, por tanto, o participante cede ó Concello do Valadouro os dereitos de propiedade intelectual de reprodución e de comunicación pública.
Os nomes dos gañadores poderán ser publicados nos seguintes medios: redes sociais do Concello do Valadouro e a sede electrónica do mesmo. Por iso, coa aceptación das bases, o participante cede os dereitos de imaxe publicada a efectos de posibilitar a publicación da mesma e o seu nome en caso de resultar gañador.
Os datos persoais que facilite o participante serán incorporados a un ficheiro responsabilidade do Concello do Valadouro, coa finalidade de xestionar a súa participación no concurso conforme ao indicado nas presentes bases.
A base xurídica que lexitima este tratamento é a necesidade para cumprir coas bases do concurso. Con esta finalidade, os datos do participante serán conservados mentres ostente a condición de usuario rexistrado e, posteriormente, durante 5 anos para a atención das posibles responsabilidades derivadas do tratamento.
BASES ESCAPARATES
PRIMEIRA.PARTICIPANTES.
Poderán participar todos aqueles establecementos comerciais da localidade que o desexen, independentemente do produto que ofrezan ó consumidor e que se inscriban no tempo e forma establecidos nas presentes bases.
SEGUNDA.TEMATICA.
O tema a desenrolar na decoración dos escaparates será relativo ás Festas do Nadal.
TERCEIRA.-INSCRICIÓNS.
As inscricións dos participantes no concurso formalizaranse no modelo de solicitude que estará dispoñible na sede electrónica do Concello e na Casa de Cultura. O prazo de inscrición abrirase o xoves 26 de Novembro e pecharase o xoves 10 de Decembro de 2020, ás 14:00 horas. As solicitudes de inscrición deberán enviarse ao correo electrónico concurso@valadouro.org ou por calquera dos medios sinalados no art.16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, ou mesmo nas oficinas da Casa da Cultura previa cita dentro do prazo establecido.
CUARTA.- PERIODO DO CONCURSO.
Os establecementos participantes deberán ter os escaparates decorados entres os días 15 de decembro de 2020 ata o 6 de xaneiro de 2021, e deberá figurar en lugar visible a identificación que lle será entregada polo Concello.
Os participantes comprométense a autorizar a sacar fotografías dos escaparates a concurso e a posibilidade da súa difusión nas Redes Sociais municipais.
QUINTA. PREMIOS.
- 1º PREMIO: 300 €, repartidos en vales de 50€ , e diploma acreditativo.
- 2º PREMIO: 250 €, repartidos en vales de 50€ e diploma acreditativo.
- 3º PREMIO: 200 €, repartidos en vales de 50€ e diploma acreditativo.
- 4º PREMIO: 150 €, repartidos en vales de 50€ e diploma acreditativo.
- 5º PREMIO: 100 €, repartidos en vales de 50€ e diploma acreditativo.
Os premios económicos consistirán nuns vales de compra polo importe que se indica para inverter nos locais comerciais do Concello do Valadouro e que deberán ser consumidos no prazo de un mes a partir do día seguinte da entrega dos premios. Ademais, os participantes recompensados deberán comunicar a data e o establecemento onde se levou a cabo a inversión do premio no seguinte correo electrónico: concurso@valadouro.org ou no teléfono 982571516.
Poderán inverter o premio completo nun só establecemento, ou ben en varios segundo os vales que posúan. Cada vale pode consumirse enteiro ou fraccionado nun único establecemento.
Para que poda realizarse o concurso deberán constar como mínimo un total de 5 participantes.
SEXTA.- CRITERIOS DE VALORACION.
Orixinalidade, montaxe, iluminación, complexidade, estética, creatividade, atractivo comercial…
SETIMA. -XURADO.
O xurado estará composto polo Sr.Alcalde-Presidente, a Concelleira de Cultura, o Concelleiro de Turismo, a Concelleira de Servizos Sociais, o persoal administrativo do Centro Socio-Cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” e/ou persoas que se designe. As decisións que levarán a cabo serán por maioría e inapelables.
O xurado outorgará os premios antes de finalizar a campaña de Nadal, na data que se anunciará publicamente na sede electrónica do Concello. Da acta do xurado darase coñecemento ós premiados, facéndose público o resultado a través da sede electrónica do Concello e das redes sociais do mesmo.
OITAVA. DEREITOS E ACEPTACION DAS BASES.