INSCRICIÓNS: DO 1 Ó 11 DE SETEMBRO
HORARIO: EN ATENCIÓN Ó PÚBLICO NA CASA DA CULTURA E NA CASA DO CONCELLO
IDADES: NENOS E NENAS QUE ESTUDAN 4º INFANTIL A 4º ESO
MODALIDADE FÚTBOL
BASES PARTICIPACIÓN NAS ESCOLAS DEPORTIVAS DO CONCELLO DE O VALADOURO: FÚTBOL
1.- ÁMBITO DE APLICACIÓN
Estas actividades de conciliación están orientadas aos alumnos e alumnas que cursen estudos dende 4º de infantil ata 4º de ESO para o curso escolar 2023/2024.
2.- OBXETO
O obxecto das Escolas Deportivas do Concello de O Valadouro é principalmente fomentar a práctica de actividades físico-deportivas entre a poboación infantil e xuvenil e establecer as bases para que esta práctica sexa un recurso de convivencia, participación e, en xeral mellora da calidade de vida no Concello de O Valadouro.
3.- INICIO E HORARIOS
Inicio: Será indicado polo adestrador
Categorías:
- Biberón (2019-2018)
- Prebenjamín (2017-2016)
- Benjamín (2015-2014)
- Alevín (2013-2012)
- Infantil (2011-2010)
- Cadete (2009-2008)
Horarios: Serán indicados polo adestrador.
Lugar de realización: Campos de Fútbol e pavillóns polideportivos dos Concellos de Alfoz e O Valadouro
Total de prazas dispoñibles: segundo a normativa vixente.
As entregas e recollidas de alumnos deberán realizarse con puntualidade.
A falta de asistencia ou puntualidade poderá ter como consecuencia a perda da praza na actividade, pasando ao último posto da lista de reserva.
4.- REQUISITOS DAS PERSOAS SOLICITANTES
As solicitudes serán cursadas polos proxenitores ou titores legais dos alumnos que asistirán ás actividades e deberán cumprir os seguintes requisitos:
- Os alumnos deberán estar cursando estudos comprendidos entre 4º de educación infantil e 4º da ESO
5.- SOLICITUDES.
Todas as persoas solicitante, ao momento de presentar a súa solicitude estarán aceptando as presentes bases.
As solicitudes serán cursadas polo proxenitores ou titores legais dos alumnos e alumnas no modelo facilitado polo Concello de O Valadouro (ANEXO I) dende o 01/09/2023 ata o día 11/09/2023 as 14:00 horas.
O prazo de inscrición quedará aberto todo o curso escolar. Si se completan as prazas para unha categoría, as persoas solicitantes pasarán a formar parte da listaxe de reserva.
As solicitudes realizaranse nas Oficinas Municipais ou no Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” dentro do horarios de atención ao público.
Tamén poderán presentar as solicitudes na Sede Electrónica do Concello de O Valadouro a través do trámite “Escolas Deportivas – Fútbol” ou en calquera dos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
5.- DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA.
As solicitudes deberán ir acompañadas obrigatoriamente da seguinte documentación:
- Copia do DNI.
- Convenio regulador (no caso de proxenitores/titores separados)
6.- INSTRUCCIÓN E TRAMITACIÓN
A instrución do procedemento corresponderá a unha persoa funcionaria designada polo Concelleiro Delegado de Educación, Deportes, Conciliación e Obras ao efecto.
Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes e revisadas todas as presentadas, o Instrutor emitirá un informe, o cal se elevará á Concellería Delegada no cal constarán 3 listas:
- Solicitudes admitidas: Alumnos que obteñen praza nas Escolas Deportivas do Concello de O Valadouro na actividade de Fútbol. Nesta lista indicarase o día de comezo das actividades e o lugar de realización.
- Solicitudes admitidas: Alumnos que pasan a formar a listaxe de reserva nas Escolas Deportivas do Concello de O Valadouro.
- Solicitudes que deben ser subsanadas.
A resolución do procedemento corresponderá ao Concelleiro Delegado de Educación, Deportes, Conciliación e Obras.
Unha vez visto o Informe do Instrutor, o Concelleiro Delegado de Educación, Deportes, Conciliación e Obras ditará Resolución na cal se incluirán as citadas listas e que será publicada no taboleiro de anuncios, na páxina web e na sede electrónica do Concello de O Valadouro.
No caso de que se cubran todas as prazas, os proxenitores dos alumnos que pasen a formar parte da lista de reserva serán avisados antes do inicio da actividade.
7.- CRITERIOS DE SELECCIÓN DO ALUMNADO
Poderán obter unha praza nas Escolas Deportivas do Concello de O Valadouro na actividade de Fútbol aqueles alumnos cuxos proxenitores ou titores legais presentaran unha solicitude correctamente cumprimentada.
Para a selección dos alumnos seguirase a orde de preferencia que se indica a continuación:
- Orde de rexistro de entrada da solicitude.
Tomarase como data de rexistro de entrada da solicitude aquela na que se presente a documentación completa.
8.- NORMAS DE FUNCIONAMENTO
Dará lugar á perda da praza dentro das Escolas Deportivas do Concello de O Valadouro calquera falseamento ou ocultación de información na documentación presentada para a solicitude, sen prexuízo das responsabilidades que poidan derivarse.
Formarán parte das Escolas Deportivas a aquelas solicitudes que cumpran os requisitos da convocatoria, figurando os alumnos nas listas de solicitudes admitidas.
Unha vez iniciado o programa e, sempre e cando queden prazas libres, poderán inscribirse máis interesados ata cubrir todas as prazas.
Se unha persoa inscribe un participante e están todas as prazas cubertas, ou se fai fóra de prazo, dita solicitude pasará á lista de reserva.
No caso de que un proxenitor ou titor legar desexe dar de baixa ao alumno nas Escolas Deportivas do Concello de O Valadouro, deberá comunicalo por escrito e presentando a súa solicitude polos mesmos medios nos que se presentou a solicitude de inscrición.
Os participantes estarán sempre acompañados do persoal cualificado da empresa encargada de xestionar o programa. Non se permitirá o acceso ás instalacións onde se realice o programa, de ninguén máis que a dos alumnos participantes, os monitores e os traballadores municipais.
Os inscritos distribuiranse en grupos segundo as súas idades co fin de homoxeneizar o grupo de actividade do que forman parte.
O ratio por monitor establecerase segundo a normativa vixente.
9.- FALTAS DE ASISTENCIA E PUNTUALIDADE
Os alumnos deberán acudir en todo momento respectando os horarios de entrada e saída.
No caso de ter 3 faltas de asistencia ou puntualidade inxustificadas, os proxenitores ou titores do alumno ou alumna poderán perder o dereito á praza dentro das Escolas Deportivas do Concello de O Valadouro.
10.- PUBLICIDADE
As presentes bases serán publicadas na sede electrónica e na páxina web do Concello de O Valadouro, así como as listas de solicitudes admitidas e desestimadas e calquera outra comunicación colectiva.
11.- MODIFICACIÓNS, SUSPENSIÓN OU CANCELACIÓN DO PROGRAMA
O Programa poderá sufrir modificacións, suspensión de servizos ou a total cancelación do programa segundo as esixencias na normativa vixente ou por causas organizativas.
Calquera modificación, suspensión ou cancelación do programa será notificado ás familias participantes.
s.