Plan Deputación de Lugo de Cooperación cos concellos 2024
-Funcionarios interinos.
2 conductores (permiso de conducir C)
2 peóns de vias e obras (permiso de conducir B)
-Duración do contrato: 9 meses con incorporación inmediata para 2 conductores e 1 peón e dentro de 2 meses para o segundo peón.
Inscrición de instancias: 5 días hábiles a contar desde o seguinte da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia (remata o 7 de maio de 2024).
PROGRAMA DE CARÁCTER TEMPORAL DO SERVIZO DE VÍAS E OBRAS DO CONCELLO DO VALADOURO
AO ABEIRO DO PLAN DEPUTACIÓN DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2024 – PROGRAMA DE REFORZO
DO EMPREGO
- INTRODUCCIÓN:
O Servizo municipal de Vías e Obras é un servizo de prestación obrigatoria en tódolos municipios en virtude
do establecido no artigo 26.1.a) da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora de Bases de Réxime Local. Por tanto,
dito servizo municipal ten carácter de prioritario e esencial, realizando entre outras as seguintes función:
reparación de pavimentos, traballos de albanelaría, extracción e reposición de pavimentos, retirada e colocación de mobiliario urbano, construción de arquetas e imbornais de saneamento, construción de vados
para o paso de peóns, recrecido de calzada para paso de peóns, traballos de reparación e mantemento de
beirarúas,….
Por outra banda, se necesita o desbroce de camiños para o que se fai imprescindible a condución de tractores
e maquinaria coa que conta este Concello.
Ao non dispor este concello de suficientes operarios para a realización dos citados traballos, será preciso a
realización dun proceso selectivo para 4 funcionarios interinos que leven a cabo o desenvolvemento deste
programa de carácter temporal segundo o estipulado no artigo 10.1c) do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de
30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
- OBXECTO DO PROGRAMA:
O obxecto do presente programa, denominado “Programa de carácter temporal do Servizo de Vías e Obras do
Concello do Valadouro ao abeiro do Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2024 – Programa de
Reforzo do Emprego” é o nomeamento de 4 funcionarios interinos para os postos de 2 operarios condutores
e 2 peóns para o Servizo de Vías e Obras do Concello do Valadouro.
Os custos salariais destes 4 funcionarios interinos serán con cargo á axuda concedida a través do Plan
Deputación de Cooperación cos Concellos 2024- Programa Reforzo do Emprego, cuxas bases foron
publicadas no BOP 006 o luns 8 de xaneiro de 2024.
- XUSTIFICACIÓN DA NECESIDADE
Actualmente este concello conta na súa plantilla de persoal con 3 operarios, dos cales ningún desempeña as
funcións específicas de operario condutor nin peón para o Servizo de Vías e Obras, véndose na necesidade de
contratar traballadores ou nomear funcionarios interinos para levar a cabo as tarefas de mantemento de Vías
e Obras do Concello do Valadouro.
Sendo estas tarefas básicas para garantir a seguridade, salubridade e benestar da veciñanza e non
dispoñendo de persoal propio da entidade para realizalas, respondendo a unha necesidade de persoal
urxente e inaprazable, será preciso nomear 4 funcionarios interinos para levar a cabo as citadas tarefas
permitindo asegurar o funcionamento regular das competencias da propia entidade.
As bases do Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2024, establecen que será imprescindible que as
persoas a contratar a través deste programa produzan novas contratacións no Concello, polo que a situación
ou procedencia dos candidatos debe provir de situación de desemprego ou de mellora de emprego con
indepencia de que a xornada laboral sexa parcial ou completa.
- DURACIÓN
A duración do presente programa esténdese por once meses, que se levará a acabo en dúas fases:
A primeira de nove meses dende o nomeamento como funcionarios interinos de:
2 operarios condutores e 1 peón para o servizo de mantemento de vías e obras.
A segunda fase dará comezo dous meses despois do inicio da primeira fase, tendo unha duración de nove
meses, co nomeamento como funcionario interino de:
1 peón para o servizo de mantemento de vías e obras.
En todo caso a finalización do Programa de Carácter Temporal do Servizo de Vías e Obras non poderá ser
posterior ao 31 de outubro de 2025, por estar financiados os custos salariais ao abeiro do Plan Deputación
de Cooperación cos Concellos 2024 – PROGRAMA REFORZO DO EMPREGO, publicado no BOP. 006 O luns 8 de
xaneiro de 2024.
- PREVISIÓN DE EFECTIVOS
Para a execución do presente programa será preciso o nomeamento de 4 funcionarios interinos, 2 operarios
condutores e 2 peóns para o Servizo de Vías e Obras, que cumpran cos seguintes requisitos:
a) Ter a nacionalidade española. Tamén poderán participar os nacionais dos Estados Membros da Unión
Europea, os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros Estados Membros da Unión Europea, calquera
que sexa a súa nacionalidade e sempre que non estean separados de dereito, e os seus descendentes e os do
seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores de
dita idade dependentes; as persoas incluídas no ámbito de aplicación dos Tratados Internacionais celebrados
pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores; e
os estranxeiros co residencia legal en España.
b) Ter cumpridos 16 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
c) Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desempeño das funcións propias do
posto de traballo para o que se opta. A estes efectos, establécese a igualdade de condicións das persoas con
diversidade funcional cos demais aspirantes, non podendo fixarse con carácter xeral limitacións físicas ou psíquicas senón nos casos en que sexan incompatibles co normal desempeño do traballo correspondente,
adoptándose polo Tribunal cualificador medidas e medios para a realizacións das probas, de forma que
gocen de igualdade de oportunidades cos demais participantes. A condición de minusvalía e a súa
compatibilidade acreditarase con certificación expedida polo organismo competente.
d) Non haber sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións
Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin se achar en
inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para acceso ao
Corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal
laboral, no que houbese sido separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non acharse
inhabilitado ou en situación equivalente nin haber sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que
impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
e) Non incorrer en causa de incompatibilidade ou de incapacidade, conforme á normativa vixente.
No caso dos 2 operarios condutores, ademáis deberán de contar con:
-Permiso de conducir clase C
No caso dos 2 peóns, ademáis deberán de contar con:
-Permiso de conducir clase B
- FUNCIÓNS
Os funcionarios interinos nomeados para a execución deste programa desenvolverán as seguintes funcións:
2 Peóns servizo de Vías e Obras:
o Reparación de pavimentos.
o Colocar vallas de seguridade e rodapés.
o Cargar e descargar materiais de construcción e equipos.
o Construción de vados para o paso de peóns.
o Traballos de reparación e mantemento de beirarúas.
o Calquera outra función relacionada co seu posto de traballo que lle encomende o seu superior xerárquico.
2 Operarios condutores servizo de Vías e Obras:
o Conducción de tractores.
o Conducción de maquinaria.
o Calquera outra función relacionada co seu posto de traballo que lle encomende o seu superior xerárquico.
Respecto á xornada laboral e horario de traballo dos funcionarios interinos que sexan nomeados ao abeiro do
presente programa, adecuarase á xornada ordinaria do Concello de O Valadouro, podendo sufrir cambios por
necesidades do servizo.
- ÓRGANO RESPONSABLE
O órgano responsable da execución deste programa será a Alcaldía.
- CESE
Os funcionarios interinos nomeados ao abeiro deste programa cesarán aos nove meses do seu nomeamento
e, en todo caso, con anterioridade ao 31 de outubro de 2025.
O Valadouro, 12 de abril de 2024.- A alcaldesa – presidenta, María José Fernández Díaz.
BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA PARA A CREACIÓN DE UNHA LISTAXE DE EMPREGO DE
FUNCIONARIOS INTERINOS PARA A EXECUCIÓN DO PROGRAMA DE CARÁCTER TEMPORAL (2
OPERARIOS/AS CONDUTORES SERVIZO VÍAS E OBRAS AO ABEIRO DO PLAN DEPUTACIÓN DE
COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2024– PROGRAMA REFORZO DO EMPREGO)
PRIMEIRA.— OBXECTO E NORMAS DE APLICACIÓN
É obxecto desta convocatoria establecer o procedemento de selección para a elaboración dunha listaxe de
emprego temporal para prestar servizos como persoal funcionario interino (2 OPERARIOS/AS CONDUTORES
SERVIZO VÍAS E OBRAS- PROGRAMA REFORZO DO EMPREGO) no Concello de O Valadouro atopándose incluído
no artigo 10.c) do Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público aprobado polo Real
Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro,
As probas selectivas para o acceso ás convocadas seralles de aplicación a Lei 7/1985 de 2 de abril,
Reguladora das Bases de Réxime Local, Real Decreto Lexislativo 781/86 do 18 de abril, Texto Refundido das
Disposicións Legais vixentes en materia de Réxime Local, Lei 5/1997 do 22 de xullo de Administración Local
de Galicia, Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei
do Estatuto Básico do Empregado Público, Lei 2/2015 do 29 de abril do emprego público de Galicia, Real
Decreto Lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos
Traballadores e demais disposicións aplicables.
SEGUNDA.— CARACTERÍSTICAS DO POSTO DE TRABALLO
- Denominación: 2 Operarios/as condutores.
- Xustificación do nomeamento: Artigo 10.c) do Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado
Público aprobado polo Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro: A execución de programas de
carácter temporal, que non poderán ter unha duración superior a tres anos, ampliable ata doce meses
máis polas leis de Función Pública que se diten en desenrolo de este Estatuto.A duración deste Programa
de Carácter Temporal terá unha duración de once meses dende o nomeamento do primeiro operario/a
condutor/a do Servizo de Vías e Obras. Sendo o nomeamento de cada un dos traballadores por un período
de nove meses. - Servizo de vías e obras do Concello do Valadouro.
- As tarefas dos 2 Operarios condutores servizo de Vías e Obras: Conducción de tractores. Conducción de maquinaria. Calquera outra función relacionada co seu posto de traballo que lle encomende o seu superior xerárquico. Retribucións: As retribucións que correspondan segundo a lexislación vixente.
TERCEIRA.—REQUISITOS DOS ASPIRANTES
- Tódolos requisitos así como os méritos alegados para o concurso, deberán reunirse á data en que remate
o prazo de presentación de solicitudes. - Con carácter xeral os aspirantes, con anterioridade á finalización do prazo de presentación de instancias,
deberán reunilos seguintes requisitos para poder tomar parte nas probas de selección:
a) Ter a nacionalidade española. Tamén poderán participar os nacionais dos Estados Membros da Unión
Europea, os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros Estados Membros da Unión Europea, calquera
que sexa a súa nacionalidade e sempre que non estean separados de dereito, e os seus descendentes e os do
seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores de
dita idade dependentes; as persoas incluídas no ámbito de aplicación dos Tratados Internacionais celebrados
pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores; e
os estranxeiros co residencia legal en España.
b) Ter cumpridos 16 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
c) Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desempeño das funcións propias do
posto de traballo para o que se opta. A estes efectos, establécese a igualdade de condicións das persoas con
diversidade funcional cos demais aspirantes, non podendo fixarse con carácter xeral limitacións físicas ou
psíquicas senón nos casos en que sexan incompatibles co normal desempeño do traballo correspondente,
adoptándose polo Tribunal cualificador medidas e medios para a realizacións das probas, de forma que
gocen de igualdade de oportunidades cos demais participantes. A condición de minusvalía e a súa
compatibilidade acreditarase con certificación expedida polo organismo competente.
d) Non haber sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións
Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin se achar en
inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para acceso ao
Corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal
laboral, no que houbese sido separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non acharse
inhabilitado ou en situación equivalente nin haber sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que
impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
e) Non incorrer en causa de incompatibilidade ou de incapacidade, conforme á normativa vixente.
- Serán requisitos específicos:
- permiso de conducir clase C.
- será imprescindible que as persoas a contratar a través deste programa produzan novas
contratacións no Concello, polo que a situación ou procedencia dos candidatos debe provir de
situación de desemprego ou de mellora de emprego con indepencia de que a xornada laboral sexa
parcial ou completa.
CUARTA.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
1.-As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante instancia dirixida ao Sr. Alcalde,
en modelo que se facilitará no Rexistro Xeral da Corporación, nas que se fará constar que se reúnen todos e
cada un dos requisitos establecidos na base terceira desta convocatoria.
2.- Os aspirantes con algunha diversidade funcional terán que indicalo na solicitude, acompañada da
correspondente documentación acreditativa. Así mesmo, terán que solicitar as posibles adaptacións de tempo
e medios para a realización dos exercicios nos que esta adaptación sexa necesaria.
3.-As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello do Valadouro no prazo de cinco (5) días
HÁBILES contados dende o día seguinte da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da
Provincia. Tamén se poderán presentar na forma que determina o artigo 16.4 da Lei 39/15, do 1 de outubro,
do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas; neste caso, os concursantes deberán
comunicalo mediante fax (982 574303) durante o mesmo prazo que o de presentación de instancias.
4.- A solicitude irá acompañada da seguinte documentación:
- Copia cotexada do Documento Nacional de Identidade ou documento identificativo.
- Copia cotexada do permiso de conducir esixido.
- Relación dos méritos que aleguen para a súa avaliación na fase de concurso, que se acompañará da
documentación orixinal (ou fotocopias autenticadas) acreditativa dos mesmos. - Celga 2 ou deberán superar un exame de galego coa cualificación de APTO.
Non se terán en conta nin serán valorados aqueles méritos que non estean acreditados na forma indicada.
Tampouco se terán en conta aqueles méritos que non se acrediten suficientemente no momento de rematar o
prazo de presentación de instancias.
Para que teñan validez neste proceso selectivo, tódolos documentos que se presenten deberán estar
expedidos nalgunha das linguas oficiais na Comunidade Autónoma de Galicia (galego ou castelán). No caso
de tratarse de documentos expedidos noutras Comunidades Autónomas do Estado Español, para que teñan
validez deberán estar redactados en lingua castelá ou traducidos polo organismo competente da respectiva
Comunidade. Tratándose de documentos expedidos nun país estranxeiro, deberán estar traducidos,
validados e apostilados pola correspondente oficina diplomática española ou organismo competente.
Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española e sexan nacionais dun Estado Membro da Unión
Europea, con dereito a participar nalgún proceso selectivo, deberán presentar unha fotocopia do Pasaporte
ou documento que acredite a súa identidade e nacionalidade. De ser o caso, tamén presentarán os
documentos que confirmen o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo dunha
persoa nacional doutro Estado co que teña o dito vínculo. Así mesmo, deberán achegar unha declaración
xurada ou promesa de dita persoa de que non está separado de dereito do seu cónxuxe e, ser o caso, do
feito de que o aspirante vive ás súas expensas ou de que está ao seu cargo.
Os demais aspirantes estranxeiros, xunto coa fotocopia do seu Pasaporte en vigor, deberán acompañar copia
do documento que acredite que están habilitados a residir e a poder acceder sen limitación ao mercado
laboral en España.
Coa presentación da instancia para tomar parte no proceso selectivo entenderase que os interesados aceptan
e acatan todas e cada unha das bases desta convocatoria.
QUINTA.—ADMISIÓN DE ASPIRANTES
- Rematado o prazo para presentalas instancias, o Alcalde ditará resolución no prazo máximo de dous días
hábiles que conterá:
- A lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos, con indicación, se é o caso, das causas de
exclusión. - A designación do tribunal cualificador e a data da súa constitución.
- A data, hora e lugar en que se realizará a proba práctica, valoración de méritos e, de ser o caso, proba de
galego.
Esta resolución publicarase de xeito íntegro no Taboleiro de Anuncios do Concello e na sede electrónica.
- Os aspirantes excluídos dispoñen dun prazo de dous días hábiles, contado desde o seguinte ao da
publicación da antedita resolución, para presentar as reclamacións oportunas ou emendas de defectos. - Transcorrido o prazo de subsanación, as reclamacións, se as houbera, serán aceptadas ou rexeitadas
mediante resolución pública de Alcaldía, publicada no taboleiro de anuncios e na sede electrónica, aprobando
a lista definitiva de admitidos e excluídos. - De non haber excluídos ou se non se presentaran reclamacións, a lista provisional elevarase a definitiva
automaticamente. - A inclusión dos aspirantes nas listas de admitidos non supón, en ningún caso, o recoñecemento por parte
desta Administración Municipal de que aqueles reúnen os requisitos esixidos para ser nomeados como
funcionarios interinos, requisitos que se deberán acreditar segundo o establecido na base 9ª.
SEXTA.—TRIBUNAL CUALIFICADOR
Os membros do Tribunal Cualificador serán designados polo Sr. Alcalde – Presidente segundo o disposto no
Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto
Básico do Empregado Público, e en atención ao principio de imparcialidade e profesionalidade dos seus
membros.
A totalidade dos seus membros deberá posuír un nivel de titulación igual ou superior á esixida para o aceso á
praza obxecto desta convocatoria.
Deberá tenderse na súa composición, á paridade entre home e muller.
A pertenza ao mesmo será sempre a título individual non podendo ostentarse esta en representación ou por
conta de ninguén.
Non poderán formar parte do Tribunal os funcionarios ou laborais que realizaran tarefas de preparación de
aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á convocatoria.
O tribunal de selección poderá dispoñer a incorporación de asesores especialistas, para todas ou algunhas
das probas, que colaborarán co órgano de selección exclusivamente no exercicio das súas especialidades
técnicas sen que sexan integrantes do Tribunal, correspondéndolle o asesoramento e ilustración do parecer
dos seus membros.
O tribunal cualificador estará integrado do seguinte feito:
Presidente: Un funcionario de carreira. Con voz e voto.
Secretario: Un funcionario de carreira. Con voz e voto.
Vogal: Un funcionario de carreira. Con voz e voto.
A súa composición farase pública na mesma resolución da Alcaldía pola que se aproba a lista provisional de
admitidos e excluídos.
Os membros do Tribunal deberán absterse de intervir, notificándoo á autoridade convócante, cando concorra
algunha das circunstancias previstas no art. 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do
Sector Público. Así mesmo, os aspirantes poderán recusar aos membros do tribunal cando concorra algunha
das circunstancias previstas no artigo 24 da lei citada.
O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros. En todo
caso, será precisa a asistencia do Presidente e Secretario.
O Tribunal Cualificador queda autorizado para resolver as dúbidas que se presenten e para tomar os acordos
necesarios para a boa orde do proceso selectivo, en todo o non previsto nestas bases.
SÉTIMA.—PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN E CUALIFICACIÓN
O proceso de selección: Concurso- oposición
FASE DE CONCURSO: O Tribunal terá en conta os méritos alegados e acreditados, de acordo co seguinte
baremo:
- Cursos e outras actividades de formación relacionados coas funcións do postos (máximo 2,00 puntos)
Acreditarase mediante copia do Título, Diploma ou certificación.
- Cursos de duración igual ou inferior a 10 horas ou duración non acreditada: 0,05 puntos por cada un.
- Cursos de máis de 10 horas e ata 25 horas: 0,10 puntos por cada un.
- Cursos de mais de 25 horas e ata 50 horas: 0,15 puntos por cada un.
- Cursos de mais de 50 horas e ata 100 horas: 0,20 puntos por cada un.
- Curso de mais de 100 horas e ata 150 horas: 0,25 punto por cada un.
- Cursos de mais de 150 e ata 200 horas: 0,30 puntos por cada un.
- Por cada curso de mais de 200 horas: 0,35 puntos.
- Experiencia profesional (máximo 6,00 puntos) Acreditarase a través de certificación oficial de vida laboral
actualizada e a copia do contrato ou certificado de empresa en que consten as tarefas realizadas e a
duración.
- Por cada mes de servizo realizando tarefas directamente relacionadas co posto ofertado nunha Entidade
pública…………………………….0,40 Puntos.
FASE DE OPOSICIÓN: Proba Práctica. (Máximo 12,00 Puntos)
Realizarase unha ou varias probas prácticas sobre as funcións a realizar.
OITAVA.- RELACIÓN DE APROBADOS E ACREDITACIÓN DE REQUISITOS ESIXIDOS
Unha vez terminada a avaliación dos aspirantes e consideradas as reclamacións presentadas, o Tribunal fará
pública a relación de aprobados por orde de puntuación na sede electrónica deste Concello e no Taboleiro de
Edictos do mesmo.
Posteriormente, vistas e informadas as alegacións que no seu caso se presentaron, elevarase á Alcaldía a acta
do proceso selectivo para que se aprobe a constitución da bolsa coa orde de prelación definitivo de
aspirantes, que deberá publicar na sede electrónica do Concello.
Ao constar de dúas fases diferenciadas o Programa de Carácter Temporal polo que se elaboran estas
bases, cada un dos nomeamentos levaranse a cabo por unha duración de 9 meses, facendo o
chamamento en primeiro lugar ao aspirante que obtivera unha maior puntuación e encabece a bolsa
aprobada pola Alcaldía, e facendo un segundo chamamento ao aspirante que apareza en segundo lugar
aos dous meses dende o primeiro dos chamamentos.
Os aspirantes propostos, cando sexan requiridos para o seu nomeamento, achegarán ante a Administración
as condicións de capacidade que lle sexan requiridos.
Quen, dentro do prazo indicado, e salvo os casos de forza maior, non presentase a documentación ou da
mesma deducísese que carece dalgún dos requisitos esixidos, non poderá ser nomeado, quedando anuladas
todas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que puidese incorrer por falsidade nas súas
solicitudes de participación.
As propostas de nomeamento serán adoptadas polo órgano competente a favor dos aspirantes segundo a
orde de prelación da relación de persoas aprobadas. Seo aspirante ao que lle correspondese o nomeamento
non fose nomeado, ben pordesistencia ou por non reunir os requisitos esixidos, convocarase ao seguinte
candidato quesuperase o proceso de selección.
Así mesmo, informarase aos aspirantes acerca do tratamento dos seus datospersoais e do compromiso de
confidencialidade con ocasión da relación que se establececoConcello.
Os nomeamentos derivados deste proceso de selección en ningún caso dará lugar aorecoñecemento da
condición de funcionario de carreira.
NOVENA. ELABORACIÓN E FUNCIONAMENTO DABOLSA DE EMPREGO PARA O PROGRAMA ESPECÍFICO DE
REFORZO DE EMPREGO 2024 – 2 OPERARIOS CONDUTORES DO SERVIZO DE VÍAS E OBRAS.
Coa lista complementaria de reserva constituirase nunha bolsa de emprego, á que se acudirá para o caso de
que as prazasconvocadas ao abeiro desta convocatoria quedasen definitivamente vacantes por algunha
circunstancia ou para realizar algunha substitución temporal con reserva de praza (referida as prazas desta
convocatoria).
DÉCIMA.—NOMEAMENTO.
Unha vez aceptado o chamamento, a Presidenta da Corporación, fará o nomeamento a favor das persoas
integrantes da listaxe de emprego por orde do posto que ocupen na mesma e con indicación expresa do
programa de carácter temporal que xustifique o seu nomeamento.
Asimesmo, na acta de toma de posesión indicarase a duración do programa de carácter temporal (nove
meses).
UNDÉCIMA.- TOMA DE POSESIÓN.
A toma de posesión dos funcionarios interinos terá lugar dentro do prazo de cinco días hábiles, a contar
desde a data de publicación do acordo de nomeamento. Quen no prazo indicado non tome posesión sen
causa xustificada quedará na situación de cesante, con perda de tódolos dereitos derivados da convocatoria e
do nomeamento conferido.
Mentres non se realice a toma de posesión e non se incorporen ao posto de traballo, o aspirante non terá
dereito a percepción económica de ningunha clase.
A persoa nomeada estará obrigada a prestar a súa xornada de traballo na medida e forma requiridas
polo interese do servizo, con horario de mañá ou de tarde, ou mesmo fraccionado a xornada se fose
preciso, e de acordo coa lexislación aplicable.
DUODÉCIMA.- FINALIZACIÓN DA RELACIÓN DE INTERINIDADE.
A Administración formalizará de oficio a finalización da relación de interinidade por calquera das seguintes
causas, ademais de polas previstas no artigo 63 do texto refundido da lei do Estatuto Básico do Empregado
Público, sen dereito a compensación algunha:
a) Pola finalización do prazo autorizado expresamente recollido no seu nomeamento.
b) Pola finalización da causa que deu lugar ao seu nomeamento.
DÉCIMO TERCEIRA.- INCOMPATIBILIDADES
O aspirante proposto quedará suxeito, no seu caso, ao cumprimento das prescricións contidas na Lei
53/1984, de 26 de decembro, sobre Incompatibilidades do Persoal ao Servizo das Administracións Públicas, e
demais normativa aplicable.
DÉCIMO CUARTA.—NORMAS FINAIS
Primeira.- Para todo o non previsto nestas bases, será de aplicación supletoria o establecido na Lei Estatuto Básico
do Empregado Público, na Lei reguladora das Bases do Réxime Local, na Lei de Administración Local de Galicia, na
Lei de medidas para a reforma da Función Publica, na Lei de emprego público de Galicia, no Real Decreto 896/1991,
sobre regras básicas e programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da
Administración Local, no Real Decreto 364/1995, polo que se aproba o Regulamento Xeral de ingreso do Persoal ao
Servizo da Administración do Estado e na demais lexislación vixente que sexa de aplicación.
Segunda.- Agás a convocatoria, que se publicará segundo se establece na base 4ª, os sucesivos actos e
comunicacións que se deriven da celebración do proceso selectivo faranse públicos, exclusivamente, a través
do taboleiro de anuncios da Casa do Concello e na páxina web do Concello.
Terceira.- Tódolos actos administrativos derivados desta convocatoria, así como das actuacións dos tribunais
cualificadores, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos pola Lei de
procedemento administrativo e normas vixentes concordantes.
A presentación de reclamacións non suspenderá a continuación do proceso selectivo, salvo que así o decida o
órgano convocante do mesmo.
Cuarta.- Contra as presentes bases e a resolución que as aproba, que pon fin á vía administrativa, poderase
interpoñer RECURSO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO ante o Xulgado Contencioso Administrativo, no prazo
de dous meses, contado desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria.
Con carácter potestativo e previo, poderá interpoñerse RECURSO DE REPOSICIÓN ante o mesmo órgano que
adoptou o acordo de aprobación, no prazo de un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do
anuncio da convocatoria. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso administrativo ata que
se resolva expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.
Todo iso sen prexuízo de que poida exercitar calquera outro que estime procedente.
O Valadouro, 12 de abril de 2024.- A alcaldesa – presidenta, María José Fernández Díaz.
ASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA PARA A CREACIÓN DE UNHA LISTAXE DE EMPREGO DE
FUNCIONARIOS INTERINOS PARA A EXECUCIÓN DO PROGRAMA DE CARÁCTER TEMPORAL (2 PEÓNS
SERVIZO VÍAS E OBRAS AO ABEIRO DO PLAN DEPUTACIÓN DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2024–
PROGRAMA REFORZO DO EMPREGO)
PRIMEIRA.— OBXECTO E NORMAS DE APLICACIÓN
É obxecto desta convocatoria establecer o procedemento de selección para a elaboración dunha listaxe de
emprego temporal para prestar servizos como persoal funcionario interino (2 PEÓNS SERVIZO VÍAS E OBRAS-
PROGRAMA REFORZO DO EMPREGO) no Concello de O Valadouro atopándose incluído no artigo 10.c) do
Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público aprobado polo Real Decreto Lexislativo
5/2015, de 30 de outubro,
As probas selectivas para o acceso ás convocadas seralles de aplicación a Lei 7/1985 de 2 de abril,
Reguladora das Bases de Réxime Local, Real Decreto Lexislativo 781/86 do 18 de abril, Texto Refundido das
Disposicións Legais vixentes en materia de Réxime Local, Lei 5/1997 do 22 de xullo de Administración Local
de Galicia, Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei
do Estatuto Básico do Empregado Público, Lei 2/2015 do 29 de abril do emprego público de Galicia, Real
Decreto Lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos
Traballadores e demais disposicións aplicables.
SEGUNDA.— CARACTERÍSTICAS DO POSTO DE TRABALLO
- Denominación: 2 peóns.
- Xustificación do nomeamento: Artigo 10.c) do Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado
Público aprobado polo Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro: A execución de programas de
carácter temporal, que non poderán ter unha duración superior a tres anos, ampliable ata doce meses
máis polas leis de Función Pública que se diten en desenrolo de este Estatuto.A duración desta listaxe terá
unha duración de nove meses dende o nomeamento dos dous peóns do Servizo de Vías e Obras. - As tarefas dos 2 peóns servizo de Vías e Obras:
- Reparación de pavimentos.
- Colocar vallas de seguridade e rodapés.
- Cargar e descargar materiais de construcción e equipos.
- Construción de vados para o paso de peóns.
- Traballos de reparación e mantemento de beirarúas.
- Calquera outra función relacionada co seu posto de traballo que lle encomende o seu superior xerárquico.
- Retribucións: As retribucións que correspondan segundo a lexislación vixente.
TERCEIRA.—REQUISITOS DOS ASPIRANTES
- Tódolos requisitos así como os méritos alegados para o concurso, deberán reunirse á data en que remate
o prazo de presentación de solicitudes. - Con carácter xeral os aspirantes, con anterioridade á finalización do prazo de presentación de instancias,
deberán reunilos seguintes requisitos para poder tomar parte nas probas de selección:
a) Ter a nacionalidade española. Tamén poderán participar os nacionais dos Estados Membros da Unión
Europea, os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros Estados Membros da Unión Europea, calquera
que sexa a súa nacionalidade e sempre que non estean separados de dereito, e os seus descendentes e os do
seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores de
dita idade dependentes; as persoas incluídas no ámbito de aplicación dos Tratados Internacionais celebrados
pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores; e
os estranxeiros co residencia legal en España.
b) Ter cumpridos 16 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
c) Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desempeño das funcións propias do
posto de traballo para o que se opta. A estes efectos, establécese a igualdade de condicións das persoas con
diversidade funcional cos demais aspirantes, non podendo fixarse con carácter xeral limitacións físicas ou
psíquicas senón nos casos en que sexan incompatibles co normal desempeño do traballo correspondente,
adoptándose polo Tribunal cualificador medidas e medios para a realizacións das probas, de forma que gocen de igualdade de oportunidades cos demais participantes. A condición de minusvalía e a súa
compatibilidade acreditarase con certificación expedida polo organismo competente.
d) Non haber sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións
Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin se achar en
inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para acceso ao
Corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal
laboral, no que houbese sido separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non acharse
inhabilitado ou en situación equivalente nin haber sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que
impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
e) Non incorrer en causa de incompatibilidade ou de incapacidade, conforme á normativa vixente.
- Será requisito específico:
- permiso de conducir clase B.
- será imprescindible que as persoas a contratar a través deste programa produzan novas
contratacións no Concello, polo que a situación ou procedencia dos candidatos debe provir de
situación de desemprego ou de mellora de emprego con indepencia de que a xornada laboral sexa
parcial ou completa.
CUARTA.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
1.-As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante instancia dirixida ao Sr. Alcalde,
en modelo que se facilitará no Rexistro Xeral da Corporación, nas que se fará constar que se reúnen todos e
cada un dos requisitos establecidos na base terceira desta convocatoria.
2.- Os aspirantes con algunha diversidade funcional terán que indicalo na solicitude, acompañada da
correspondente documentación acreditativa. Así mesmo, terán que solicitar as posibles adaptacións de tempo
e medios para a realización dos exercicios nos que esta adaptación sexa necesaria.
3.-As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello do Valadouro no prazo de cinco (5) días
HÁBILES contados dende o día seguinte da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da
Provincia. Tamén se poderán presentar na forma que determina o artigo 16.4 da Lei 39/15, do 1 de outubro,
do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas; neste caso, os concursantes deberán
comunicalo mediante fax (982 574303) durante o mesmo prazo que o de presentación de instancias.
4.- A solicitude irá acompañada da seguinte documentación:
- Copia cotexada do Documento Nacional de Identidade ou documento identificativo.
- Copia cotexada do permiso de conducir esixido.
- Relación dos méritos que aleguen para a súa avaliación na fase de concurso, que se acompañará da
documentación orixinal (ou fotocopias autenticadas) acreditativa dos mesmos. - Celga 2 ou deberán superar un exame de galego coa cualificación de APTO.
Non se terán en conta nin serán valorados aqueles méritos que non estean acreditados na forma indicada.
Tampouco se terán en conta aqueles méritos que non se acrediten suficientemente no momento de rematar o
prazo de presentación de instancias.
Para que teñan validez neste proceso selectivo, tódolos documentos que se presenten deberán estar
expedidos nalgunha das linguas oficiais na Comunidade Autónoma de Galicia (galego ou castelán). No caso
de tratarse de documentos expedidos noutras Comunidades Autónomas do Estado Español, para que teñan
validez deberán estar redactados en lingua castelá ou traducidos polo organismo competente da respectiva
Comunidade. Tratándose de documentos expedidos nun país estranxeiro, deberán estar traducidos,
validados e apostilados pola correspondente oficina diplomática española ou organismo competente.
Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española e sexan nacionais dun Estado Membro da Unión
Europea, con dereito a participar nalgún proceso selectivo, deberán presentar unha fotocopia do Pasaporte
ou documento que acredite a súa identidade e nacionalidade. De ser o caso, tamén presentarán os
documentos que confirmen o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo dunha
persoa nacional doutro Estado co que teña o dito vínculo. Así mesmo, deberán achegar unha declaración
xurada ou promesa de dita persoa de que non está separado de dereito do seu cónxuxe e, ser o caso, do
feito de que o aspirante vive ás súas expensas ou de que está ao seu cargo.
Os demais aspirantes estranxeiros, xunto coa fotocopia do seu Pasaporte en vigor, deberán acompañar copia
do documento que acredite que están habilitados a residir e a poder acceder sen limitación ao mercado
laboral en España.
Coa presentación da instancia para tomar parte no proceso selectivo entenderase que os interesados aceptan
e acatan todas e cada unha das bases desta convocatoria.
QUINTA.—ADMISIÓN DE ASPIRANTES
- Rematado o prazo para presentalas instancias, o Alcalde ditará resolución no prazo máximo de dous días
hábiles que conterá:
- A lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos, con indicación, se é o caso, das causas de
exclusión. - A designación do tribunal cualificador e a data da súa constitución
- A data, hora e lugar en que se realizará a proba práctica, valoración de méritos e, de ser o caso, proba de
galego.
Esta resolución publicarase de xeito íntegro no Taboleiro de Anuncios do Concello e na sede electrónica.
- Os aspirantes excluídos dispoñen dun prazo de dous días hábiles, contado desde o seguinte ao da
publicación da antedita resolución, para presentar as reclamacións oportunas ou emendas de defectos. - Transcorrido o prazo de subsanación, as reclamacións, se as houbera, serán aceptadas ou rexeitadas
mediante resolución pública de Alcaldía, publicada no taboleiro de anuncios e na sede electrónica, aprobando
a lista definitiva de admitidos e excluídos. - De non haber excluídos ou se non se presentaran reclamacións, a lista provisional elevarase a definitiva
automaticamente. - A inclusión dos aspirantes nas listas de admitidos non supón, en ningún caso, o recoñecemento por parte
desta Administración Municipal de que aqueles reúnen os requisitos esixidos para ser nomeados como
funcionarios interinos, requisitos que se deberán acreditar segundo o establecido na base 9ª.
SEXTA.—TRIBUNAL CUALIFICADOR
Os membros do Tribunal Cualificador serán designados polo Sr. Alcalde – Presidente segundo o disposto no
Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto
Básico do Empregado Público, e en atención ao principio de imparcialidade e profesionalidade dos seus
membros.
A totalidade dos seus membros deberá posuír un nivel de titulación igual ou superior á esixida para o aceso á
praza obxecto desta convocatoria.
Deberá tenderse na súa composición, á paridade entre home e muller.
A pertenza ao mesmo será sempre a título individual non podendo ostentarse esta en representación ou por
conta de ninguén.
Non poderán formar parte do Tribunal os funcionarios ou laborais que realizaran tarefas de preparación de
aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á convocatoria.
O tribunal de selección poderá dispoñer a incorporación de asesores especialistas, para todas ou algunhas
das probas, que colaborarán co órgano de selección exclusivamente no exercicio das súas especialidades
técnicas sen que sexan integrantes do Tribunal, correspondéndolle o asesoramento e ilustración do parecer
dos seus membros.
O tribunal cualificador estará integrado do seguinte feito:
- Presidente: Un funcionario de carreira. Con voz e voto.
- Secretario: Un funcionario de carreira. Con voz e voto.
- Vogal: Un funcionario de carreira. Con voz e voto.
A súa composición farase pública na mesma resolución da Alcaldía pola que se aproba a lista provisional de
admitidos e excluídos.
Os membros do Tribunal deberán absterse de intervir, notificándoo á autoridade convócante, cando concorra
algunha das circunstancias previstas no art. 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do
Sector Público. Así mesmo, os aspirantes poderán recusar aos membros do tribunal cando concorra algunha
das circunstancias previstas no artigo 24 da lei citada.
O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros. En todo
caso, será precisa a asistencia do Presidente e Secretario.
O Tribunal Cualificador queda autorizado para resolver as dúbidas que se presenten e para tomar os acordos
necesarios para a boa orde do proceso selectivo, en todo o non previsto nestas bases.
SÉTIMA.—PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN E CUALIFICACIÓN
O proceso de selección: Concurso- oposición
FASE DE CONCURSO: O Tribunal terá en conta os méritos alegados e acreditados, de acordo co seguinte
baremo:
- Cursos e outras actividades de formación relacionados coas funcións do postos (máximo 2,00 puntos)
Acreditarase mediante copia do Título, Diploma ou certificación.
- Cursos de duración igual ou inferior a 10 horas ou duración non acreditada: 0,05 puntos por cada un.
- Cursos de máis de 10 horas e ata 25 horas: 0,10 puntos por cada un.
- Cursos de mais de 25 horas e ata 50 horas: 0,15 puntos por cada un.
- Cursos de mais de 50 horas e ata 100 horas: 0,20 puntos por cada un.
- Curso de mais de 100 horas e ata 150 horas: 0,25 punto por cada un.
- Cursos de mais de 150 e ata 200 horas: 0,30 puntos por cada un.
- Por cada curso de mais de 200 horas: 0,35 puntos.
- Experiencia profesional (máximo 6,00 puntos) Acreditarase a través de certificación oficial de vida laboral
actualizada e a copia do contrato ou certificado de empresa en que consten as tarefas realizadas e a
duración.
Por cada mes de servizo realizando tarefas directamente relacionadas co posto ofertado nunha Entidade
pública…………………………….0,40 Puntos.
FASE DE OPOSICIÓN: Proba Práctica. (Máximo 12,00 Puntos)
Realizarase unha ou varias probas prácticas sobre as funcións a realizar.
OITAVA.- RELACIÓN DE APROBADOS E ACREDITACIÓN DE REQUISITOS ESIXIDOS
Unha vez terminada a avaliación dos aspirantes e consideradas as reclamacións presentadas, o Tribunal fará
pública a relación de aprobados por orde de puntuación na sede electrónica deste Concello e no Taboleiro de
Edictos do mesmo.
Posteriormente, vistas e informadas as alegacións que no seu caso se presentaron, elevarase á Alcaldía a acta
do proceso selectivo para que se aprobe a constitución da bolsa coa orde de prelación definitivo de
aspirantes, que deberá publicar na sede electrónica do Concello.
Os aspirantes propostos, cando sexan requiridos para o seu nomeamento, achegarán ante a Administración
as condicións de capacidade que lle sexan requiridos.
Quen, dentro do prazo indicado, e salvo os casos de forza maior, non presentase a documentación ou da
mesma deducísese que carece dalgún dos requisitos esixidos, non poderá ser nomeado, quedando anuladas
todas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que puidese incorrer por falsidade nas súas
solicitudes de participación.
As propostas de nomeamento serán adoptadas polo órgano competente a favor dos aspirantes segundo a
orde de prelación da relación de persoas aprobadas. Seo aspirante ao que lle correspondese o nomeamento
non fose nomeado, ben pordesistencia ou por non reunir os requisitos esixidos, convocarase ao seguinte
candidato quesuperase o proceso de selección.
Así mesmo, informarase aos aspirantes acerca do tratamento dos seus datospersoais e do compromiso de
confidencialidade con ocasión da relación que se establececoConcello.
Os nomeamentos derivados deste proceso de selección en ningún caso dará lugar aorecoñecemento da
condición de funcionario de carreira.
NOVENA. ELABORACIÓN E FUNCIONAMENTO DABOLSA DE EMPREGO PARA O PROGRAMA ESPECÍFICO DE
REFORZO DE EMPREGO 2024 – 2 PEÓNS SERVIZO DE VÍAS E OBRAS.
Coa lista complementaria de reserva constituirase nunha bolsa de emprego, á que se acudirá para o caso de
que as prazasconvocadas ao abeiro desta convocatoria quedasen definitivamente vacantes por algunha
circunstancia ou para realizar algunha substitución temporal con reserva de praza ( referida as prazas desta
convocatoria).
DÉCIMA.—NOMEAMENTO.
Unha vez aceptado o chamamento, o Presidente da Corporación, fará o nomeamento a favor das persoas
integrantes da listaxe de emprego por orde do posto que ocupen na mesma e con indicación expresa do
programa de carácter temporal que xustifique o seu nomeamento.
Asimesmo, na acta de toma de posesión indicarase a duración do programa de carácter temporal (nove
meses).
UNDÉCIMA.- TOMA DE POSESIÓN.
A toma de posesión dos funcionarios interinos terá lugar dentro do prazo de cinco días hábiles, a contar
desde a data de publicación do acordo de nomeamento. Quen no prazo indicado non tome posesión sen
causa xustificada quedará na situación de cesante, con perda de tódolos dereitos derivados da convocatoria e
do nomeamento conferido.
Mentres non se realice a toma de posesión e non se incorporen ao posto de traballo, o aspirante non terá
dereito a percepción económica de ningunha clase.
A persoa nomeada estará obrigada a prestar a súa xornada de traballo na medida e forma requiridas
polo interese do servizo, con horario de mañá ou de tarde, ou mesmo fraccionado a xornada se fose
preciso, e de acordo coa lexislación aplicable.
DUODÉCIMA.- FINALIZACIÓN DA RELACIÓN DE INTERINIDADE.
A Administración formalizará de oficio a finalización da relación de interinidade por calquera das seguintes
causas, ademais de polas previstas no artigo 63 do texto refundido da lei do Estatuto Básico do Empregado
Público, sen dereito a compensación algunha:
a) Pola finalización do prazo autorizado expresamente recollido no seu nomeamento.
b) Pola finalización da causa que deu lugar ao seu nomeamento.
DÉCIMO TERCEIRA.- INCOMPATIBILIDADES
O aspirante proposto quedará suxeito, no seu caso, ao cumprimento das prescricións contidas na Lei
53/1984, de 26 de decembro, sobre Incompatibilidades do Persoal ao Servizo das Administracións Públicas, e
demais normativa aplicable.
DÉCIMO CUARTA.—NORMAS FINAIS
Primeira.- Para todo o non previsto nestas bases, será de aplicación supletoria o establecido na Lei Estatuto
Básico do Empregado Público, na Lei reguladora das Bases do Réxime Local, na Lei de Administración Local
de Galicia, na Lei de medidas para a reforma da Función Publica, na Lei de emprego público de Galicia, no
Real Decreto 896/1991, sobre regras básicas e programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de
selección dos funcionarios da Administración Local, no Real Decreto 364/1995, polo que se aproba o
Regulamento Xeral de ingreso do Persoal ao Servizo da Administración do Estado e na demais lexislación
vixente que sexa de aplicación.