LudiVERÁN 2022
· O programa Ludiverán 2022 – O VALADOURO consiste nunha serie de actividades lúdicas programadas e orientadas a rapaces e rapazas nados entre o ano 2010 e o 2018.
· Poderán participar nas distintas actividades de LUDIVERÁN 2022– O VALADOURO todos os nenos e nenas que o desexen sempre e cando e cando estean inscritos, en todo ou en parte do programa previamente, nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” de O Valadouro.
· Terán preferencia, sempre por rigorosa orde, os que se inscriban entre os días 21 a 28 (incluídos) de 10:00h. a 14:00h e de 16:00 a 20:00h de luns a venres. A oficina para a presentación de solicitudes atópase no primeiro andar do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” de O Valadouro.
· Formarán parte do programa aquelas solicitudes que cumpran, por orde, os seguintes requisitos:
·a) Alumnos do CEIP Santa María do Valadouro que soliciten todo o período do programa, que os pais traballen e estean empadroados no concello do Valadouro.
·b) Alumnos do CEIP Santa María do Valadouro que non soliciten todo o período do programa, que os pais traballen e estean empadroados no concello do Valadouro.
·c) Inscritos nos que os pais traballen e estean empadroados no concello do Valadouro e soliciten todo o período.
·d) Inscritos nos que os pais traballen e estean empadroados no concello do Valadouro e non soliciten todo o período.
·e) Resto de inscritos que soliciten todo o programa.
.d) Resto de inscritos
· Xunto coa instancia oficial de inscrición de Ludiverán 2022 – O Valadouro deberán de aportar, os pais dos participantes no programa, certificado de empresa ou vida laboral actualizada.
· Unha vez iniciado o programa e, sempre e cando queden prazas libres, poderán inscribirse máis interesados ata cubrir todas as prazas.
· Se unha persoa inscribe un participante e están todas as prazas cubertas, ou se fai fóra de prazo, dita solicitude pasará á lista de reserva ata que quede un oco libre.
· Pode solicitarse un período mínimo de 5 días laborables contiguos e un máximo de 41 días laborables coa fin de non alterar a programación establecida.
· A lista de reserva serve para cubrir as prazas que queden vacantes ó longo da programación.
· O número de prazas estará limitado ó cociente por monitor asinado ás actividades. Se un participante desexa deixar de acudir ó programa, o seu pai, nai ou representante deberá de pasar polas oficinas da casa da cultura, para comunicalo por escrito.
· As actividades realizaranse entre os días 4 de xullo e 1 de setembro (laborables) entre as 10:00h. e as 13:00h, deixando 10 minutos de marxe para acceder(10:10h) e 5 antes da hora de saída para liberar a instalación(12:55h.), estando a porta de acceso pechada e prohibido o acceso de calquera persoa(agás causa xustificada) dentro do horario mencionado. Todos os días se pasará lista de asistentes e se un inscrito falta asiduamente, (sen xustificar) alo menos o 20% do período solicitado, automaticamente pasará á lista de reserva.
· Os participantes chegarán á instalación acompañados do pai/nai/titor legal ou persoa (max. 3) autorizada. No caso de nenos e nenas maiores de 10 anos (cumpridos) e, sempre e cando conste na solicitude, poderán entrar e saír sos da instalación.
· Na solicitude deberá de figurar se o/a inscrito/a sofre algún tipo de alerxia, intolerancia ou enfermidade que impida poder realizar as actividades expostas. En caso de non ter programadas as vacacións antes de formalizar a inscrición formalmente, o pai, a nai ou o responsable o comunique por escrito con suficiente tempo para evitar problemas organizativos ou do contrario poderá ingresar na lista de reserva de ser preciso e non houber prazas libres.
· Os participantes estarán sempre acompañados do persoal cualificado da empresa encargada de xestionar o programa. Dado que se trata dunha actividade lúdico-infantil, non se permitirá o acceso ás instalacións, onde se realice o programa, de ninguén máis que a dos participantes nas actividades.
· O lugar de realización das actividades, agás previo aviso, serán as instalacións do Pavillón Polideportivo Municipal de O Valadouro e o patio de xogos (agás o parque infantil) do CEIP Santa María. En momentos puntuais programaranse pequenas excursións para coñecer o medio na que ningún inscrito acudirá só.
· No intre de descanso usarán, sempre e cando o tempo meteorolóxico o permita, o patio de xogos do CEIP Santa María do Valadouro (agás o parque interior).· Se o desexan, os participantes levarán unha merenda que tomarán a media mañá.
· Os inscritos distribuiranse en grupos segundo as súas idades co fin de homoxeneizar o grupo de actividade do que forman parte.
· Recoméndase que os participantes veñan con roupa cómoda para o desenvolvemento de actividades deportivas e xogos.
· A programación diaria comunicarase periodicamente co obxecto de informar, ós familiares, das actividades que van a realizar cada día e, excepcionalmente, comunicarase, coa suficiente antelación, as posibles excursións así como cando se precise que os participantes aporten material para realizar as actividades.
· O pai/nai/representante do participante autorizará, se así o desexa, a que o concello do Valadouro envíe comunicacións do programa vía whatsapp ou formato electrónico.
· Os participantes nunca estarán sos no transcurso das actividades. Sempre estarán os monitores responsables do programas, así como, esporadicamente, de persoal municipal.
· O cociente por monitor establécese en 10 participantes e o programa cumpre todas as exixencias establecidas pola normativa de campamentos.
· Recoméndase que a inscrición se faga preferentemente por medios telemáticos (sede electrónica, e-mail…) ou en persoa nas oficinas da casa da cultura.