MAGO PACO. HOCUS POCUS.

Salón de Actos da Casa da Cultura do Concello do Valadouro

 7 de outubro

⌚️20:00h.

Entrada de balde.

Espectáculo de maxia. Programa Ler Conta Moito. Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

“Hocus Pocus” é un espectáculo versatil, aberto e adaptado a calquer espazo de representación. Está guiado por unha peculiar personaxe “O mago Paco” que fai de cada xogo un momento diferente, nos que @s nen@s son os verdadeiros protagonistas; creando así un espectáculo propio dunha mente infantil: aluocado, ruidoso, dinámico e cheo de sorpresas.

Para saber máis: https://youtu.be/wuBVLwyN584

 

AVELINO GONZÁLEZ. “ABELLAS”.

Sala Anexa  da Casa da Cultura do Concello do Valadouro

 13 de outubro

⌚️18:00h.

Entrada de balde.

Orientado para público infantil.

Obradoiro. Programa Ler Conta Moito. Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

As abellas son veciñas, boas veciñas. Teñen xenio, si, a ninguén lle gusta que o incomoden!
Pero son tan agradables, interesantes, divertidas, …!
As abellas son uns bichiños pequenos que fan cousas moi grandes.
Vén coñecelas!

 

Este é un espectáculo a medias entre os contos e a experiencia, pois a rapazada poderá escoitar contos de abellas ó tempo que toma contacto, literalmente, cas abellas e o seu mundo.
Hai contos de abellas, de como viven, como se defenden, como fan amigas, como …
Hai tamén cousas de abellas como colmeas ou cera, para que as vexan, toquen, ulan, rompan sen problema e, a veces, saboreen.

ANDREA BARREIRA. “TERRORÍFICAS”.

Sala Anexa  da Casa da Cultura do Concello do Valadouro

 23 de outubro

⌚️18:00h.

Entrada de balde.

Orientado para público infantil.

Obradoiro. Programa Ler Conta Moito. Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

un obradoiro de Andrea Barreira que combina a lectura e a escritura de relatos de terror. A través dunha perspectiva de xénero, crítica e creativa, quen participe viaxará a través de distintas autoras (Cris Pavón, Uxía Casal, Paula Carballeira, Mary Shelley, Shirley Jackson, Pilar Pedraza…) pola literatura do medo e o misterio, o que lles permitirá construír o seu propio relato terrorífico.