COPLAS ENTERRO DA SARDIÑA 2022
ENTERRO DA SARDIÑA. LECTURA DE COPLAS/VERSOS E XUIZO DE DONA SARDIÑA.
?5 marzo 2022
⏰19:30horas
?Saída da comitiva fúnebre con Dona Sardiña desde o parque Concepción Arenal ata a Praza de Santa amenizada por Tambukada Lugo Lectura das coplas, críticas, versos, comentarios, peticións…
⚰️Xuízo de Dona Sardiña.
#sardiñavaladouro #entroidovaladouro
ENTERRO DA SARDIÑA. COPLAS, VERSOS, COMENTARIOS…
Queda un día para a retirada de buzóns nos que libremente e de maneira anónima se poden expresar comentarios, ideas, feitos… sobre a cultura, a vida social, a política, … sempre en son de humor e con ganas de pasalo ben.
Non teñen porque ser versos e rimas …. tamén podes expresar a túa opinión sen insultar a ninguén.
O vindeiro sábado (5 marzo), na praza a eso das 19:30horas, antes da queima da sardiña ou de salvala… amenizado pola música de percusión de Tambukda, leeranse todas as papeletas depositas nos respectivos buzóns mentres se degustan uns boliños preñados.
ENTROIDO INFANTIL O MARTES 1 DE MARZO DESDE AS 17:00H. NA PRAZA
?1 de marzo de 2022. ENTROIDO INFANTIL
A partir das 17:00horas e,na Praza, se o tempo climatolóxico o permite, Entroido Infantil onde os máis novos poden vir disfrazados (ou non) e disfrutar de música, Karaoke, inchables, xogos, …
?****AVISO****Por mor das actividades de Entroido Infantil, o tráfico rodado na Praza suspéndese desde as 16:00h e ata que rematen.
INSCRICIÓN PRESENCIAL NO PARQUE CONCEPCIÓN ARENAL DE 15:00H. A 16:30H.
RUTA DO DESFILE
RESTRICCIÓNS de TRÁFICO RODADO POR ACTIVIDADES DE ENTROIDO-ENTERRO DA SARDIÑA 2022
INSCRICIÓNS E PROGRAMA ACTUALIZADO
?ENTROIDO 2022 NO VALADOURO
?27 de febreiro de 2022 a partir das 17:00h: *DESFILE DE DISFRACES* polas rúas de Ferreira.
?♂Inscrición previa ata o venres, 25 de febreiro, ás 20:00horas na Casa da Cultura ou polos cauces habituais da administración. Para elo podes descargar a inscrición se desexas participar nunha categoría individual ou a inscrición máis o representante legal se te queres inscribir en parellas ou grupos. Unha vez descargada en formato “pdf” pódese autocompletar e débese de asinar antes de enviala, por exemplo, a través do email: cultura@valadouro.gal.
Se ainda así, queda algunha dúbida, podes chamarnos ao 982148153 de 09:00 a 14:00h. e de 16:00 a 20:00h.
?1 de marzo de 2022 a partir das 17:00h., Praza de Santa María: *ENTROIDO INFANTIL*. Festa de disfraces infantil con xogos, inchables, etc…na Praza de Santa María.
⚰️5 de marzo de 2022 a partir das 19:30horas. *ENTERRO DA SARDIÑA E LECTURA DE COPLAS E VERSOS* na Praza de Santa de María
Bases de participación:
BASES DE PARTICIPACIÓN
BASES REGULADORAS DA CONCESIÓN DOS PREMIOS CORRESPONDENTES O DESFILE DE DISFRACES DO ENTROIDO DO CONCELLO DE O VALADOURO DO ANO 2022.
CAPÍTULO 1. CONCURSO DE DISFRACES
Primeira. Organización
A organización do concurso de disfraces corre a cargo da delegación de cultura do Concello do Valadouro.
Segunda. Lugar e data
O desfile de disfraces celebrarase o domingo, 27 de febreiro de 2022 a partir das 17:00 h. polas principais rúas da vila de Ferreira.
O desfile realizará o seguinte percorrido:
- Saída: Parque Concepción Arenal
- Avda. Andrés López Palmeiro
- Praza de Santa María
- Avda. Andrés López Palmeiro
- Avda. de Viveiro
- Rotonda
- José Antonio Ferreiro González
- Xistral
- Avda. Deputación
- Leandro Buján
A colocación dos participantes dentro do desfile recaerá sobre os membros da organización.
En caso de que as condicións meteorolóxicas impidan a realización do desfile, segundo está especificado nesta base, trasladarase “integramente” ó Pavillón Polideportivo Municipal.
En caso de activación dunha alerta meteorolóxica (decretada por AEMET/METEOGALICIA) o concello de O Valadouro poderá proceder a suspensión do evento.
A organización resérvase a posibilidade de facer pequenas reestruturacións tanto no horario como no percorrido previstos.
CAPÍTULO 2.- DOS PARTICIPANTES.
Primeira. Participantes
Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen sen ningún tipo de discriminación racial, social, política, económica,…
Para poder participar no desfile e concurso de disfraces será preciso estar inscrito, cumprindo o determinado nestas bases, nalgunha das modalidades que a continuación se establecen.
Segunda. Modalidades de participación
Ás categorías nas que estrutura este concurso son as seguintes:
Individual Infantil: nesta categoría poderán participar nenos e nenas ata 14 anos (Cumpridos a 1 de xaneiro de 2022).
Parella Infantil: formarán parte as parellas de nenos e/ou nenas ata 14 anos (Cumpridos a 1 de xaneiro de 2022).
Grupo Infantil: encádranse os grupos de 3 ou máis membros, nos que, a metade máis un, non teñan 14 anos ou máis (Cumpridos a 1 de xaneiro de 2022).
Individual Adulto: nesta categoría participarán persoas de 14 ou máis anos (Cumpridos a 1 de xaneiro de 2022).
Parella Adulto: esta categoría estará formada por parellas nas que, polo menos, un dos seus compoñentes teña 14 anos ou máis (Cumpridos a 1 de xaneiro de 2022).
Grupo Adulto: nesta categoría entran os grupos de 3 ou máis persoas, nos que, polo seu número de integrantes con 14 anos ou máis, non podan participar na categoría grupo infantil. (Cumpridos a 1 de xaneiro de 2022).
Comparsa: nesta categoría entran os grupos de persoas, con máis de 8 compoñentes e sen límites de idade, que, na súa posta en escena, só utilicen instrumentos musicais de percusión. Nesta edición, por mor da pandemia, está prohibido o uso de turutas.
Unha comparsa de menos de 8 integrantes, participará dentro da categoría grupo adulto ou grupo infantil segundo lle corresponda pola idade dos seus integrantes.
Terceira. Inscrición de participantes
A inscrición realizarase segundo o modelo oficial (anexo I destas bases) facilitado polo Concello de O Valadouro e constitúe un requisito imprescindible que deben cumprir os participantes que queiran optar a un premio.
A inscrición para poder participar efectuarase no Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” de O Valadouro, desde a publicación destas bases nos medios oficiais do concello do Valadouro e ata o 25 de febreiro, de luns a venres en horario de 10:00h. a 14:00h. e de 16:00h. a 20:00h. ou o mesmo domingo, día 27, desde as 15:00h. ata as 16:30 h., nas instalacións do parque Concepción Arenal.
Debido a documentación a presentar e para facilitar a organización da saída do desfile recoméndase a inscrición anticipada.
Cuarta. Do representante legal.
A efectos das presentes bases, o representante legal dun grupo é aquela persoa designada polos membros do grupo para que os represente e actúe como único voceiro ante a Organización, debendo figurar a súa identidade e designación no Anexo I.
O representante legal deberá indicar claramente o seu nome e apelidos, DNI, dirección, localidade, teléfono e dirección de correo electrónico.
As funcións e competencias do representante legal son as seguintes:
- Cumprimentar toda a documentación que se precise para poder participar no desfile.
- Presentar as posibles reclamacións ante a organización e unha vez comezado o concurso ante a persoa que exerza as funcións de secretaría do xurado, sempre por escrito e debidamente identificado. Ditas reclamacións, para que sexan valoradas pola organización ou o xurado, estarán rubricadas, polo menos, pola metade máis un dos compoñentes da agrupación.
CAPÍTULO 3º.- DO XURADO
Primeira.- Composición e funcións do xurado
O xurado estará presidido por un membro do Goberno Municipal con voz pero sen voto, ou persoa en quen se delegue, e composto por un mínimo de 3 vogais, maiores de idade, que non pertenzan á organización do concurso.
A función do xurado será a de puntuar a cada un dos participantes no concurso para a posterior entrega dos premios.
Os membros do xurado actuarán libremente, por decisión propia sen mediación de terceiros.
O xurado gárdase a posibilidade de que quede algún premio vacante, no caso de que non vexa a ningún dos concursantes merecedor de dito premio.
O Xurado poderá propor, pero non é obrigatorio, a celebración dun pase adicional no Pavillón Polideportivo Municipal de O Valadouro para todos os participantes nas distintas categorías que entren a concurso.
O xurado contará cun secretario (persoal do concello de O Valadouro) que actuará con voz pero sen voto e que se encargará de levantar a acta de premios.
Segunda.- Normas de puntuación.
Para a puntuación dos concursantes valoraranse tres aspectos relevantes(a excepción de comparsas): orixinalidade da idea, elaboración do disfrace e interpretación do personaxe.
A) Orixinalidade da idea. Valorarase que se trate dunha idea non repetida e se se relaciona con algún acontecemento da actualidade que se trate dun xeito orixinal.
B) Traballo de elaboración. Terase en conta, no seu conxunto, a elaboración do disfrace, a maquillaxe, a feitura, … Sempre se puntuará negativamente aqueles disfraces dos que se sospeite que non foron elaborados polos concursantes, é dicir, que foron mercados tal cal se presentan.
C) Posta en escena. Puntuarase positivamente que os concursantes se metan no papel que intentan representar co seu disfrace.
Puntuarase de 0 a 9 cada aspecto a ter en conta, sendo 0 a puntuación máis baixa e 9 a máis alta. A puntuación de cada disfrace será a suma das puntuacións obtidas nos tres aspectos valorados. Ganará o premio o disfrace que acade a valoración máis alta.
En caso de empate, desempataríase co participante que conte puntuacións máis altas nalgún dos aspectos e de seguir empatado, abriríase un debate entre os membros do xurado para chegar a unha posible resolución. De non ser posible e sempre como última medida, levarase a cabo un sorteo entre os concursantes empatados.
Entre todos os participantes puntuarase ó disfrace ou grupo de disfraces que máis festa e humor realicen no transcurso do desfile.
CAPÍTULO 4.- DOTACIÓN ECONÓMICA DE PREMIOS E OUTROS IMPORTES DO DESFILE
Primeira.-Importes e categorías dos premios.
A contía máxima prevista destinada a premios ascende á cantidade de 2.330 euros. Dita contía repartirase, entre as seguintes categorías, como se detalla a continuación:
Individual Infantil: (220 euros) 1º premio: 100 euros 2º premio: 70 euros 3º premio: 50 euros | Individual Adulto: (320 euros) 1º premio: 150 euros 2º premio: 100 euros 3º premio: 70 euros |
Parella Infantil: (280 euros) 1º premio: 120 euros 2º premio: 90 euros 3º premio: 70 euros | Parella Adulto: (380 euros) 1º premio: 170 euros 2º premio: 120 euros 3º premio: 90 euros |
Grupo Infantil: (450 euros) 1º premio: 200 euros 2º premio: 150 euros 3º premio: 100 euros | Grupo Adulto: (620 euros) 1º premio: 300 euros 2º premio: 200 euros 3º premio: 120 euros |
Humor/simpatía : (60 euros) Premio único: 60 euros |
De conformidade co artigo 75.3f do Real Decreto 439/2007 de 30 de Marzo, polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e se modifica o Regulamento de Plans e Fondos de Pensións, aprobado por Real decreto 304/2004, de 20 de febreiro, non existe obriga de practicar retención ou ingreso a conta sobre os mencionados premios, agás os que superen a contía de 300 euros.
Segunda.-Outros importes.
Ademais dos premios e fóra de concurso, as comparsas e charangas que sexan asociacións legalmente constituídas e participen no desfile percibirán as seguintes compensacións económicas:
1. Se a comparsa ou charanga desfila con entre 9 e 20 compoñentes dotaráselles con 400 euros
2. Se a comparsa ou charanga desfila con entre 21 ou máis compoñentes dotaráselles con 500 euros
O abono de dita compensación económica ás charangas ou comparsas está condicionada ó límite orzamentario de 1.600 euros. Dito límite orzamentario distribuirase entre as mesmas por rigoroso orde de inscrición, polo que unha vez esgotado o crédito orzamentario as charangas e comparsas poderán participar no desfile pero non terán dereito a percibir a compensación económica establecida anteriormente e pasarán a integrar a lista de reserva. En todo caso a organización advertirá de tal circunstancia ó representante legal da charanga ou comparsa con carácter previo a súa inscrición así como do número de orde de reserva en que se atopa
O abono da compensación económica ás charangas e comparsas está condicionado á súa participación efectiva no desfile ata a finalización do mesmo. No caso de que algunha das inscritas inicialmente con dereito á compensación económica non cumprise dita condición, decaerá de dito dereito e o mesmo pasará á primeira inscrita na orde de reserva que si cumprise a condición anteriormente exposta.
Se un mesmo grupo, colectivo ou asociación inscribe máis de unha comparsa ou charanga computaráselles a efectos de achega económica, pola suma total do número de integrantes das comparsas ou charangas sacadas.
No intre da inscrición, de tratarse dunha asociación legalmente constituída deberá de aportar unha xerocopia do CIF así como acta de nomeamento de representante legal en vigor.
CAPÍTULO 5.-: ENTREGA DE PREMIOS
Os gañadores dos premios coñeceranse en acto público, unha vez finalizado o desfile no pavillón polideportivo municipal de O Valadouro e despois da actuación musical.
Para a recollida de premios máis do 50% dos integrantes dos grupos e comparsas deberán estar presentes no acto. Recoméndase, na medida do posible, que os premiados acudan a recoller o premio ataviados coa indumentaria que participaron.
Os concursantes maiores de idade deberán ir documentados con DNI, Pasaporte, Tarxeta de Residencia ou calquera outro documento oficial que os identifique, para que, en caso de ser gañadores do premio ao mellor disfrace, poda constar a súa identidade na acta que se levantará ao efecto e que os identificará como gañadores do premio.
No caso de participantes menores de idade, se tivesen os documentos de identificación relacionados no paragrafo anterior, presentaranos, en todo caso, deberán ir acompañados do pai, nai, ou titor legal (coa súa correspondente documentación) para que poda responder do menor, en caso de ser gañador dun premio.
A falta de concorrencia destes requisitos ou a non presenza do premiado no acto de entrega, no momento do chamamento, implicará a perda do dereito a reclamar o importe do premio concedido.
O feito de que, da documentación presentada para reclamar o premio, se derivase o incumprimento, por calquera dos participantes ou grupos, das condicións establecidas nas presentes bases, en particular as relativas á idade, suporá automaticamente a perda do premio outorgado pasando dito premio ó seguinte participante por orde de puntuación.
O premio consistirá nun diploma acreditativo entregado en acto público unha vez rematado o desfile e a parte económica será abonada, sempre e cando se cumplan os requisitos establecidos nas presentes bases, por transferencia bancaria ó número de conta facilitado no intre da inscrición.
CAPÍTULO VI. PROTOCOLO COVID-19
Este ano o desfile realízase baixo medidas anticovid-19. Por este motivo, no intre da inscrición, os participantes deberán asinar unha declaración responsable de posuir todas as pautas de vacinas anticovid correspondentes segundo o seu rango de idade e recomendable un test de antíxenos recente.
Obrigatorio o uso de mascarillas durante todo o percorrido do desfile e incluído no pavillón tanto para participantes como para público.
Queda prohibido o uso de turutas.
Recoméndase, na medida do posible, manter unha distancia de seguridade tanto para participantes como para público asistente ao evento.
DISPOSICIÓNS ADICIONAIS
Disposición adicional primeira: da temática do disfrace
Permítese tratar calquera tipo de temática sempre e cando non se chegue a considerar como un “insulto” a terceiros.
Disposición adicional segunda: Da trata cos animais
Permítese que no desfile participen animais domésticos, no caso de observarse algún tipo de maltrato animal a organización descalificaría ó participante e o concello do Valadouro tomaría as medidas oportunas comunicándollo ás autoridades competentes.
Cada participante que leve no desfile un animal deberá de responsabilizarse, coa presentación ante a organización do último recibo de responsabilidade civil, por se este ocasionara algún dano a un terceiro.
DISPOSICIÓNS FINAIS
Calquera persoa que queira participar no concurso ten dereito a poder acceder a estas bases e facer calquera consulta que considere oportuna.
Así mesmo, estas bases estarán publicadas na paxina web do concello de O Valadouro, na sede electrónica municipal e estarán a dispor de quen queira consultalas nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” do concello do Valadouro.
A participación no concurso implica directamente a aceptación destas normas. O non cumprimento delas desencadearía na exclusión e non participación no concurso da persoa ou persoas que non cumpriran estas.