BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL (2 OPERARIOS-CONDUTORES PARA O MANEXO DO TRACTOR DESBROZADOR PARA O SERVIZO DE PROTECCIÓN E MANTEMENTO DE ESPAZOS NATURAIS) AO ABEIRO DO FONDO DE COMPENSACIÓN AMBIENTAL PARA O ANO 2022

PRIMEIRA.— OBXECTO E NORMAS DE APLICACIÓN

É obxecto desta convocatoria a contratación laboral temporal, a través do proceso de selección de concurso-oposición, de 2 traballadores (2 operarios-condutores para o manexo do tractor desbrozador para o servizo de protección e mantemento de espazos naturais) para a realización de diversos traballos ó abeiro do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2022.

As probas selectivas para o acceso ás convocadas seralles de aplicación a Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, Real Decreto Lexislativo 781/86 do 18 de abril, Texto Refundido das Disposicións Legais vixentes en materia de Réxime Local, Lei 5/1997 do 22 de xullo de Administración Local de Galicia, Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei  do Estatuto Básico do Empregado Público, Lei 2/2015 do 29 de abril do emprego público de Galicia, Real Decreto Lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores e demais disposicións aplicables.

SEGUNDA.— CARACTERÍSTICAS DOS POSTOS DE TRABALLO LABORAL CONVOCADO

O número de postos de traballo, a súa denominación e características  relaciónanse  de seguido:

  • Número e denominación dos postos: (2 operarios-condutores para o manexo do tractor desbrozador para o servizo de protección e mantemento de espazos naturais)
  • Servizo de protección e mantemento de espazos naturais.
  • Modalidade contractual: A modalidade de contrato de traballo temporal a tempo completo durante 7 meses, dende o 14 de marzo ata o 13 de outubro de 2022.
  • Funcións:
  • 2 traballadores, operarios-condutores para o manexo do tractor desbrozador para o servizo de protección e mantemento de espazos naturais, traballos diversos tales como:
    • Manexo de tractores desbrozadores.
    • Axudar a combater a ameaza dos incendios forestais.
    • Mantemento e renovación de parques, xardíns e áreas naturais referenciados na Enquisa de Infraestruturas e Equipamentos Locais.
    • Calquera outra función relacionada co seu posto de traballo que  lle encomende o seu superior xerárquico.

– Retribucións: As retribucións que correspondan segundo o Convenio Correspondente.

TERCEIRA.—REQUISITOS DOS ASPIRANTES

  1. Tódolos requisitos así como os méritos alegados para o concurso, deberán reunirse á data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
  • Con carácter xeral os aspirantes, con anterioridade á finalización do prazo de presentación

de instancias, deberán reunilos seguintes requisitos para poder tomar parte nas probas de selección:

  1. Ter a nacionalidade española. Tamén poderán participar os nacionais dos Estados Membros da Unión Europea, os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros Estados Membros da Unión Europea, calquera que sexa a súa nacionalidade e sempre que non estean separados de dereito, e os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores de dita idade dependentes; as persoas incluídas no ámbito de aplicación dos Tratados Internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores; e os estranxeiros co residencia legal en España.
  • Ter cumpridos 16 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
  • Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desempeño das funcións propias do posto de traballo para o que se opta. A estes efectos, establécese a igualdade de condicións das persoas con diversidade funcional cos demais aspirantes, non podendo fixarse con carácter xeral limitacións físicas ou psíquicas senón nos casos en que sexan incompatibles co normal desempeño do traballo correspondente, adoptándose polo Tribunal cualificador medidas e medios para a realizacións das probas, de forma que gocen de igualdade de oportunidades cos demais participantes. A condición de minusvalía e a súa compatibilidade acreditarase con certificación expedida polo organismo competente.
  • Non haber sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin se achar en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para acceso ao Corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral, no que houbese sido separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non acharse inhabilitado ou en situación equivalente nin haber sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
  • Non incorrer en causa de incompatibilidade ou de incapacidade, conforme á normativa vixente.
  • Serán requisitos específicos:

o 2 traballadores, operarios-condutores para o manexo do tractor desbrozador para o servizo de protección e mantemento de espazos naturais :

o  permiso de conducir clase B.

CUARTA.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

1.-As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante instancia dirixida ao Sr. Alcalde, en modelo que se facilitará no Rexistro Xeral da Corporación, nas que se fará constar que se reúnen todos e cada un dos requisitos establecidos na base terceira desta convocatoria.

2.- Os aspirantes con algunha diversidade funcional terán que indicalo na solicitude, acompañada da correspondente documentación acreditativa. Así mesmo, terán que solicitar as posibles adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios nos que esta adaptación sexa necesaria.

3.-As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello do Valadouro no prazo de tres

(3) días HÁBILES contados dende o día seguinte da publicación do anuncio de convocatoria

no Boletín Oficial da Provincia. Tamén se poderán presentar na forma que determina o artigo

16.4 da Lei 39/15, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas; neste caso, os concursantes deberán comunicalo mediante fax (982 574303) durante o mesmo prazo que o de presentación de instancias

4.- A solicitude irá acompañada da seguinte documentación:

o  Copia cotexada do Documento Nacional de Identidade ou documento identificativo.

  • Copia cotexada do permiso de conducir esixido.
  • Relación dos méritos que aleguen para a súa avaliación na fase de concurso, que se acompañará da documentación orixinal (ou fotocopias autenticadas) acreditativa dos mesmos.
  • Celga 2 ou deberán superar un exame de galego coa cualificación de APTO.

Non se terán en conta nin serán valorados aqueles méritos que non estean acreditados na forma indicada. Tampouco se terán en conta aqueles méritos que non se acrediten suficientemente no momento de rematar o prazo de presentación de instancias.

Para que teñan validez neste proceso selectivo, tódolos documentos que se presenten deberán estar expedidos nalgunha das linguas oficiais na Comunidade Autónoma de Galicia (galego ou castelán). No caso de tratarse de documentos expedidos noutras Comunidades Autónomas do Estado Español, para que teñan validez deberán estar redactados en lingua castelá ou traducidos polo organismo competente da respectiva Comunidade. Tratándose de documentos expedidos nun país estranxeiro, deberán estar traducidos, validados e apostilados pola correspondente oficina diplomática española ou organismo competente.

Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española e  sexan  nacionais  dun  Estado Membro da Unión Europea, con dereito a participar nalgún proceso selectivo, deberán presentar unha fotocopia do Pasaporte ou documento que acredite a súa identidade e nacionalidade. De ser o caso, tamén presentarán os documentos que confirmen o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas  ou estar  a cargo dunha  persoa nacional  doutro Estado co que teña o dito vínculo. Así mesmo, deberán achegar unha declaración xurada ou promesa de dita persoa de que non está separado de dereito do seu cónxuxe e, ser o caso, do feito de que o aspirante vive ás súas expensas ou de que está ao seu cargo.

Os demais aspirantes estranxeiros, xunto coa fotocopia do seu Pasaporte en vigor, deberán acompañar copia do documento que acredite que están habilitados a residir e  a  poder acceder sen limitación ao mercado laboral en España.

Coa presentación da instancia para tomar parte no proceso selectivo entenderase que os interesados aceptan e acatan todas e cada unha das bases desta convocatoria.

Non poderán participar na presente convocatoria aquelas  persoas  que  teñan  prestado servizos no Concello do Valadouro con carácter temporal por un período de 17 meses nos últimos 24 meses, con independencia de que a relación laboral tivera ou non continuidade en dito período.

QUINTA.—ADMISIÓN DE ASPIRANTES

  1. Rematado o prazo para presentalas instancias, o Alcalde ditará resolución no prazo máximo de dous días hábiles que conterá:
  • A lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos, con indicación, se é o caso, das causas de exclusión.
    • A designación do tribunal cualificador e a data da súa constitución
    • A data, hora e lugar en que se realizará a proba práctica, valoración de méritos e, de ser o caso, proba de galego.

Esta resolución publicarase de xeito íntegro no Taboleiro de Anuncios do Concello e na sede electrónica.

  • Os aspirantes excluídos dispoñen dun prazo de dous días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación da antedita resolución, para presentar as reclamacións oportunas ou emendas de defectos.
  • Transcorrido o prazo de subsanación, as reclamacións, se as houbera, serán aceptadas ou rexeitadas mediante resolución pública de Alcaldía, publicada no taboleiro de anuncios e na sede electrónica, aprobando a lista definitiva de admitidos e excluídos.
  • De non haber excluídos ou se non se presentaran reclamacións, a  lista  provisional elevarase a definitiva automaticamente.
  • A inclusión dos aspirantes nas listas de admitidos non supón, en ningún caso, o recoñecemento por parte desta Administración Municipal de que aqueles reúnen os requisitos esixidos para ser nomeados para a súa contratación, requisitos que se deberán acreditar segundo o establecido na base 9ª.

SEXTA.—TRIBUNAL CUALIFICADOR

Os membros  do Tribunal Cualificador  serán designados polo  Sr. Alcalde – Presidente segundo o disposto no Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, e en atención ao principio de imparcialidade e profesionalidade dos seus membros.

A totalidade dos seus membros deberá  posuír un nivel  de titulación  igual ou superior  á esixida para o aceso á praza obxecto desta convocatoria.

Deberá tenderse na súa composición, á paridade entre home e muller.

A pertenza ao mesmo será sempre a título individual non podendo ostentarse esta en representación ou por conta de ninguén.

Non poderán formar parte do Tribunal os funcionarios ou laborais que realizaran tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á convocatoria.

O tribunal de selección poderá dispoñer a incorporación de asesores especialistas, para todas ou algunhas das probas, que colaborarán co órgano de selección exclusivamente no exercicio das súas especialidades técnicas sen que sexan integrantes do Tribunal, correspondéndolle o asesoramento e ilustración do parecer dos seus membros.

O tribunal cualificador estará integrado do seguinte feito:

  • Presidente: Un funcionario de carreira ou persoal laboral. Con voz e voto.
  • Secretario: Un funcionario de carreira ou persoal laboral. Con voz e voto.
  • Vogal: Un funcionario de carreira ou persoal laboral. Con voz e voto.

A súa composición farase pública na mesma resolución da Alcaldía pola que se aproba a lista provisional de admitidos e excluídos.

Os membros do Tribunal deberán absterse de intervir, notificándoo á autoridade convócante, cando concorra algunha das circunstancias previstas no art. 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público. Así mesmo, os aspirantes poderán recusar aos membros do tribunal cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 24 da lei citada.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros. En todo caso, será precisa a asistencia do Presidente e Secretario.

O Tribunal Cualificador queda autorizado para resolver as dúbidas que se presenten e para tomar os acordos necesarios para a boa orde do proceso selectivo, en todo o non previsto nestas bases.

SÉTIMA.—PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN E CUALIFICACIÓN

O proceso de selección: Concurso- oposición

FASE DE CONCURSO: O Tribunal terá en conta os méritos alegados e acreditados, de acordo co seguinte baremo:

  1. Cursos e outras actividades de formación relacionados coas funcións do postos (máximo 1,00 puntos) Acreditarase mediante copia do Título, Diploma ou certificación.
    1. Cursos de duración igual ou inferior a 10 horas ou duración non acreditada: 0,05 puntos por cada un.
    1. Cursos de máis de 10 horas e ata 25 horas: 0,10 puntos por cada un.
    1. Cursos de mais de 25 horas e ata 50 horas: 0,15 puntos por cada un.
    1. Cursos de mais de 50 horas e ata 100 horas: 0,20 puntos por cada un.
    1. Curso de mais de 100 horas e ata 150 horas: 0,25 punto por cada un.
    1. Cursos de mais de 150 e ata 200 horas: 0,30 puntos por cada un.
    1. Por cada curso de mais de 200 horas: 0,35 puntos.
  2. Experiencia profesional (máximo 3,00 puntos) Acreditarase a través de certificación oficial de vida laboral actualizada e a copia do contrato ou certificado de empresa en que consten as tarefas realizadas e a duración.
    1. Por cada mes de servizo realizando tarefas directamente relacionadas co posto ofertado nunha Entidade pública…………………………………………………………….. 0,40 Puntos.
    1. Por cada mes de servizo realizando tarefas directamente relacionadas co posto ofertado nunha Entidade Privada………………………………………………………………… 0,10 Puntos.

FASE DE OPOSICIÓN: Proba Práctica. (Máximo 6,00 Puntos) Realizarase unha ou varias probas prácticas sobre as funcións a realizar.

OITAVA.- ELABORACIÓN E FUNCIONAMENTO DUNHA LISTA DE RESERVA.

Co fin de asegurar a cobertura das prazas convocadas, no caso de que se produzan renuncias de algún dos aspirantes seleccionados, con anterioridade ou posterioridade ao nomeamento ou á toma de posesión, o órgano de selección elaborará unha proposta complementaria (lista de reserva) na que figurarán os/as aspirantes por orde de puntuación acadada e sempre que tiveran superado o proceso selectivo.

Cando sexa necesario proceder aos correspondentes chamamentos ofertarase ao primeiro da lista que estea pendente de chamar, enviándolle un telegrama, burofax ou aquel outro sistema de comunicación fehaciente equivalente, dándolle un prazo de 48 horas para que acepte ou renuncie ao ofertado. Así mesmo tentarase comunicar por telefono coa finalidade de acurtar os prazos. Se non se recollese o telegrama ou comunicación efectuada equivalera a renuncia ao ofertado e procederase a chamar ao seguinte da lista.

Cando se produza o cesamento dun integrante da lista, este reincorporarase ao posto da lista que lle corresponda por puntuación.

NOVENA.-APORTACIÓN DE DOCUMENTOS

No prazo de dous días hábiles seguintes á data de publicación do resultado de selección, os aspirantes propostos deberán xustificar que reúnen os requisitos esixidos na base 3ª desta convocatoria, presentando documentos que non foran xa presentados xunto coa solicitude para tomar parte neste proceso selectivo, é dicir:

  1. Certificación acreditativa de non padecer enfermidade ou limitación física ou psíquica que impida o normal desenvolvemento da súa función.
  • Declaración xurada de non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin atoparse inhabilitado por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas.
  • Declaración xurada de non atoparse incurso en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.

Se o aspirante proposto tivese a condición de diversidade funcional acreditará mediante certificado correspondente, que reúne as condicións necesarias para desempeñar as funcións da praza.

Se no prazo sinalado, salvo casos de forza maior, algún dos aspirantes propostos non presentara a súa documentación ou non acreditara reunir os requisitos esixidos, non se poderá proceder ao seu nomeamento, quedando anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo das responsabilidades en que puidera ter incorrido por falsidade na instancia ou na documentación presentada para tomar parte neste proceso selectivo.

DÉCIMA.—NOMEAMENTO.

Unha vez presentada a documentación sinalada no apartado anterior, o Presidente da Corporación, fará o nomeamento a favor das persoas propostas polo Tribunal Cualificador.

UNDÉCIMA.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.

A formalización dos contratos terá lugar dentro do prazo de cinco días hábiles, a contar desde a data de notificación do acordo de nomeamento. Quen no prazo indicado non formalice o contrato sen causa xustificada quedará na situación de cesante, con perda de tódolos dereitos derivados da convocatoria e do nomeamento conferido.

Mentres non se formalice o contrato e non se incorpore ao posto de traballo, o aspirante non terá dereito a percepción económica de ningunha clase.

A persoa contratada estará obrigada a prestar a súa xornada de traballo na medida e forma requiridas polo interese do servizo, con horario de mañá ou de tarde, ou mesmo fraccionado a xornada se fose preciso, e de acordo coa lexislación aplicable.

DUODÉCIMA.- BOLSA DE EMPREGO.

A lista complementaria de reserva prevista na base 8ª constituirase nunha bolsa de emprego, á que se acudirá para o caso de que algunha praza contratada ao abeiro desta convocatoria quedase definitivamente vacante por algunha circunstancia ou para realizar algunha substitución temporal con reserva de praza (referida a estas prazas)

DÉCIMO TERCEIRA.—NORMAS FINAIS

Primeira.- Para todo o non previsto nestas bases, será de aplicación supletoria o establecido na Lei Estatuto Básico do Empregado Público, na Lei reguladora das Bases do Réxime Local, na Lei de Administración Local de Galicia, na Lei de medidas para a reforma da Función Publica, na Lei de emprego público de Galicia, no  Real  Decreto  896/1991, sobre regras básicas e programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración Local, no Real Decreto 364/1995, polo que se aproba o

Regulamento Xeral de ingreso do Persoal ao Servizo da Administración do Estado e na demais lexislación vixente que sexa de aplicación.

Segunda.- Agás a convocatoria, que se publicará segundo se establece na base 4ª, os sucesivos actos e comunicacións que se deriven da celebración do proceso selectivo faranse públicos, exclusivamente, a través do taboleiro de anuncios da Casa do Concello e na páxina web do Concello.

Terceira.- Tódolos actos administrativos derivados desta convocatoria, así  como  das actuacións dos tribunais cualificadores, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos pola Lei de procedemento administrativo e normas vixentes concordantes.

A presentación de reclamacións non suspenderá a prosecución do proceso selectivo, salvo que así o decida o órgano convocante do mesmo.

Cuarta.- Contra as presentes bases e a resolución que as aproba, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer RECURSO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO ante o Xulgado Contencioso Administrativo, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria.

Con carácter potestativo e previo, poderá interpoñerse RECURSO DE REPOSICIÓN ante o mesmo órgano que adoptou o acordo de aprobación, no prazo de un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso administrativo ata que se resolva expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

Todo iso sen prexuízo de que poida exercitar calquera outro que estime procedente.