Desde o próximo 5 de xullo ata o 5 de setembro permanecerá aberta a Piscina Municipal en horario de 12:00 a 20:00 horas.
Establécese un aforo das instalacións do 75%, exceptuando os vestiarios onde o aforo será do 50%.
A obriga de uso de máscara non será exixible, durante o baño, e mentres se permaneza nun espazo determinado, e sempre que se poida garantir o respecto da distancia de seguridade interpersoal entre todas as persoas usuarias non conviventes.
En calquera caso, será obrigatorio o uso de máscara para os accesos, desprazamentos e paseos nas praias e piscinas, lagos e demais contornos acuáticos, así como para o uso de vestiarios de piscinas públicas ou comunitarias, salvo nas duchas, cando non se poida manter a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros entre persoas non conviventes.
Para os efectos do indicado no parágrafo anterior, entenderase que non é posible garantir o mantemento dunha distancia de seguridade interpersoal de, polo menos, 1,5 metros e, polo tanto, será obrigatorio o uso da máscara sempre que se transite ou se estea en movemento polos espazos indicados e, pola concorrencia doutras persoas, non se poida garantir, atendendo ao número de persoas e ás dimensións do lugar, o mantemento da distancia de seguridade.
Todas as normas poden sufrir modificacións ao longo da tempada.