INSCRICIÓNS: DO 18 Ó 25 DE SETEMBRO
HORARIO: EN ATENCIÓN Ó PÚBLICO NA CASA DA CULTURA E NA CASA DO CONCELLO
IDADES: NENOS E NENAS QUE ESTUDAN 4º INFANTIL A 4º ESO
MODALIDADE PATINAXE
BASES PARTICIPACIÓN NAS ESCOLAS DEPORTIVAS DO CONCELLO DE O VALADOURO
PATINAXE
1.- ÁMBITO DE APLICACIÓN
Estas actividades están orientadas aos alumnos e alumnas que cursen estudos dende 4º de infantil ata 4ª de ESO para o curso escolar 2023/2024.
2.- OBXETO
O obxecto das Escolas Deportivas do Concello de O Valadouro é principalmente fomentar a práctica de actividades físico-deportivas entre a poboación infantil e xuvenil e establecer as bases para que esta práctica sexa un recurso de convivencia, participación e, en xeral mellora da calidade de vida no Concello de O Valadouro.
3.- INICIO E HORARIOS
Inicio: 04/10/2023 (mínimo de 6 alumnos para a realización da actividade)
Horarios:
• Grupo 1: Mércores de 16:00 a 17:00
• Grupo 2: Mércores de 17:00 a 18:00
• Grupo 3: Mércores de 18:00 a 19:00
Os grupos serán configurados tendo en conta as idades dos participantes, o nivel e os anos de experiencia na práctica de patinaxe.
No caso de non existir un número suficiente de participantes para todos os grupos, a actividade quedará configurada en 2 grupos.
Coa publicación da listaxe de solicitudes admitidas indicarase a distribución de grupos e horarios.
Lugar de realización: Pavillón polideportivo do Concello O Valadouro
Total de prazas dispoñibles: segundo a normativa vixente
As entregas e recollidas de alumnos deberán realizarse con puntualidade.
A falta de asistencia ou puntualidade poderán ter como consecuencia a perda da praza na actividade, pasando ao último posto da lista de reserva.
4.- REQUISITOS DAS PERSOAS SOLICITANTES
As solicitudes serán cursadas polos proxenitores ou titores legais dos alumnos que asistirán ás actividades e deberán cumprir os seguintes requisitos:
- Os alumnos deberán estar cursando estudos comprendidos entre 4º de educación infantil e 4º de ESO.
5.- SOLICITUDES.
Todas as persoas solicitante, ao momento de presentar a súa solicitude estarán aceptando as presentes bases.
As solicitudes serán cursadas polo proxenitores ou titores legais dos alumnos e alumnas no modelo facilitado polo Concello de O Valadouro (ANEXO I) dende o 18/09/2023 ata o 25/09/2023.
As solicitudes realizaranse nas Oficinas Municipais ou no Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” dentro do horarios de atención ao público.
Tamén poderán presentar as solicitudes na Sede Electrónica do Concello de O Valadouro a través do trámite “Escolas Deportivas – Patinaxe” ou en calquera dos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
5.- DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA.
As solicitudes deberán ir acompañadas obrigatoriamente da seguinte documentación:
- Copia do DNI.
- Convenio regulador (no caso de proxenitores/titores separados)
6.- INSTRUCCIÓN E TRAMITACIÓN
A instrución do procedemento corresponderá a unha persoa funcionaria designada polo Concelleiro Delegado de Educación, Deportes, Conciliación e Obras ao efecto.
Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes e revisadas todas as presentadas, o Instrutor emitirá un informe, o cal se elevará á Concellería Delegada no cal constarán 3 listas:
- Solicitudes admitidas: Alumnos que obteñen praza nas Escolas Deportivas do Concello de O Valadouro na actividade de Panitaxe. Nesta lista indicarase o día de comezo das actividades e o lugar de realización.
- Solicitudes admitidas: Alumnos que pasan a formar a listaxe de reserva nas Escolas Deportivas do Concello de O Valadouro.
- Solicitudes que deben ser subsanadas.
A resolución do procedemento corresponderá ao Concelleiro Delegado de Educación, Deportes, Conciliación e Obras.
Unha vez visto o Informe do Instrutor, o Concelleiro Delegado de Educación, Deportes, Conciliación e Obras ditará Resolución na cal se incluirán as citadas listas e que será publicada no taboleiro de anuncios, na páxina web e na sede electrónica do Concello de O Valadouro.
No caso de que se cubran todas as prazas, os proxenitores dos alumnos que pasen a formar parte da lista de reserva serán avisados antes do inicio da actividade.
7.- CRITERIOS DE SELECCIÓN DO ALUMNADO
Poderán obter unha praza nas Escolas Deportivas do Concello de O Valadouro na actividade de Patinaxe aqueles alumnos cuxos proxenitores ou titores legais presentaran unha solicitude correctamente cumprimentada.
Para a selección dos alumnos seguirase a orde de preferencia que se indica a continuación:
- Orde de rexistro de entrada da solicitude.
Tomarase como data de rexistro de entrada da solicitude aquela na que se presente a documentación completa.
8.- NORMAS DE FUNCIONAMENTO
Dará lugar á perda da praza dentro das Escolas Deportivas do Concello de O Valadouro calquera falseamento ou ocultación de información na documentación presentada para a solicitude, sen prexuízo das responsabilidades que poidan derivarse.
Formarán parte das Escolas Deportivas a aquelas solicitudes que cumpran os requisitos da convocatoria, figurando os alumnos nas listas de solicitudes admitidas.
Unha vez iniciado o programa e, sempre e cando queden prazas libres, poderán inscribirse máis interesados ata cubrir todas as prazas.
Se unha persoa inscribe un participante e están todas as prazas cubertas, ou se fai fóra de prazo, dita solicitude pasará á lista de reserva.
No caso de que un proxenitor ou titor legar desexe dar de baixa ao alumno nas Escolas Deportivas do Concello de O Valadouro, deberá comunicalo por escrito e presentando a súa solicitude polos mesmos medios nos que se presentou a solicitude de inscrición.
Os participantes estarán sempre acompañados do persoal cualificado da empresa encargada de xestionar o programa. Non se permitirá o acceso ás instalacións onde se realice o programa, de ninguén máis que a dos alumnos participantes, os monitores e os traballadores municipais.
Os inscritos distribuiranse en grupos segundo as súas idades co fin de homoxeneizar o grupo de actividade do que forman parte.
O ratio por monitor establecerase segundo a normativa vixente.
9.- FALTAS DE ASISTENCIA E PUNTUALIDADE
Os alumnos deberán acudir en todo momento respectando os horarios de entrada e saída.
No caso de ter 3 faltas de asistencia ou puntualidade inxustificadas, os proxenitores ou titores do alumno ou alumna poderán perder o dereito á praza dentro das Escolas Deportivas do Concello de O Valadouro.
10.- PUBLICIDADE
As presentes bases serán publicadas na sede electrónica e na páxina web do Concello de O Valadouro, así como as listas de solicitudes admitidas e desestimadas e calquera outra comunicación colectiva.
11.- MODIFICACIÓNS, SUSPENSIÓN OU CANCELACIÓN DO PROGRAMA
O Programa poderá sufrir modificacións, suspensión de servizos ou a total cancelación do programa segundo as esixencias na normativa vixente ou por causas organizativas.
Calquera modificación, suspensión ou cancelación do programa será notificado ás familias participantes.
MODALIDADE ATLETISMO
BASES PARTICIPACIÓN NAS ESCOLAS DEPORTIVAS DO CONCELLO DE O VALADOURO
ATLETISMO
1.- ÁMBITO DE APLICACIÓN
Estas actividades están orientadas aos alumnos e alumnas que cursen estudos dende 4º de infantil ata 4º da ESO para o curso escolar 2023/2024.
2.- OBXETO
O obxecto das Escolas Deportivas do Concello de O Valadouro é principalmente fomentar a práctica de actividades físico-deportivas entre a poboación infantil e xuvenil e establecer as bases para que esta práctica sexa un recurso de convivencia, participación e, en xeral mellora da calidade de vida no Concello de O Valadouro.
3.- INICIO E HORARIOS
Inicio: 03/10/2023 (mínimo de 6 alumnos para a realización da actividade)
Horarios:
• Martes de 16:15 a 17:15
A configuración de grupos e horarios poderá variar durante o curso en función das características dos alumnos participantes, do nivel adquirido e da xestión necesaria para un correcto funcionamento da actividade.
Previo ao inicio da actividades as persoas solicitantes que obteñan praza nas Escolas Deportivas serás avisados polos monitores e mediante Resolución publicada na Sede Electrónica do Concello de O Valadouro do grupo ao que pertencen os alumnos, así como de calquera cambio
Lugar de realización: Pavillón municipal de O Valadouro
Total de prazas dispoñibles: segundo a normativa vixente
As entregas e recollidas de alumnos deberán realizarse con puntualidade.
A falta de asistencia ou puntualidade terá como consecuencia a perda da praza na actividade, pasando ao último posto da lista de reserva.
4.- REQUISITOS DAS PERSOAS SOLICITANTES
As solicitudes serán cursadas polos proxenitores ou titores legais dos alumnos que asistirán ás actividades de conciliación e deberán cumprir os seguintes requisitos:
- Os alumnos deberán estar cursando estudos comprendidos entre 4º de educación infantil e 4º da ESO.
5.- SOLICITUDES.
Todas as persoas solicitante, ao momento de presentar a súa solicitude estarán aceptando as presentes bases.
As solicitudes serán cursadas polos proxenitores ou titores legais dos alumnos e alumnas no modelo facilitado polo Concello de O Valadouro (Anexo I).
O prazo de presentación de solicitudes será dende o 18/09/2023 ata o 25/09/2023.
No caso de non completarse as prazas existentes, o prazo de inscrición quedará aberto todo o curso escolar. Si se completan as prazas para unha categoría, as persoas solicitantes pasarán a formar parte da listaxe de reserva.
As solicitudes realizaranse nas Oficinas Municipais ou no Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” dentro do horarios de atención ao público.
Tamén poderán presentar as solicitudes na Sede Electrónica do Concello de O Valadouro a través do trámite “Escolas Deportivas – Atletismo” ou en calquera dos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
5.- DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA.
As solicitudes deberán ir acompañadas obrigatoriamente da seguinte documentación:
- Copia do DNI da persoa solicitante (Pai, nai ou titor/a legal).
- Convenio regulador (no caso de proxenitores/titores separados)
6.- INSTRUCCIÓN E TRAMITACIÓN
A instrución do procedemento corresponderá a unha persoa funcionaria designada polo Concelleiro Delegado de Educación, Deportes, Conciliación e Obras ao efecto.
Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes e revisadas todas as presentadas, o Instrutor emitirá un informe, o cal se elevará á Concellería Delegada no cal constarán 3 listas:
- Solicitudes admitidas: Alumnos que obteñen praza nas Escolas Deportivas do Concello de O Valadouro na actividade de Atletismo.
- Listaxe de reserva: Alumnos que pasan a formar a listaxe de reserva nas Escolas Deportivas do Concello de O Valadouro.
- Solicitudes que deben ser subsanadas.
A resolución do procedemento corresponderá ao Concelleiro Delegado de Educación, Deportes, Conciliación e Obras.
Unha vez visto o Informe do Instrutor, o Concelleiro Delegado de Educación, Deportes, Conciliación e Obras ditará Resolución na cal se incluirán as citadas listas e que será publicada no taboleiro de anuncios, na páxina web e na sede electrónica do Concello de O Valadouro.
No caso de que se cubran todas as prazas, os proxenitores dos alumnos que pasen a formar parte da lista de reserva serán avisados antes do inicio da actividade.
7.- CRITERIOS DE SELECCIÓN DO ALUMNADO
Poderán obter unha praza nas Escolas Deportivas do Concello de O Valadouro na actividade de Atletismo aqueles alumnos cuxos proxenitores ou titores legais presentaran unha solicitude correctamente cumprimentada.
Para a selección dos alumnos seguirase a orde de preferencia que se indica a continuación:
- Orde de rexistro de entrada da solicitude.
Tomarase como data de rexistro de entrada da solicitude aquela na que se presente a documentación completa.
8.- NORMAS DE FUNCIONAMENTO
Dará lugar á perda da praza dentro das Escolas Deportivas do Concello de O Valadouro calquera falseamento ou ocultación de información na documentación presentada para a solicitude, sen prexuízo das responsabilidades que poidan derivarse.
Formarán parte das Escolas Deportivas a aquelas solicitudes que cumpran os requisitos da convocatoria, figurando os alumnos nas listas de solicitudes admitidas.
Unha vez iniciado o programa e, sempre e cando queden prazas libres, poderán inscribirse máis interesados ata cubrir todas as prazas.
Se unha persoa inscribe un participante e están todas as prazas cubertas, ou se fai fóra de prazo, dita solicitude pasará á lista de reserva.
No caso de que un proxenitor ou titor legar desexe dar de baixa ao alumno nas Escolas Deportivas do Concello de O Valadouro, deberá comunicalo por escrito e presentando a súa solicitude na oficina situada no primeiro andar do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” de O Valadouro.