O próximo 8 de outubro, O Valadouro ensalza o seu produto máis famoso na XXXV Feira do Mel.

Os apicultores e demais vendedores de produtos de tempada como poden ser as castañas ou a mazá, poñerán á venda as súas colleitas na Praza de Santa María.

Entre outras actividade, contarase con sorteos de lotes de produtos entre os asistentes que se sortearán ás 14:00h. e ás 19:00h. con animación musical polas rúas de Ferreira e demostración de baile na praza

O Concello do Valadouro busca manter unha cita marcada na súa tradición, que durante anos serviu para dar publicidade e valor ao ouro líquido que se extrae das mais de 500 colmeas asentadas no seu termo municipal.

Se tes un posto, se queres podes consultar as bases ou inscribrite con modelos oficiais.

PROGRAMA

🐝 Xa chega a XXXV edición da Feria do Mel – Mercado de Outono do Valadouro, onde o protagonista indiscutible será o noso ben querido líquido dourado 😋🍯

Aquí vos deixamos a programación para que non perdades detalle 🧐

📍 Sábado 8 de outubro. Praza de Santa María e rúa Andrés López Palmeiro.

10:00 horas. Apertura do Mercado. Contaremos con diversos produtores de mel da contorna así como produtos de tempada e artesanía.

a media mañá, contaremos con pasacalle e demostración de baile e música tradional a cargo da A.C. Amado Lar

12:30 horas. Obradoiro de fabricación de queixos para nenos de 3 anos a 12 anos.

13:30 horas. Degustación gratuíta de filloas con mel.

14:00 horas. Sorteo dun lote de produtos.

16:00 horas. Obradoiro. Os bolechas achéganos ás abellas.

17:00 horas. Os Bolechas aprenden sobre as abellas. (de 2 a 6 anos)

As abellas son moito máis que Mel. (de 7 a 12 anos).

Pasacalle polo mercado coa A.C. Amado Lar

19:00 horas. Sorteo dun lote de produtos.

20:30 horas. Concerto con folk: Carapaus

Quedades todos e todas convidad@s! 😄

OBRADOIROS

Lembra os Obradoiros adicados aos máis novos na 35ª Feira do Mel:

Ás 12:30 Obradoiro de Queixo con Mel (3-12 anos).PRAZAS AGOTADAS. A partir de agora, serían de reserva por se algún neno ou nena non pode acudir ó evento, polo que PREGAMOS que nos avisen ante imprevistos que poideran xurdir.

Para o resto de obradoiros, ainda quedan prazas polo que podedes apuntarvos todavía.

Ás 16:00 Achégate ao mundo das abellas cos Bolechas

Ás 17:00 Os Bolechas aprenden sobre as abellas (2 a 6 anos)

As abellas son moito máis que mel (7a 12 anos)

Xa podedes chamar para inscribirvos na Casa da Cultura ou no e-mail cultura@valadouro.gal