Plan Deputación de Lugo de Cooperación cos concellos 2024

Programa Reforzo de Emprego – Plan de Deputación de Lugo 2024.

Confección listaxe de emprego complementaria de funcionarios interinos

Postos:

2 conductores (permiso de conducir tipo C)

Duración:

2 conductores (9 meses desde o nomeamento)

Tipo: funcionario interino.

Inscricións: ⏳3 días habiles desde o seguinte á publicación da bases no Boletín oficial da Provincia. (10 de xuño de 2024).

⌛️Do 11 ó 13 de xuño

https://cutt.ly/7eooJRyK

Redes

BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA PARA A CREACIÓN DE UNHA LISTAXE DE EMPREGO COMPLEMENTARIA DE FUNCIONARIOS INTERINOS PARA A EXECUCIÓN DO PROGRAMA DE CARÁCTER TEMPORAL (2 OPERARIOS/AS CONDUTORES SERVIZO VÍAS E OBRAS AO ABEIRO DO PLAN DEPUTACIÓN DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2024– PROGRAMA REFORZO DO EMPREGO)

PRIMEIRA.— OBXECTO E NORMAS DE APLICACIÓN

É obxecto desta convocatoria establecer o procedemento de selección para a elaboración dunha listaxe de emprego temporal para prestar servizos como persoal funcionario interino (2 OPERARIOS/AS CONDUTORES SERVIZO VÍAS E OBRAS- PROGRAMA REFORZO DO EMPREGO) no Concello de O Valadouro atopándose incluído no artigo 10.c) do Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público aprobado polo Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, complementaria á constituída por Resolución da Alcaldía nº 319/2024 de data 03/06/2024.

As probas selectivas para o acceso ás convocadas seralles de aplicación a Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, Real Decreto Lexislativo 781/86 do 18 de abril, Texto Refundido das Disposicións Legais vixentes en materia de Réxime Local, Lei 5/1997 do 22 de xullo de Administración Local de Galicia, Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, Lei 2/2015 do 29 de abril do emprego público de Galicia, Real Decreto Lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores e demais disposicións aplicables.

SEGUNDA.— CARACTERÍSTICAS DO POSTO DE TRABALLO

  • Denominación: 2 Operarios/as condutores.
  • Xustificación do nomeamento: Artigo 10.c) do Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público aprobado polo Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro: A execución de programas de carácter temporal, que non poderán ter unha duración superior a tres anos, ampliable ata doce meses máis polas leis de Función Pública que se diten en desenrolo de este Estatuto. A duración deste Programa de Carácter Temporal terá unha duración de once meses dende o nomeamento do primeiro operario/a condutor/a do Servizo de Vías e Obras. Sendo o nomeamento de cada un dos traballadores por un período de nove meses.
  • Servizo de vías e obras do Concello do Valadouro.
  • As tarefas dos 2 Operarios condutores servizo de Vías e Obras:
  • Conducción de tractores.
  • Conducción de maquinaria.
  • Calquera outra función relacionada co seu posto de traballo que lle encomende o seu superior xerárquico.
  • Retribucións: As retribucións que correspondan segundo a lexislación vixente.

TERCEIRA.—REQUISITOS DOS ASPIRANTES

1. Tódolos requisitos así como os méritos alegados para o concurso, deberán reunirse á data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

2. Con carácter xeral os aspirantes, con anterioridade á finalización do prazo de presentación de instancias, deberán reunilos seguintes requisitos para poder tomar parte nas probas de selección:

a) Ter a nacionalidade española. Tamén poderán participar os nacionais dos Estados Membros da Unión Europea, os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros Estados Membros da Unión Europea, calquera que sexa a súa nacionalidade e sempre que non estean separados de dereito, e os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores de dita idade dependentes; as persoas incluídas no ámbito de aplicación dos Tratados Internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores; e os estranxeiros co residencia legal en España.

b) Ter cumpridos 16 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

c) Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desempeño das funcións propias do posto de traballo para o que se opta. A estes efectos, establécese a igualdade de condicións das persoas con diversidade funcional cos demais aspirantes, non podendo fixarse con carácter xeral limitacións físicas ou psíquicas senón nos casos en que sexan incompatibles co normal desempeño do traballo correspondente, adoptándose polo Tribunal cualificador medidas e medios para a realizacións das probas, de forma que gocen de igualdade de oportunidades cos demais participantes. A condición de minusvalía e a súa compatibilidade acreditarase con certificación expedida polo organismo competente.

d) Non haber sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin se achar en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para acceso ao Corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral, no que houbese sido separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non acharse inhabilitado ou en situación equivalente nin haber sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.

e) Non incorrer en causa de incompatibilidade ou de incapacidade, conforme á normativa vixente.

3. Serán requisitos específicos:

  • Permiso de conducir clase C.
  • Será imprescindible que as persoas a contratar a través deste programa produzan novas contratacións no Concello, polo que a situación ou procedencia dos candidatos debe provir de situación de desemprego ou de mellora de emprego con indepencia de que a xornada laboral sexa parcial ou completa.

CUARTA.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

1.-As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante instancia dirixida ao Sr. Alcalde, en modelo que se facilitará no Rexistro Xeral da Corporación, nas que se fará constar que se reúnen todos e cada un dos requisitos establecidos na base terceira desta convocatoria.

2.- Os aspirantes con algunha diversidade funcional terán que indicalo na solicitude, acompañada da correspondente documentación acreditativa. Así mesmo, terán que solicitar as posibles adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios nos que esta adaptación sexa necesaria.

3.-As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello do Valadouro no prazo de tres (3) días HÁBILES contados dende o día seguinte da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Tamén se poderán presentar na forma que determina o artigo 16.4 da Lei 39/15, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas; neste caso, os concursantes deberán comunicalo mediante fax (982 574303) durante o mesmo prazo que o de presentación de instancias.

4.- A solicitude irá acompañada da seguinte documentación:

  • Copia cotexada do Documento Nacional de Identidade ou documento identificativo.
  • Copia cotexada do permiso de conducir esixido.
  • Relación dos méritos que aleguen para a súa avaliación na fase de concurso, que se acompañará da documentación orixinal (ou fotocopias autenticadas) acreditativa dos mesmos.
  • Celga 2 ou deberán superar un exame de galego coa cualificación de APTO.

Non se terán en conta nin serán valorados aqueles méritos que non estean acreditados na forma indicada. Tampouco se terán en conta aqueles méritos que non se acrediten suficientemente no momento de rematar o prazo de presentación de instancias.

Para que teñan validez neste proceso selectivo, tódolos documentos que se presenten deberán estar expedidos nalgunha das linguas oficiais na Comunidade Autónoma de Galicia (galego ou castelán). No caso de tratarse de documentos expedidos noutras Comunidades Autónomas do Estado Español, para que teñan validez deberán estar redactados en lingua castelá ou traducidos polo organismo competente da respectiva Comunidade. Tratándose de documentos expedidos nun país estranxeiro, deberán estar traducidos, validados e apostilados pola correspondente oficina diplomática española ou organismo competente.

Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española e sexan nacionais dun Estado Membro da Unión Europea, con dereito a participar nalgún proceso selectivo, deberán presentar unha fotocopia do Pasaporte ou documento que acredite a súa identidade e nacionalidade. De ser o caso, tamén presentarán os documentos que confirmen o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo dunha persoa nacional doutro Estado co que teña o dito vínculo. Así mesmo, deberán achegar unha declaración xurada ou promesa de dita persoa de que non está separado de dereito do seu cónxuxe e, ser o caso, do feito de que o aspirante vive ás súas expensas ou de que está ao seu cargo.

Os demais aspirantes estranxeiros, xunto coa fotocopia do seu Pasaporte en vigor, deberán acompañar copia do documento que acredite que están habilitados a residir e a poder acceder sen limitación ao mercado laboral en España.

Coa presentación da instancia para tomar parte no proceso selectivo entenderase que os interesados aceptan e acatan todas e cada unha das bases desta convocatoria.

QUINTA.—ADMISIÓN DE ASPIRANTES

1. Rematado o prazo para presentalas instancias, o Alcalde ditará resolución no prazo máximo de dous días hábiles que conterá:

  • A lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos, con indicación, se é o caso, das causas de exclusión.
  • A designación do tribunal cualificador e a data da súa constitución.
  • A data, hora e lugar en que se realizará a proba práctica, valoración de méritos e, de ser o caso, proba de galego.

Esta resolución publicarase de xeito íntegro no Taboleiro de Anuncios do Concello e na sede electrónica.

2. Os aspirantes excluídos dispoñen dun prazo de dous días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación da antedita resolución, para presentar as reclamacións oportunas ou emendas de defectos.

3. Transcorrido o prazo de subsanación, as reclamacións, se as houbera, serán aceptadas ou rexeitadas mediante resolución pública de Alcaldía, publicada no taboleiro de anuncios e na sede electrónica, aprobando a lista definitiva de admitidos e excluídos.

4. De non haber excluídos ou se non se presentaran reclamacións, a lista provisional elevarase a definitiva automaticamente.

5. A inclusión dos aspirantes nas listas de admitidos non supón, en ningún caso, o recoñecemento por parte desta Administración Municipal de que aqueles reúnen os requisitos esixidos para ser nomeados como funcionarios interinos, requisitos que se deberán acreditar segundo o establecido na base 9ª.

SEXTA.—TRIBUNAL CUALIFICADOR

Os membros do Tribunal Cualificador serán designados polo Sr. Alcalde – Presidente segundo o disposto no Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, e en atención ao principio de imparcialidade e profesionalidade dos seus membros.

A totalidade dos seus membros deberá posuír un nivel de titulación igual ou superior á esixida para o aceso á praza obxecto desta convocatoria.

Deberá tenderse na súa composición, á paridade entre home e muller.

A pertenza ao mesmo será sempre a título individual non podendo ostentarse esta en representación ou por conta de ninguén.

Non poderán formar parte do Tribunal os funcionarios ou laborais que realizaran tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á convocatoria.

O tribunal de selección poderá dispoñer a incorporación de asesores especialistas, para todas ou algunhas das probas, que colaborarán co órgano de selección exclusivamente no exercicio das súas especialidades técnicas sen que sexan integrantes do Tribunal, correspondéndolle o asesoramento e ilustración do parecer dos seus membros.

O tribunal cualificador estará integrado do seguinte feito:

  • Presidente: Un funcionario de carreira. Con voz e voto.
  • Secretario: Un funcionario de carreira. Con voz e voto.
  • Vogal: Un funcionario de carreira. Con voz e voto.

A súa composición farase pública na mesma resolución da Alcaldía pola que se aproba a lista provisional de admitidos e excluídos.

Os membros do Tribunal deberán absterse de intervir, notificándoo á autoridade convócante, cando concorra algunha das circunstancias previstas no art. 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público. Así mesmo, os aspirantes poderán recusar aos membros do tribunal cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 24 da lei citada.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros. En todo caso, será precisa a asistencia do Presidente e Secretario.

O Tribunal Cualificador queda autorizado para resolver as dúbidas que se presenten e para tomar os acordos necesarios para a boa orde do proceso selectivo, en todo o non previsto nestas bases.

SÉTIMA.—PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN E CUALIFICACIÓN

O proceso de selección: Concurso- oposición

FASE DE CONCURSO: O Tribunal terá en conta os méritos alegados e acreditados, de acordo co seguinte baremo:

  1. Cursos e outras actividades de formación relacionados coas funcións do postos (máximo 2,00 puntos) Acreditarase mediante copia do Título, Diploma ou certificación.
  2. Cursos de duración igual ou inferior a 10 horas ou duración non acreditada: 0,05 puntos por cada un.
  3. Cursos de máis de 10 horas e ata 25 horas: 0,10 puntos por cada un.
  4. Cursos de mais de 25 horas e ata 50 horas: 0,15 puntos por cada un.
  5. Cursos de mais de 50 horas e ata 100 horas: 0,20 puntos por cada un.
  6. Curso de mais de 100 horas e ata 150 horas: 0,25 punto por cada un.
  7. Cursos de mais de 150 e ata 200 horas: 0,30 puntos por cada un.
  8. Por cada curso de mais de 200 horas: 0,35 puntos.
  • Experiencia profesional (máximo 6,00 puntos) Acreditarase a través de certificación oficial de vida laboral actualizada e a copia do contrato ou certificado de empresa en que consten as tarefas realizadas e a duración.
  • Por cada mes de servizo realizando tarefas directamente relacionadas co posto ofertado nunha Entidade pública…………………………….0,40 Puntos.

    FASE DE OPOSICIÓN:  Proba Práctica. (Máximo 12,00 Puntos)

Realizarase unha ou varias probas prácticas sobre as funcións a realizar.

A valoración da/s proba/s será entre 0 e 12 puntos, sendo preciso obter un mínimo de 6 puntos para superar o proceso selectivo.

OITAVA.- RELACIÓN DE APROBADOS E ACREDITACIÓN DE REQUISITOS ESIXIDOS

Unha vez terminada a avaliación dos aspirantes e consideradas as reclamacións presentadas, o Tribunal fará pública a relación de aprobados por orde de puntuación na sede electrónica deste Concello e no Taboleiro de Edictos do mesmo.

Posteriormente, vistas e informadas as alegacións que no seu caso se presentaron, elevarase á Alcaldía a acta do proceso selectivo para que se aprobe a constitución da bolsa coa orde de prelación definitivo de aspirantes, que deberá publicar na sede electrónica do Concello.

Ao constar de dúas fases diferenciadas o Programa de Carácter Temporal polo que se elaboran estas bases, cada un dos nomeamentos levaranse a cabo por unha duración de 9 meses, facendo o chamamento en primeiro lugar ao aspirante que obtivera unha maior puntuación e encabece a bolsa aprobada pola Alcaldía, e facendo un segundo chamamento ao aspirante que apareza en segundo lugar aos dous meses dende o primeiro dos chamamentos.

Os aspirantes propostos, cando sexan requiridos para o seu nomeamento, achegarán ante a Administración as condicións de capacidade que lle sexan requiridos.

Quen, dentro do prazo indicado, e salvo os casos de forza maior, non presentase       a documentación ou da mesma deducísese que carece dalgún dos requisitos esixidos, non poderá ser nomeado, quedando anuladas todas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que puidese incorrer por falsidade nas súas solicitudes de participación.

As propostas de nomeamento serán adoptadas polo órgano competente a favor dos aspirantes segundo a orde de prelación da relación de persoas aprobadas. Se o aspirante ao que lle correspondese o nomeamento non fose nomeado, ben por desistencia ou por non reunir os requisitos esixidos, convocarase ao seguinte candidato que superase o proceso de selección.

Así mesmo, informarase aos aspirantes acerca do tratamento dos seus datos persoais e do compromiso de confidencialidade con ocasión da relación que se establece co Concello.

Os nomeamentos derivados deste proceso de selección en ningún caso dará lugar ao recoñecemento da condición de funcionario de carreira.

NOVENA. ELABORACIÓN E FUNCIONAMENTO DA BOLSA DE EMPREGO PARA O PROGRAMA ESPECÍFICO DE REFORZO DE EMPREGO 2024 – 2 OPERARIOS CONDUTORES DO SERVIZO DE VÍAS E OBRAS.

Coa lista de persoas que superasen o proceso selectivo constituirase nunha bolsa de emprego complementaria á constituída por Resolución da Alcaldía nº 319/2024 de data 03/06/2024, á que se acudirá para a realización dos chamamentos e para o caso de que as prazas convocadas ao abeiro desta convocatoria quedasen definitivamente vacantes por algunha circunstancia ou para realizar algunha substitución temporal con reserva de praza (referida as prazas desta convocatoria).

A bolsa de emprego estará formada por orde das puntuacións obtidas (suma da fase de concurso e da fase de oposición).

DÉCIMA.—NOMEAMENTO.

Unha vez aceptado o chamamento, a Presidenta da Corporación, fará o nomeamento a favor das persoas integrantes da listaxe de emprego por orde do posto que ocupen na mesma e con indicación expresa do programa de carácter temporal que xustifique o seu nomeamento.

Asimesmo, na acta de toma de posesión indicarase a duración do programa de carácter temporal (nove meses).

UNDÉCIMA.- TOMA DE POSESIÓN.

A toma de posesión dos funcionarios interinos terá lugar dentro do prazo de cinco días hábiles, a contar desde a data de publicación do acordo de nomeamento. Quen no prazo indicado non tome posesión sen causa xustificada quedará na situación de cesante, con perda de tódolos dereitos derivados da convocatoria e do nomeamento conferido.

Mentres non se realice a toma de posesión e non se incorporen ao posto de traballo, o aspirante non terá dereito a percepción económica de ningunha clase.

A persoa nomeada estará obrigada a prestar a súa xornada de traballo na medida e forma requiridas polo interese do servizo, con horario de mañá ou de tarde, ou mesmo fraccionado a xornada se fose preciso, e de acordo coa lexislación aplicable.

DUODÉCIMA.- FINALIZACIÓN DA RELACIÓN DE INTERINIDADE.

A Administración formalizará de oficio a finalización da relación de interinidade por calquera das seguintes causas, ademais de polas previstas no artigo 63 do texto refundido da lei do Estatuto Básico do Empregado Público, sen dereito a compensación algunha:

  1. Pola finalización do prazo autorizado expresamente recollido no seu nomeamento.
  • Pola finalización da causa que deu lugar ao seu nomeamento.

DÉCIMO TERCEIRA.- INCOMPATIBILIDADES

O aspirante proposto quedará suxeito, no seu caso, ao cumprimento das prescricións contidas na Lei 53/1984, de 26 de decembro, sobre Incompatibilidades do Persoal ao Servizo das Administracións Públicas, e demais normativa aplicable.

DÉCIMO CUARTA.—NORMAS FINAIS

Primeira.- Para todo o non previsto nestas bases, será de aplicación supletoria o establecido na Lei Estatuto Básico do Empregado Público, na Lei reguladora das Bases do Réxime Local, na Lei de Administración Local de Galicia, na Lei de medidas para a reforma da Función Publica, na Lei de emprego público de Galicia, no Real Decreto 896/1991, sobre regras básicas e programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración Local, no Real Decreto 364/1995, polo que se aproba o Regulamento Xeral de ingreso do Persoal ao Servizo da Administración do Estado e na demais lexislación vixente que sexa de aplicación.

Segunda.- Agás a convocatoria, que se publicará segundo se establece na base 4ª, os sucesivos actos e comunicacións que se deriven da celebración do proceso selectivo faranse públicos, exclusivamente, a través do taboleiro de anuncios da Casa do Concello e na páxina web do Concello.

Terceira.- Tódolos actos administrativos derivados desta convocatoria, así como das actuacións dos tribunais cualificadores, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos pola Lei de procedemento administrativo e normas vixentes concordantes.

A presentación de reclamacións non suspenderá a continuación do proceso selectivo, salvo que así o decida o órgano convocante do mesmo.

Cuarta.- Contra as presentes bases e a resolución que as aproba, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer RECURSO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO ante o Xulgado Contencioso Administrativo, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria.

Con carácter potestativo e previo, poderá interpoñerse RECURSO DE REPOSICIÓN ante o mesmo órgano que adoptou o acordo de aprobación, no prazo de un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso administrativo ata que se resolva expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

Todo iso sen prexuízo de que poida exercitar calquera outro que estime procedente.

ANEXO I

SOLICITUDE DO INTERESADO

(BOLSA DE TRABALLO COMPLEMENTARIA FUNCIONARIOS INTERINOS PARA EXECUCIÓN DO PROGRAMA DE CARÁCTER TEMPORAL – 2 OPERARIOS/AS CONDUTORES REFORZO DO EMPREGO 2024)

DATOS DO INTERESADO
NOME E APELIDOSNIF
  
DATOS DE NOTIFICACIÓN
NOTIFICACIÓN ELÉCTRÓNICA 
NOTIFICACIÓN POSTAL 
DIRECCIÓN
 
CÓDIGO POSTALMUNICIPIOPROVINCIA
   
TELÉFONOMÓBILCORREO ELECTRÓNICO
   
EXPÓN Que, tendo coñecemento do procedemento convocado para a constitución dunha bolsa de emprego, conforme ás bases publicadas para a creación dunha listaxe de emprego temporal de funcionarios interinos para a execución do programa (2 OPERARIOS/AS CONDUTORES SERVIZO VÍAS E OBRAS AO ABEIRO DO PLAN DEPUTACIÓN DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2024 – PROGRAMA REFORZO DO EMPREGO),   DECLARA BAIXO A SÚA RESPONSABILIDADE Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 do texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.Non haber sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin acharse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non acharse inhabilitado ou en situación equivalente nin ser sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.Acreditación do nivel de idioma galego Celga 2:SINON   Reunir todos e cada un dos requisitos esixidos nas bases da convocatoria, referidos á data de expiración do prazo de presentación de solicitudes, e mantelos ata o seu nomeamento.   Relación de méritos alegados (IMPRESCINDIBLE ACHEGAR COPIA E ORIXINAL) xunto co presente anexo.   ____________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________   Por todo o cal, SOLICITO que, de conformidade co disposto nos artigos 55 e 56 do texto refundido da Lei de Estatuto Básico do Empregado Público, aprobado por Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, se admita esta solicitude para o proceso de selección de persoal referenciado.   Protección de Datos:   En cumprimento do establecido polo artigo 11 da Lei Orgánica 3/2018 informáselle que o responsable do tratamento do seus datos personais é o Concello de O Valadouro. Os seus datos serán tratados coa finalidade de xestionar a súa solicitude. Pode exercer o seu dereito de acceso, rectificación, supresión, oposición, portabilidade ou limitación do tratamento dirixíndose ao Concello de O Valadouro no seguinte enderezo postal: Rúa Feira Nova, 1. 27770 O Valadouro. Lugo.   Máis información: www.valadouro.gal     En O Valadouro a          de        2024           Asdo: ______________________________________________________________________     SRA. ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE O VALADOURO

Programa financiado por: