BASES POLAS QUE SE ESTABLECEN AS NORMAS PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA COMPLEMENTARIA PARA PRESTAR SERVIZOS NO CONCELLO DO VALADOURO COMO TRABALLADOR/A SOCIAL, CON CARÁCTER PROVISIONAL OU TEMPORAL COMO PERSOAL LABORAL.
PRIMEIRA. OBXECTO DA CONVOCATORIA.
O obxecto da presente convocatoria é a selección dun (1) traballador/a social, ao 50% da xornada, para que preste os seus servizos no Concello de O Valadouro, para o reforzo dos servizos sociais en virtude da financiación do plan concertado de servizos sociais e vinculada a dita financiación, así como a creación dunha bolsa de complementaria para as posibles necesidades do servizo. A vixencia desta bolsa complementaria terá unha vixencia de 5 anos, se ben, mentras teña vixencia a bolsa inicial, existirá prioridade desta sobre a que ahora se convoca.
SEGUNDA. NATUREZA DO CONTRATO.
– Modalidade contractual: A modalidade de contrato de traballo temporal a media xornada.
– Funcións: As propias do posto ofertado.
– Retribucións: As retribucións que correspondan segundo o Convenio Correspondente.
TERCEIRA. LEXISLACIÓN APLICABLE.
Esta contratación laboral rexerase polo disposto:
– Texto Refundido do Estatuto dos traballadores aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto Refundido do Estatuto dos Traballadores.
– Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, por el que se aproba o texto refundido da Lei del Estatuto Básico del Empregado Público.
−Lei 30/1984, de 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública (naquelas disposicións aínda vixentes e que sexan básicas)
−Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.
−Texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado por Real Decreto lexislativo 781/1986, de 13 de xuño (naquelas disposicións básicas).
−Lei 5/1997, de 22 de xullo, da administración local de Galicia.
−Real Decreto lexislativo 1/2008 de 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei da función pública de Galicia
−Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia
−Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración Local.
– Lei 2/2015, de 29 de abril, de Emprego Público de Galicia.
−Real decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o regulamento xeral de ingreso do persoal ó servizo da Administración do Estado e demais disposicións aplicables.
-Real Decreto 598/1985, de 30 de abril, sobre Incompatibilidades do Persoal ao Servizo da Administración do Estado, da Seguridade Social e dos Entes, Organismos e Empresas dependentes.
-Lei 53/1984, 26 de decembro, de Incompatibildades do Persoal ao Servizo das Administracións Públicas.
-Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Publicas.
CUARTA. FINANZAMENTO.
A presente contratación está financiada pola subvención concedida en virtude de Resolución da Dirección Xeral de Inclusión Social da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, que incrementa a asignación concedida anualmente a este Concello, pasando de 1 traballadora social a 1,5. A contía das retribucións e cotas da Seguridade Social serán imputables ás partidas do orzamento corrente de gastos do Concello de O Valadouro.
QUINTA. PUBLICIDADE.
As presentes bases serán publicadas no boletín oficial da Provincia, na Sede electrónica do concello e no Taboleiro de Anuncios municipal.
SEXTA. REQUISITOS DOS/AS INTERESADOS/AS PARA PARTICIPAR NO PROCESO SELECTIVO.
As persoas interesadas en tomar parte nesta contratación, deberán reunir os seguintes requisitos:
a)Ter a nacionalidade española. Tamén poderán participar os nacionais dos Estados membros da Unión Europea, o cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, calquera que sexa a súa nacionalidade e sempre que non estean separados de dereito, e os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinteún anos ou maiores de dita idade dependentes; as persoas incluídas no ámbito de aplicación dos Tratados Internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores; e os estranxeiros con residencia legal en España.
b)Ter cumpridos 16 anos de idade e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
c)Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desempeño das funcións propias do posto de traballo para o que se opta. A estes efectos, establécese a igualdade de condicións das persoas minusválidas cos demais aspirantes, non podendo fixarse con carácter xeral limitacións físicas ou psíquicas senón nos casos en que sexan incompatibles co normal desempeño do traballo correspondente. A condición de minusvalía e a súa compatibilidade acreditarase con certificación expedida polo organismo competente.
d) Non incorrer en causa de incompatibilidade ou de incapacidade, conforme á normativa vixente.
e)Non haber sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin se achar en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que houbese sido separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non acharse inhabilitado ou en situación equivalente nin haber sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
Serán requisitos específicos:
- Certificado de Lingua Galega Nivel 4 (Celga 4) ou equivalente. No suposto de carecer desta acreditación, a persoa aspirantes someterase obrigatoriamente á proba de coñecemento do idioma galego.
- Estar en posesión dalgunha das titulacións esixibles, ou en condición de obtela na data de remate do prazo de presentación de instancias:
Diplomatura universitaria en traballo social ou do título de grao en traballo social, aquelas outras que habiliten para o exercicio desta profesión regulada, segundo establecen a normativas estatal e comunitaria ou en condicións de obter o titulo na data en que remate o prazo de presentación de instancias, que deberá acreditar mediante documento oficial expedido polo organismo competente. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión na mesma data do remate do prazo para presentar as instancias da credencial que acredite a súa homologación, expedida polo Organismo competente.
- Permiso de conducir clase B
SÉTIMA. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS.
As instancias, dirixidas ao Sr. Alcalde, achegaranse no Rexistro Xeral do Concello, en horario de oficina, 09:00-14:00, durante o prazo de cinco (5) días hábiles a contar dende o día seguinte a publicación do anuncio do proceso selectivo no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
Tamén poderán remitirse na forma determinada no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Neste caso os solicitantes deberán comunicalo ou adiantar a solicitude enviada mediante fax, durante o mesmo prazo de presentación de instancias. Se conforme a este precepto se presenta a instancia a través das oficinas de correos, deberá aparecer o selo na propia solicitude. Doutro modo, a data de anotación no Rexistro Xeral será a que se teña en conta a tódolos efectos.
OITAVA. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR.
Os/as aspirantes farán constar na instancia que reúnen tódolos requisitos sinalados na Base Sexta, e achegarán:
Fotocopia do D.N.I. e do permiso de conducir
Solicitude de participación (Anexo I)
Relación dos méritos que aleguen para a súa avaliación na fase do concurso, xunto cos documentos acreditativos correspondentes, segundo o establecido na Base Novena, en orixinal ou fotocopia autorizada por fedatario público, pois non se tomarán en consideración nin serán valorados aqueles méritos que non queden debidamente acreditados, en tódolos seus extremos, no momento da presentación da instancia.
Fotocopia cotexada do certificado do título de diplomatura universitaria en traballo social ou do título de grao en traballo social.
Para que teñan validez neste proceso selectivo, os documentos que se presenten deberán estar expedidos nalgunha das linguas oficiais na Comunidade Autónoma de Galicia.
Rematado o prazo dos cinco días hábiles fixado para a presentación de solicitudes por Resolución de Alcaldía acordarase a aprobación da lista de admitidos e excluídos, con especificación, no seu caso, dos motivos de exclusión, a cal se publicará no taboleiro de anuncios da Casa Consistorial e na páxina web: https://www.valadouro.org/.
Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de 2 días hábiles, contados a partires do seguinte ao da publicación do acordo, para poder emendar, no seu caso, o defecto que houbera motivado a exclusión. No suposto de producirse reclamacións deberá tomarse novo acordo estimándoas ou desestimándoas no prazo de dous días hábiles coa publicación da lista definitiva no Taboleiro de anuncios. No caso de non presentarse reclamacións polos aspirantes excluídos (de existir) a lista publicada terá carácter definitivo. De non existir aspirantes excluídos, o Alcalde poderá elevar a definitiva a lista provisional na mesma resolución de aprobación.
O feito de figurar incluído/a na relación de admitidos/as non prexulga que se lles recoñeza ós/ás interesados/as a posesión dos requisitos esixidos no procedemento selectivo convocado, que deberán ser xustificados documentalmente como paso previo á contratación que corresponda.
NOVENA. SELECCIÓN DOS/AS TRABALLADORES/AS.
O proceso selectivo será o concurso-oposición, e a nota final será a resultante da suma das dúas fases.
Os aspirantes deberán presentarse para a realización do exercicio provistos/as do DNI ou documento fidedigno que acredite a súa identidade, ao xuízo do tribunal.
Soamente accederán a fase de concurso, aqueles/as que houbesen superado a fase de oposición.
Tódolos exercicios da fase de oposición serán obrigatorios e eliminatorios, debendo alcanzarse a puntuación mínima establecida en cada un deles, para poder acceder ao posterior exame ou fase de selección.
Na realización e corrección dos exercicios garantirase o anonimato, para o que o tribunal poderá utilizar os medios que considere oportunos, e quedarán automaticamente anulados os exames asinados e os que conteñan datos que identifiquen o persoal asinante, sinais ou marcas que puidesen romper o anonimato, así como aquel que resulte ilexible.
Para aquelas probas tipo test ou que se publique con posterioridade á realización do exame unha plantilla de resultados, os aspirantes disporán dun prazo de 3 días hábiles para presentar alegacións ás preguntas formuladas, a contar a partir do día seguinte á súa publicación. O tribunal decidirá a aceptación ou rexeitamento das alegacións coa publicación da plantilla definitiva de resultados e publicación das notas acadadas no exercicio.
No caso de empate final na puntuación entre os aspirantes, este resolverase a favor de aquel que teña maior puntuación seguindo a orde de puntuación do proceso selectivo establecido na presente base comezando pola fase de oposición.
- Oposición. Proba de coñecementos.
Os/as aspirantes, previamente a fase de concurso, deberán superar a fase de oposición, que consistirá na realización de dous exercicios eliminatorios: un tipo test e un caso práctico, sendo necesario a cualificación de apto en cada proba para poder acceder á fase posterior de concurso.
- Exercicio obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de 40 preguntas tipo test, con 6 preguntas de reserva, en relación co temario xeral e específico relacionado co anexo II. Neste exercicio cada pregunta constará de catro posibles respostas, sendo soamente unha correcta, penalizando cun punto cada tres respostas incorrectas e non puntuando as preguntas non contestadas. No prazo de dous dias hábiles seguintes á celebración do exame, publicarase o contido do exercicio e a plantilla provisional de respostas correctas no taboleiro de anuncios do Concello (Casa Consistorial) e na sede electrónica do concello. Puntuación máxima por este exercicio 10 puntos sendo preciso obter un mínimo de 5 puntos para superalo.
- Exercicio de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistira na resolución por escrito nun prazo máximo de dúas horas, de un ou varios supostos prácticos, partindo do plantexamento de supostos reais, e que deberan versar sobre o temario do Anexo II. O exercicio cualificarase a de 0 a 10 puntos e, para superalo, será necesario obter un mínimo de 5 puntos.
- Os méritos serán valorados cuantitativamente polo Tribunal de selección que se constitúa, e os méritos dos aspirantes serán valorados como se indica a continuación.
Na selección valoraranse os seguintes méritos:
A)Experiencia Máximo 3,00 puntos :
– Por servizos prestados na Administración Pública en postos con funcións propias da praza que se aspire aos que se concorre: 0,05 puntos / mes. Non se computarán os períodos inferiores ao mes.
– Por servizos prestados en empresas privadas en postos equivalentes aos que se concorre na Administración Pública : 0,025 puntos/mes. Non se computarán os períodos inferiores ao mes .
Para a xustificación deste apartado, os/as aspirantes deberán presentar documentación acreditativa dos servizos prestados:
-No caso de traballadores por conta allea: a través de, copia cotexada de contrato de traballo e informe de vida laboral elaborado pola Tesourería Xeral da Seguridade Social, ou ben, de certificado, no caso da Administración, ou certificado de empresa, no caso da empresa privada, sempre que quede acreditado de forma clara e expresa, a duración do contrato, traballo desempeñado e xornada; no caso de xustificarse os servizos prestados con contrato de traballo, deberá achegarse ademais informe de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.
-No caso de traballador/a autónomo/a: mediante o informe de vida laboral elaborado pola Tesourería Xeral da Seguridade Social no que conste o epígrafe de cotización. De ser o caso contrato de arrendamento de servizos ou calquera outro documento que acredite de forma clara e expresa a natureza da actividade.
-No caso de traballos no extranxeiro: mediante certificación oficial na que conste a ocupación ou profesión exercida e coa categoría profesional esixida nas presentes bases e os seus períodos de tempo.
B) Formación, sempre que teñan relación directa coas actividades ao desenvolver no posto de traballo ó que se opta, valorarase a formación nas materias propias do posto. Máximo: 2,00 puntos.
Cursos de máis de 50 horas: 0,50 puntos/curso.
Cursos de entre 20 e 50 horas: 0,20 puntos/curso.
Cursos de menos de 20 horas: 0,10 puntos/curso.
A formación dos/as traballadores/as acreditarase mediante a presentación de copia dos certificados acreditativos de ter realizada a acción formativa, na que conste o número de horas de formación realizada. No suposto de que non conste o número de horas da acción formativa, entenderase que teñen unha duración inferior a 20 horas, e puntuarase con 0,10 puntos por curso.
Non se valorarán as asistencias a xornadas, conferencias ou cursos en xeral dunha duración inferior a cinco horas. Só se valoraran os cursos impartidos por organismos oficiais ou debidamente homologados. Non serán obxecto de valoración as certificacións expedidas por academias privadas se non se xustifica a homologación sinalada. Os méritos non xustificados documentalmente ou insuficientemente xustificados non serán obxecto de valoración.
Unha vez publicado o resultado do tribunal cualificador, os/as solicitantes terán un prazo de dous (2) días hábiles para a presentación de reclamacións. Esta reclamación será contestada nun prazo máximo de sete (7) días hábiles. Transcorrido o prazo sen reclamacións a lista provisional entenderase elevada automaticamente a definitiva. No suposto de producirse reclamacións deberá ditarse unha nova resolución estimándoas ou desestimándoas e publicarase a lista definitiva de puntuacións no taboleiro de anuncios da Casa do Concello e na na sede electrónica do concello no prazo máximo de tres (3) días hábiles.
As persoas que non consigan praza pasarán a formar parte dunha bolsa complementaria de traballo.
Formarán parte da bolsa automáticamente e en primeiro lugar as persoas que estean en activo no Concello de O Valadouro no posto de traballador/a social e complementariamente todas as persoas que formen a bolsa complementaria, de tal maneira que, se o Concello precisa dun/ha traballador/a destas características, acudirá a dita bolsa chamando ao/á primeiro/a deles/as. En caso de renuncia chamarase ao/á seguinte da lista e así consecutivamente.
Cando aquel/a rexeitara o chamamento, suporá pasar ao final da lista, salvo que se dean as circunstancias de estar xa traballando ou enfermo/a, o que deberá xustificarse aportando a documentación necesaria e mantendo o posto que ten na bolsa. A segunda renuncia inxustificada conlevará a exclusión definitiva da bolsa.
Así mesmo, no suposto de que a persoa seleccionada da bolsa non xustifique a documentación requirida no punto undécimo das presentes bases, pasara ao final da lista. No caso de que sexa chamado por segunda vez e non aporte dita documentación quedara excluído definitivamente da bolsa.
DÉCIMA. TRIBUNAL
1) Os membros do tribunal cualificador serán designados por Decreto de Alcaldía segundo o disposto no art. 4, parágrafos e) e f) do Real decreto 896/91, do 7 de xuño, así como artigo 60 do Real Decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro. Artigo 48 do Decreto Lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais de Comunidade Autónoma de Galicia en Materia de Igualdade.
2) O tribunal cualificador estará integrado por tres (3) membros titulares e tres (3) suplentes, sendo a súa composición a seguinte: presidente/a, secretario/a e vogal, tendo en conta a paridade entre homes e mulleres.
Os membros dos órganos de selección deben pertencer a un corpo, escala ou categoría profesional no cal se requira unha titulación de nivel igual ou superior ao esixido para participar no proceso selectivo.
3) A pertenza aos órganos de selección será sempre a título individual, non podendo ostentarse en representación nin por conta de ninguén. Non poderán formar parte do tribunal as persoas de elección ou designación política, os/as funcionarios/as interinos/as, laboral temporal, o persoal eventual e as persoas que nos cinco (5) anos anteriores á publicación da convocatoria tivesen realizado tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas ou tivesen colaborado durante ese período con centros de preparación de opositores.
4) A resolución co nomeamento do tribunal e os suplentes, xuntamente coa lista definitiva de admitidos/as, publicarase no taboleiro de anuncios da corporación, así como na sede electrónica do concello.
5) Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, comunicándolle ao Sr. Presidente cando concorra neles algunha das circunstancias previstas no artigo 23 da Lei 40/2015 de réxime xurídico do sector público
Así mesmo, os aspirantes poderán recusar aos membros do tribunal cando concorra neles algunha das circunstancias previstas para a abstención e de conformidade co establecido no artigo 24 da Lei 40/2015.
6) A partir da sesión de constitución o tribunal, para actuar validamente, requirirá a presenza da maioría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes, e axustará as súas actuacións en todo momento ao disposto na Lei 40/2015 de réxime xurídico do sector público e as bases reguladoras de esta convocatoria.
7) O Tribunal, previo nomeamento por Resolución de Alcaldía, poderá contar con asesores/as especialistas para a realización de todas ou algunha das probas.
UNDÉCIMA. PROPOSTA DE CONTRATACIÓN.
Valorados tódolos méritos alegados polos/as aspirantes que reúnan as condicións esixidas, o tribunal formulará a correspondente proposta de designación a favor dos/as candidatos/as que obtivesen a maior puntuación. No suposto de empate a puntos entre varios/as aspirantes atenderase á maior puntuación obtida por experiencia e, se persiste o empate, á maior puntuación por formación. De persistir o empate, resolverase mediante unha entrevista curricular entre os/as implicados/as. En ningún caso o tribunal cualificador poderá propoñer para a contratación maior número de aspirantes que postos convocados.
O/a aspirantes proposto/a achegará no prazo de dous (2) días hábiles, contados a partir da publicación da lista de aprobados no Taboleiro de Anuncios e na sede electrónica do Concello os documentos seguintes (sempre que non os tivese presentado coa solicitude):
-Declaración xurada de que non foi separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración Pública, nin atoparse inhabilitado/a para o exercicio da función pública por sentencia firme.
-Declaración xurada de non atoparse incurso en ningunha causa de incapacidade e incompatibilidade de conformidade coa lexislación vixente e referido ao momento da súa toma de posesión.
-Certificado de titularidade da conta bancaria.
-Fotocopia da tarxeta da Seguridade Social.
Finalizada a selección formalizarase o oportuno contrato laboral temporal de traballo.
O órgano de selección é competente para resolver as dúbidas que se presenten e tomar os acordos necesarios para o bo funcionamento de esta convocatoria.
Todos os avisos, citacións e convocatorias que se realicen aos/ás aspirantes, que non sexan os/as que obrigatoriamente se mencionan nestas bases, realizaranse unicamente por medio do taboleiro de Edictos do Concello e na Sede electrónica.
DUODÉCIMA. RECURSOS.
Contra a resolución, que é definitiva en vía administrativa e pola que se aproban as bases desta convocatoria poderán os/as interesados/as interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o Sr. Alcalde-Presidente do Concello de O Valadouro, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación segundo o previsto nestas bases ou directamente recurso contencioso administrativo, ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses e na forma prevista na lexislación reguladora de dita Xurisdición, sen prexuízo de que poida interpoñer calquera outro que estime procedente. “
ANEXO II TEMARIO
A) MATERIAS COMÚNS.
Tema 1.- A Constitución Española de 1978 e principios xerais desta. O Estatuto de Autonomía de Galicia.
Tema 2.- Principios de actuación das Administracións Públicas. A modernización da Administración Pública e a calidade na prestación dos servizos. A administración electrónica.
Tema 3.- As fontes do Dereito Público na Administración Local. A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas. Os dereitos das persoas nas súas relacións coas administración públicas.
Tema 4.- Os dereitos da persoa interesada no procedemento administrativo. Fases do procedemento administrativo común: Iniciación, ordenación, instrución, finalización e execución.
Tema 5.- O Municipio no réxime local: as súas competencias. Órganos de decisión colexiados e unipersonais e organización complementaria.
Tema 6.- O persoal ao servizo da Administración Local. Clases. Dereitos e deberes dos empregados públicos. O código de conduta. Principios éticos e de conduta. A responsabilidade do persoal ao servizo das Administración Públicas.
B) MATERIAS ESPECÍFICAS.
Tema 1.- O marco legal dos servizos sociais: Constitución Española, Estatuto de Autonomía de Galicia. A Lei de Bases de Réxime Local. A Lei de Administración Local de Galicia. A Política Social na Unión Europea. A Carta Social Europea. O Fondo Social Europeo.
Tema 2.- O sistema español de seguridade social. Lei protectora. Prestacións. Pensións contributivas. Pensións non contributivas. A Lei de Servizos Sociais de Galicia. Estrutura e contido. Principios xerais. Dereitos e deberes dos usuarios.
Tema 3.- O traballo social, concepto, fundamentos e principios. Suxeitos e contido. Niveis de intervención. Antecedentes históricos dos servizos sociais. A acción social municipal. Os servizos sociais comunitarios . Referencias legais. Funcións. Programas básicos de actuación .
Tema 4. – Os servizos sociais especializados . Referencias legais. Funcións. Competencias e organización. Equipamentos. Entidades prestadoras dos servizos sociais. Centros de Servizos Sociais. Autorización e acreditación de centros.
Tema 5 .- O plan concertado para o desenvolvemento das prestacións básicas de servizos sociais nas Corporacións Locais. Concepto e obxectivos. Programas e compromisos.
Tema 6.- Proceso metodolóxico no traballo social. Correntes metodolóxicas. Proceso metodolóxico na planificación, aproximación á realidade social. Formulación de prioridades. A planificación como parte do proceso metodolóxico no traballo social. O traballador social como xestor de recursos.
Tema 7.- Código deontolóxico. Segredo profesional no traballo social. A investigación en traballo social. As necesidades sociais. Tipoloxía, identificación e medidas. Técnicas aplicables.
Tema 8.- Técnicas de traballo social. Instrumentos de coñecemento, de intervención e de avaliación. Ficha e informe social. Definición e obxectivos. A aplicación das novas tecnoloxías ao traballo social. O sistema de Información de usuarios de servizos sociais e o manual de traballo, información e asesoramento en Servizos Sociais.
Tema 9.- A entrevista. Concepto. Características. Estrutura e proceso da entrevista. Interdisciplinariedade, concepto e obxectivos. O traballador social como membro dun equipo interdisciplinar, fundamento, funcións e principios.
Tema 10.- Financiamento dos servizos sociais. Prestacións, axudas e subvencións. As previsións de financiamento. Estruturas e xestión orzamentaria no ámbito dos servizos sociais
Tema 11.- O servizo de axuda no fogar. Definición e obxectivos. Beneficiarios. Prestacións e tarefas. Funcións do/da Traballador/a Social. A lexislación galega en materia de inserción social. Estrutura e contido. Desenvolvemento das prestacións básicas.
Tema 12.- Lexislación en materia de promoción da autonomía persoal e atención a persoas en situación de dependencia. Definicións. Niveis de protección. Prestacións e catálogo de servizos.
Tema 13.- O procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións de autonomía e atención á dependencia. Procedemento para a elaboración do Programa Individual de Atención. Organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.
Tema 14.- Aspectos sociais do envellecemento. Necesidades sociais . Programas Recursos. Centros de persoas maiores. Requisitos e tipoloxía. As persoas discapacitadas. Necesidades e Recursos. Centros e Servizos especializados. Procedemento do recoñecemento e cualificación do grao de minusvalía. Vantaxes do certificado de minusvalía.
Tema 15.- Lexislación en materia de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas de Galicia. O proceso de incapacitación xudicial. A tutela. A Fundación Galega para a Tutela de Adultos.
Tema 16.- Lexislación galega en materia de prevención e tratamento integral da violencia de xénero. O papel do traballador social nos servizos sociais de atención á muller. Orde de protección das vítimas de violencia de xénero. Protocolo de actuación para a atención de mulleres que sofren violencia de xénero.
Tema 17.- Cobertura de asistencia sanitaria ás persoas sen recursos económicos suficientes. Persoas estranxeiras e en desemprego. Lexislación galega sobre drogadiccións. Alcoholismo. Factores psicosociais. Problemática sociolaboral e familiar. A intervención social dende os servizos sociais comunitarios.
Tema 18.- A enfermidade mental: principais categorías diagnósticas. Aspectos legais. Problemática do enfermo mental. Influencia dos factores psicosociais na saúde mental. Dispositivos básicos de saúde mental e funcións. O papel do traballador social.
Tema 19.- A mediación familiar. Concepto. A figura do mediador. Lexislación en materia de mediación familiar. Lexislación galega de familia, infancia e adolescencia: obxecto ámbito de aplicación e principios reitores. A intervención do traballador social dende o ámbito comunitario.
Tema 20.- Os malos tratos na infancia. Definición. Tipoloxía. Factores de risco. Situación de desamparo O proceso de intervención ante o maltrato infantil. Prevención, detección e tratamento social. O papel dos servizos sociais comunitarios.
Tema 21.- Asociacionismo e Voluntariado social. Concepto. Características A lexislación galega de voluntariado social. Organizacións non gobernamentais. Concepto e tipos.
Tema 22.- Minorías étnicas. Características e necesidades sociais. Aspectos demográficos. Programas servizos e recursos de intervención social. A Marxinación e exclusión social. O fenómeno sinfogarismo: características e tipoloxía . Recursos e procesos de intervención social con estes colectivos.
Tema 23.- O papel do/da traballador/a social na acción integradora nos niveis educativo e laboral e de ocio e tempo libre.
Tema 24.- O papel do/da traballador/a social na acción dinamizadora da comunidade. Ficheiro de recursos nos distintos ámbitos de intervención do traballador social.