O pleno do Concello do Valadouro aproba por unanimidade o Plan de Acción para o clima e a enerxía sostible, un documento que pretende deseñar os instrumentos e liñas de actuación para lograr a redución de emisións de CO2 polo menos nun 40% para o ano 2030. É un dos compromisos adquiridos tras a súa adhesión, en febreiro de 2021, ao Pacto de Alcaldes para ou Clima e Enerxía Sustentable.
O PACES estrutúrase en tres partes diferenciadas: un inventario de emisións de referencia das que facer un seguimento e, así, avaliar a efectividade das accións de mitigación; unha análise dos riscos e vulnerabilidades ante o cambio climático; e as medidas previstas para reducir e limitar as emisións de gases de efecto invernadoiro, xunto cos preparativos para os impactos do cambio climático. Na súa elaboración tomáronse como referencia datos concretos de consumo de gasóleo e electricidade en edificios e instalacións municipais e a produción de residuos para facer unha radiografía da situación actual e definir o conxunto de accións a levar a cabo.
A elaboración do PACES finánciase grazas a unha subvención de 2499,99% euros da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, dotada con fondos europeos (FEDER).