Sabías que a Serra do Xistral é dos poucos ecosistemas húmedos conservados en Europa?. As súas turberas e breixos regulan o ciclo da auga e do clima. Preservalas é clave para evitar liberar CO2 e combatir o cambio climático.
Co fin de preservar estes hábitats e crear un modelo de desenvolvemento rural sostible a Deputación de Lugo impulsa este proxecto europeo Life in common land nesta área natural da #ReservadelaBiosfera #TerrasdoMiño #DíaMundialDeLosHumedales.
Que é LIFE IN COMMON LAND?
É un proxecto de carácter demostrativo/colaborativo centrado na conservación dos hábitats, Turbeira e breixos húmidos Atlánticos dentro da Rede Natura 2000.
O espazo de actuación do proxecto sitúase na Zona Especial de Conservación Serra do Xistral, onde a maior parte da terra é de titularidade comunal e correspóndese con montes veciñais en man común: terreos privados suxeitos a un réxime de tenencia común da terra.