Publicadas as bases para a contratación de 2 operarios/as (oficiais de 1º) para o servizo de mantemento de vias municipais no Concello de O Valadouro.

Este contrato está financiado dentro do Plan de Fomento do Emprego (Plan Único 2019) da Deputación de Lugo cun importe de 17315,44€.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello do Valadouro no prazo de cinco (5) días hábiles contados dende o día seguinte da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.