A Concellería de Cultura do Concello do Valadouro ten o pracer de presentarvos unha das convocatorias musicais máis novidosas e esperadas do ano, na que este departamento colabora activamente:

O Festival de Valadouro Rock o sábado 22 de xuño de 2024 en Ferreira do Valadouro, concretamente na explanada do antigo matadoiro.

Este evento reunirá ás mellores bandas de rock nacional nun mesmo escenario: Miguel Costas , OBUS, Gigatron Oficial , VITA IMANA , Leather Boys , Materia Muerta , Drunken Buddha , SKÜLD , Strikeback ????????????????

Tes máis info en https://valadourorock.com

Presentación do festival.

O Valadouro Rock trae a Ferreira referentes da escena rock estatal, co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo

Obús encabeza o cartel  do festival,  que celebra o sábado a primeira edición

O Valadouro,  18 de xuño de 2024 .-  O Valadouro acollerá este sábado a primeira edición do Valadouro Rock,  que reunirá bandas referentes  e novos talentos na escena rock estatal en Ferreira co apoio da Vicepresidencia da Deputación e do Concello de Valadouro. 

O deputado de Mocidade Daniel García e o tenente alcalde do Valadouro Eduardo Chao presentaron o cartel do festival, acompañados polos seus promotores Agustín Claverol e Sergio Rubio.

A actuación da banda de heavy metal Obús  -en xira polo corenta aniversario – con Fortu Sánchez encabeza un cartel que tamén conta con outra figura de referencia como o fundador e exvocalista de Siniestro Total Miguel Costas.

Os valencianos Gigatron -recoñecidos polo seu rock humorístico -, Vita Imana, Strikebak, Leather Boys,  Drunken Buddha ou Sküld nutren unha proposta que apela a distintas xeracións de amantes do rock e que reivindica tamén os grupos locais cos ribadenses Materia Muerta.

Daniel García mostrou o seu apoio “a esta iniciativa, que amplía e diversifica as propostas culturais e musicais da Mariña no verán” e destacou “a vontade expresada polos promotores de de mostrar e proxectar o patrimonio natural e histórico do Valadouro a través da música”

O tenente alcalde do Valadouro e responsable de Cultura valorou “a aposta da organización polo Valadouro para poñer en marcha este festival, que dará a coñecer o concello a un público novo, que viaxa movido pola música”  e que “terá un impacto positivo tamén na hostelería e no comercio local”.

A organización porá a disposición do público servizos de bus desde Viveiro, con parada en  Xove, San Cibrao, Cervo, Burela, Cangas de Foz e Foz. A contorna do festival, que se celebrará no parque Concepción Arenal, contará con zona de acampada e con food trucks gastronómico.

O recinto do festival, baixo a etiqueta de “festival amigo” contará tamén con stands doutros festivais da Mariña e do Occidente asturiano, xenerando sinerxias tanto a nivel de promoción musical como de público.