O Concello do Valadouro empeza por cuarto ano consecutivo o trampeo de velutina.

Nesta primavera de 2021 o Concello instalara máis de 1500 trampas repartidas en 6 quincenas, cubrindo toda a extensión do municipio e potenciando as zonas onde mais niños se detectaron  en 2020.

Este será o cuarto ano que se realiza o trampeo, desde que empezou a extensión da velutina, o numero de niños sempre ía en aumento ano tras ano hasta que en 2018 comezouse a realizar un  trampeo a gran escala.

O  trampeo combinado coa retirada de niños foi a única forma de manter que o numero de niños que se detectan no verán áchase reducido un 80%.

A implicación dos apicultores locais e veciños do municipio nestes últimos anos sempre foi un aliado á hora de aumentar o numero de trampas que se colocan, sempre que se empeza o  trampeo paralelamente faise unha campaña de divulgación e sensibilación.

Realizar unha trampa é algo rápido e sinxelo, cunha simple botella de auga ou refresco con dous buracos enfrontados rechea con zume de arandos mesturado cun pouco de cervexa negra, podemos atrapar esa raíña de velutina que elixiu o noso xardín para pasar o inverno  aletargada.

Outro labor non menos importante pero algo mais complexa é tentar localizar os niños primarias, no seu inicio teñen o tamaño dunha pelota de tenis, e as raíñas adoitan escoller zonas de abrigo, como poden ser aleros de casas ou tellados de alpendres e garaxes.


Axúdanos colocando a túa trampa.

É o xeito máis doado de loitar contra a vespa velutina. Por cada raíña que atrapamos evitamos un novo niño é unhas 20.000  obreiras.

Onde colocar as trampas:              

  • Onde se localizaron niños en 2020.         
  • Arbores en flor.                                                      
  • Arbores que poidan ter pulgón.
  • Cerca de garaxes e alpendres.

Atraentes:

Opción 1: 1 litro de zume de arándanos + 33cl de cervexa negra.

Opción 2: 1 Kg de azuche + 5l de auga + 50gr. de levadura fresca.


Localizar niños primarios.

  • Son os primeiros que fan as raíñas e soen ter o tamaño dunha pelota de tenis.
  • Soen estar alpendres, aleiros de casas, garaxes…
  • Se non saber como actuar, avísanos no 982 57 40 00.