BASES PARA O PROCESO SELECTIVO AO OBXECTO DE CUBRIR, TRES POSTOS DE CONDUCTOR DE MOTOBOMBA PARA O SERVIZO DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS , DO CADRO DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL DO CONCELLO DO VALADOURO NO MARCO DO CONVENIO INTERADMINISTRATIVO ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E O CONCELLO DE O VALADOURO, PARA A REALIZACIÓN DE ACCIÓNS DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS DURANTE OS ANOS 2023-2024, COFINANCIADO PARCIALMENTE CO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER) NO MARCO DO PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (PDR) DE GALICIA 2014-2020.
1.- OBXECTO DA BASES ESPECÍFICAS: Selección de Persoal Laboral Temporal ao abeiro do artigo
15.1.a) do Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores.
2.- RELACIÓN XURÍDICA: Persoal Laboral temporal (contrato de obra ou servizo determinado)
3.- CARACTERÍSTICAS DO POSTO DE TRABALLO:
3.1.- DENOMINACIÓN DO POSTO DE TRABALLO: Conductor de motobomba
3.2.- GRUPO DE COTIZACIÓN: 10
3.3.- CATEGORIA PROFESIONAL: Peón.
3.4.- TIPO DE XORNADA: Xornada completa (37,5 horas semanais, segundo se reflicte no convenio colectivo de condicións de traballo do persoal laboral do Concello do Valadouro). A xornada laboral desenvolverase no horario que demande o servizo e con plena dispoñibilidade, incluíndo nela os traballos en domingos, festivos e festas locais, así como as quendas de noite necesarias.
3.5.- RETRIBUCIÓNS: O/A Aspirante seleccionado/a percibirá as retribucións establecidas no convenio colectivo para a regulación das condicións de traballo do persoal laboral ó servizo do concello de O Valadouro.
4.- ADSCRICIÓN: Ao servizo de prevención e defensa contra incendios forestais.
Os contratos asinaranse baixo a modalidade de “contratos de duración determinada vinculados a programas financiados con fondos europeos (vinculados ao convenio coa Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia que está cofinanciado polo Feader dentro da submedida 8.3 “axuda para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes” do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) 2014-2020”, eventuais por circunstancias da produción, a xornada completa, cunha duración de tres meses, con temporalidade ligada á duración do tempo asinado en Convenio.
O persoal contratado deberá ter unha disposición absoluta polas emerxencias que se poidan producir, e realizará labores de prevención de incendios forestais, sempre que non sexan requeridos para a defensa destes, durante cada un dos meses de vixencia do contrato, con plena dispoñiblidade, incluindo traballos os domingos, festivos e festas locais, asi como as quendas de noite necesarias.
A Lei 3/2007, do 9 de abril, de Prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, modificada pola disposición derradeira primeira da Lei 7/2012 do 28 de xuño de Montes establece as medidas preventivas que faciliten a loita contra o lume e que sirvan así mesmo para a posta en valor da potencialidade produtiva, ecolóxica e social do monte galego como base do desenvolvemento sustentable do medio rural. O artigo 8 establece que as administracións públicas de Galicia colaborarán entre si e cooperarán nas tarefas de prevención e loita contra os incendios forestais, achegando os medios materiais, económicos e humanos á súa disposición.
Os incendios forestais son unha amenaza que afecta hoxe en día, de xeito xeral, non só o patrimonio forestal público ou privado (tanto montes de particulares, montes veciñais en man común e montes de varas) senón tamén aos recursos naturais e ao mantemento e desenvolvemento da actividade humana no medio rural, ademais de comprometer a sustentabilidade económica e social de Galiza o que require o compromiso de todas as Administracións, en particular a autonómica e local e o conxunto da cidadanía . Compre pois, un enfoque global na actuación preventiva ante os incendios forestais, de xeito que as medidas que se implementen abrangan todo o territorio aínda que, para unha maior eficacia do uso dos recursos, hai que priorizar as zonas clasificadas polo Goberno galego como de medio e alto risco de acordo cos seus plans de prevención e defensa contra incendios forestais. En todo caso, cómpre lembrar que todas as entidades locais de Galicia, segundo o disposto na orde do 18 de abril de 2007 pola que se zonifica o territorio con base no risco espacial de incendio forestal, están declarados de alto ou medio risco de incendio, polo que poden ser obxecto de financiación con FEADER.
O vehículo motobomba intégrase no dispositivo de emerxencias do Distrito Forestal onde se situe a entidade local, priorizando a actuación da brigada na extinción de incendios forestais respecto de outros traballos, segundo o disposto no artigo 47 da Lei 43/2003, de montes e no artigo 48.6 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais. Así mesmo, cando concorran razóns extraordinarias de emerxencia, o órgano autonómico poderá decidir a mobilización destes medios fora do seu termo municipal, conforme ó previsto no PLADIGA no que expresamente se prevé como se producirá a coordinación en tales supostos.
A integración no dispositivo do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais realizarase baixo o mando único descrito no PLADIGA. Os traballos de extinción serán marcados sempre por persoal do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais ao responsable da brigada. A brigada debe en todo momento colaborar e coordinarse co despregue de medios do Distrito Forestal.
5.- FUNCIÓNS DO POSTO DE TRABALLO:
Serán Funcións a desempeñar polos/as contratados/as:
- As establecidas no Convenio de Colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de O Valadouro para a participación na Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais mediante a actuación de Un Vehículo Motobomba.
- Intervención nos incendios forestais no ámbito municipal, sen prexuízo de que conforme á normativa aplicable o persoal das brigadas municipais participará nas operacións de extinción e de remate de incendios forestais, baixo o mando único operativo dependente da consellaría competente en materia forestal cando así se
decida por parte do mando único e conforme ao artigo 48 .6 da Lei 3/2007.
- Os traballos de extinción serán prioritarios con respecto aos de prevención.
- VMB.- Os vehículos deberán estar operativos 16 horas ó día, tendo plena dispoñibilidade, incluíndo nela os traballos en domingos, festivos e festas locais, así como as quendas de noite necesarias, realizando labores de prevención e defensa contra os incendios forestais, sempre que nos sexan requiridos para a extinción destes.
6.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
1.-As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante instancia dirixida á Alcaldía, en modelo que se facilitará no Rexistro Xeral da Corporación (Anexo II), nas que se fará constar que se reúnen todos e cada un dos requisitos establecidos na base novena desta convocatoria.
2.- Os aspirantes con algunha diversidade funcional terán que indicalo na solicitude, acompañada da correspondente documentación acreditativa. Así mesmo, terán que solicitar as posibles adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios nos que esta adaptación sexa necesaria.
3.-As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello do Valadouro no prazo de cinco
(5) días hábiles contados dende o día seguinte da publicación do anuncio de convocatoria no Boletin Oficial da Provincia. Tamén se poderán presentar na forma que determina o artigo 16.4 da Lei 39/15, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas; neste caso, os concursantes deberán comunicalo mediante fax (982 574303) durante o mesmo prazo que o de presentación de instancias
4.- A solicitude irá acompañada da seguinte documentación:
- Copia auténtica do Documento Nacional de Identidade ou documento identificativo.
- Copia auténtica do permiso de conducir clase C.
- Copia auténtica do Celga 2.
- Relación dos méritos que aleguen para a súa avaliación na fase de concurso, que se acompañará da documentación orixinal (ou fotocopias autenticadas) acreditativa dos mesmos.
Non se terán en conta nin serán valorados aqueles méritos que non estean acreditados na forma indicada. Tampouco se terán en conta aqueles méritos que non se acrediten suficientemente no momento de rematar o prazo de presentación de instancias.
Para que teñan validez neste proceso selectivo, tódolos documentos que se presenten deberán estar expedidos nalgunha das linguas oficiais na Comunidade Autónoma de Galicia (galego ou castelán). No caso de tratarse de documentos expedidos noutras Comunidades Autónomas do Estado Español, para que teñan validez deberán estar redactados en lingua castelá ou traducidos polo organismo competente da respectiva Comunidade. Tratándose de documentos expedidos nun país estranxeiro, deberán estar traducidos, validados e apostilados pola correspondente oficina diplomática española ou organismo competente.
Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española e sexan nacionais dun Estado Membro da Unión Europea, con dereito a participar nalgún proceso selectivo, deberán presentar unha fotocopia do Pasaporte ou documento que acredite a súa identidade e nacionalidade. De ser o caso, tamén presentarán os documentos que confirmen o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo dunha persoa nacional doutro Estado co que teña o dito vínculo. Así mesmo, deberán achegar unha declaración xurada ou promesa de dita persoa de que non está separado de dereito do seu cónxuxe e, ser o caso, do feito de que o aspirante vive ás súas expensas ou de que está ao seu cargo.
Os demais aspirantes estranxeiros, xunto coa fotocopia do seu Pasaporte en vigor, deberán acompañar copia do documento que acredite que están habilitados a residir e a poder acceder sen limitación ao mercado laboral en España.
Coa presentación da instancia para tomar parte no proceso selectivo entenderase que os interesados aceptan e acatan todas e cada unha das bases desta convocatoria.
7.- ADMISIÓN DE ASPIRANTES
- Rematado o prazo para presentalas instancias, o Alcalde ditará resolución no prazo máximo de dous días hábiles que conterá:
-A lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos, con indicación, se é o caso, das causas de exclusión.
-A designación do tribunal cualificador e a data da súa constitución
-A data, hora e lugar en que se realizará a fase de oposición.
Esta resolución publicarase de xeito íntegro no Taboleiro de Anuncios do Concello e na páxina web.
- Os aspirantes excluídos dispoñen dun prazo de dous días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación da antedita resolución, para presentar as reclamacións oportunas ou emendas de defectos.
- Transcorrido o prazo de subsanación, as reclamacións, se as houbera, serán aceptadas ou rexeitadas mediante resolución pública de Alcaldía, publicada no taboleiro de anuncios,
aprobando a lista definitiva de admitidos e excluídos.
- De non haber excluídos ou se non se presentaran reclamacións, a lista provisional elevarase a definitiva automaticamente.
- Contra a resolución de alcaldía pola que se declaren definitivamente excluídos do proceso selectivo, o interesado poderá interpoñer recurso de reposición no prazo de un mes a contar dende o día seguinte á publicación no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web da devandita resolución, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses dende a citada data. Non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente o recurso de reposición ou se producise a súa desestimación presunta.
- A inclusión das persoas aspirantes nas listas de admitidos non supón, en ningún caso, o recoñecemento por parte desta Administración Municipal de que aqueles reúnen os requisitos esixidos para ser contratados, requisitos que se deberán acreditar segundo o establecido na base 6ª.
8.- DURACIÓN DO CONTRATO: ata o final da operatividade das brigadas de incendios na campaña de 2023.
9.- REQUISITOS INDISPENSABLES.
- Estar en posesión do certificado de escolaridade, certificado de estudios primarios ou equivalente.
- Permiso de conducir clase C (deberá aportarse coa solicitude de participación no proceso selectivo).
- Deberá aportar autorización para realizar a proba física de esforzo que deberán realizar xunto co recoñecemento médico previo á contratación (Anexo I das presentes bases).
Non poderán participar na presente convocatoria aquelas persoas que teñan prestado servizos no Concello do Valadouro con carácter temporal por un período de 9 meses nos últimos 15 meses, con independencia de que a relación laboral tivera ou non continuidade ou do posto de traballo ocupado en dito período.
10. NIVEL DE GALEGO ESIXIDO: CELGA 2.
11.- SISTEMA SELECTIVO: CONCURSO-OPOSICIÓN
11.1. FASE DE OPOSICIÓN. Valorarase cun máximo de 30 puntos. Constará das seguintes probas:
11.1.1.- Proba teórica.
Os aspirantes deberán presentarse para a realización do exercicio provistos do DNI ou dun documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do Tribunal de selección.
Consistirá nun exercicio tipo test de 30 preguntas, con 4 preguntas de reserva, relacionadas cos contidos propios da praza que solicita segundo o temario incluído no Anexo III.
Cada pregunta formularase con tres respostas alternativas, das que solo unha será correcta. O exercicio realizarase a porta cerrada coa única presencia dos/as opositores/as, os membros do Tribunal de Selección e as persoas colaboradoras que este último designe, no seu caso. O tempo máximo para a realización deste exercicio será de 50 minutos.
Cada pregunta correcta será valorada con 1 punto. As respostas incorrectas e en branco non sumarán nin restarán puntos.
Os membros do tribunal, á vista das puntuacións obtidas polos aspirantes, poderán determinar a existencia dunha nota de corte para a superación da proba.
Esta proba é obrigatoria cualificándose ata un máximo de 30 puntos.
11.1.2.- Proba de Galego.
O artigo 51.2 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia establece que:
“[…], para darlle comprimento á normalización do idioma galego nas Administracións Públicas de Galicia e para garantir o dereito ao uso do galego nas relacións coas Administracións Públicas no ámbito da Comunidade Autónoma, así como a promoción do uso normal do Galego por parte dos poderes públicos de Galicia, nas probas selectivas que se realicen para o acceso aos postos das Administracións Públicas incluídas no ámbito de aplicación desta lei incluirase un exame de galego, agás para aquelas persoas que acrediten o coñecemento da lingua galega consonte a normativa vixente. As bases das convocatorias dos procesos selectivos establecerán o carácter e, se é o caso, a valoración do coñecemento da lingua galega.”.
A proba consistirá na tradución dun texto en castelán para o galego ou en galego para o castelán.
Esta proba é obrigatoria e eliminatoria e cualificarase con apto ou non apto.
Os/as aspirantes que acrediten posuír con anterioridade ao día en que remate o prazo de presentación de solicitudes o nivel de galego esixido nas Bases específicas non terán que realizar esta proba.
11.1.3.- Adaptación de probas aos aspirantes que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33%.
Aqueles aspirantes con discapacidade que se presenten á cota xeral ou a cota reservada a discapacitados poderán solicitar as adaptacións e axustes razoables e necesarios de tempo e medios para a realización das probas, debendo facelo constar na solicitude.
Estas adaptacións realizaranse conforme ao establecido na Orde 1822/2006, de 9 de xuño pola que se establecen criterios xerais para a adaptación de tempos adicionais nos procesos selectivos para o acceso ao emprego público de persoas con discapacidade.
11.2.- FASE DE CONCURSO.
Rematada a fase de oposición, procederase a realizar a fase de concurso aos/ás aspirante/s.
11.2.1.- Baremo de méritos. O Tribunal puntuará os méritos acreditados polos aspirantes, conforme ao sinalado no presente baremo:
A) Experiencia profesional.
Valorarase a experiencia profesional segundo os seguintes criterios ata un máximo de 10 puntos . Acreditarase a través de certificación oficial de vida laboral actualizada e a copia do contrato ou certificado de empresa en que consten as tarefas realizadas e a duración.
No suposto de relacións laborais ou de servizo de carácter parcial, o cómputo do tempo da concreta relación laboral será a que apareza sinalada no Informe de Vida Laboral.
Os servizos prestados como condutor de motobomba ou similar valoraranse a razón de 0,15 puntos por mes traballado se foron prestados nunha Administración Pública e de 0,07 puntos por mes traballado se foron prestados nunha empresa privada.
B) Formación: Valorarase ata un máximo de 10 puntos.
B1) Cursos, xornadas, seminarios, congresos e similares relacionadas coas funcións da posto/función á que se opta:
Os cursos de formación relacionados coa protección do ecosistema e efectos do lume, comportamento do lume, técnicas de extinción, apertura dunha liña de defensa, mantemento de ferramentas, manexo da emisora, seguridade e en xeral de protección de incendios valoraranse segundo a seguinte táboa:
TIPO DE CURSOS | PUNTUACIÓN POR HORA |
Asistencia. | 0,035 |
Aproveitamento. | 0,070 |
Non se valorará a formación obtida no curso de prevención e defensas contra incendios obrigatorio para o desempeño do posto de traballo.
A puntuación máxima neste apartado será de 9 puntos.
B2) Titulacións académicas:
A puntuación máxima neste apartado será de 1 punto.
As titulacións académicas, incluídos os master oficiais, sempre que o Tribunal considere que están relacionados coas funcións da praza valoraranse a criterio do Tribunal. Excluírase esta valoración a titulación académica que se presente ao obxecto de acreditar o requisito de titulación para participar no proceso selectivo.
12.— TRIBUNAL CUALIFICADOR
Os membros do Tribunal Cualificador serán designados pola Sra. Alcaldesa – Presidenta segundo o disposto no Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, e en atención ao principio de imparcialidade e profesionalidade dos seus membros.
A totalidade dos seus membros deberá posuír un nivel de titulación igual ou superior á esixida para o aceso á praza obxecto desta convocatoria.
Deberá tenderse na súa composición, á paridade entre home e muller.
A pertenza ao mesmo será sempre a titulo individual non podendo ostentarse esta en representación ou por conta de ninguén.
Non poderán formar parte do Tribunal os funcionarios ou laborais que realizaran tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á convocatoria.
O tribunal de selección poderá dispoñer a incorporación de asesores especialistas, para todas ou algunhas das probas, que colaborarán co órgano de selección exclusivamente no exercicio das súas especialidades técnicas sen que sexan integrantes do Tribunal, correspondéndolle o asesoramento e ilustración do parecer dos seus membros.
O tribunal cualificador estará integrado do seguinte feito:
Presidente: Un funcionario de carreira ou persoal laboral. Con voz e voto. Secretario: O da Corporación, funcionario ou persoal laboral. Con voz e voto. Vogal: Un funcionario de carreira ou persoal laboral. Con voz e voto.
En ningún caso poderán formar parte do Tribunal funcionarios interinos ou persoal laboral temporal.
A súa composición farase pública na mesma resolución da Alcaldía pola que se aproba a lista provisional de admitidos e excluídos.
Os membros do Tribunal deberán absterse de intervir, notificándoo á autoridade convócante, cando concorra algunha das circunstancias previstas no art. 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público. Así mesmo, os aspirantes poderán recusar aos membros do tribunal cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 24 da lei citada.
O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros. En todo caso, será precisa a asistencia do Presidente e Secretario.
O Tribunal Cualificador queda autorizado para resolver as dúbidas que se presenten e para tomar os acordos necesarios para a boa orde do proceso selectivo, en todo o non previsto nestas bases.
13.- RECOÑECEMENTO MÉDICO E PROBA FÍSICA DE ESFORZO.
13.1.- Os aspirantes seleccionados estarán obrigados a realizar antes da súa contratación un recoñecemento médico e unha proba física de esforzo (proba do banco) nos días, horas e lugares que unilateralmente estableza o Concello de O Valadouro.
13.2.- A non superación do recoñecemento médico ou da proba física de esforzo será causa de non contratación do traballador/a seleccionado/a.
14.- REALIZACIÓN DUN CURSO DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS.
14.1.- Os compoñentes da brigada virán obrigados a realizar un curso teórico-práctico de formación sobre prevención e defensa contra incendios forestais de 16 horas que será impartido por persoal competente na materia do curso: enxeñeiro de montes ou enxeñeiro técnico forestal.
14.2.- Co obxecto de perfeccionar e dar continuidade á formación deste persoal, este curso será obrigatorio, aínda que os seleccionados xa o recibisen en anos anteriores.
14.3.- A non realización do curso de formación suporá o cese do traballador por incumprimento desta base.
14.4.- O Curso de formación versará sobre as seguintes materias coa distribución horaria que se recomenda:
- A defensa contra os incendios forestais en Galicia, 1hora.
- Comportamento do lume. Factores que inflúen na evolución do lume, 1 hora
- Ferramentas, 1 hora.
- Extinción e liquidación, 1,5 horas.
- Conducción de vehículos todoterreo, 0,5 horas
- Seguridade laboral en incendios forestais, 1 hora.
- Primeiros Auxilios, 2 horas.
- Traballo co vehículo motobomba 2,5 horas.
- Liñas de defensa e ferramentas, 2,5 horas.
- EPI e comunicacións, 1 hora.
- Seguridade e saúde e Partes, 1 hora.
- Medios aéreos, embarque e desembarque. Posición de seguridade en descargas, 1 hora.
15. —BOLSA DE EMPREGO
Coa lista complementaria de reserva constituirase nunha bolsa de emprego, á que se acudirá para o caso de que a praza contratada ao abeiro desta convocatoria quedase definitivamente vacante por algunha circunstancia ou para realizar algunha substitución temporal con reserva de praza ( referida a esta praza).
Esta bolsa de emprego terá validez para a presente campaña de prevención e loita contra incendios.
16. —NORMAS FINAIS
Primeira.- Para todo o non previsto nestas bases, será de aplicación supletoria o establecido na Lei Estatuto Básico do Empregado Público, na Lei reguladora das Bases do Réxime Local, na Lei de Administración Local de Galicia, na Lei de medidas para a reforma da Función Publica, na Lei de emprego público de Galicia, no Real Decreto 896/1991, sobre regras básicas e programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración Local, no no Real Decreto 364/1995, polo que se aproba o Regulamento Xeral de ingreso do Persoal ao Servizo da Administración do Estado e na demais lexislación vixente que sexa de aplicación.
Segunda.- Agás a convocatoria, os sucesivos actos e comunicacións que se deriven da celebración do proceso selectivo faranse públicos, exclusivamente, a través do taboleiro de anuncios da Casa do Concello e na sede electrónica do Concello.
Terceira.- Tódolos actos administrativos derivados desta convocatoria, así como das actuacións dos tribunais cualificadores, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos pola Lei de procedemento administrativo e normas vixentes concordantes.
A presentación de reclamacións non suspenderá a prosecución do proceso selectivo, salvo que así o decida o órgano convocante do mesmo.
Cuarta.- Contra as presentes bases e a resolución que as aproba, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer RECURSO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO ante o Xulgado Contencioso Administrativo, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria.
Con carácter potestativo e previo, poderá interpoñerse RECURSO DE REPOSICIÓN ante o mesmo órgano que adoptou o acordo de aprobación, no prazo de un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso administrativo ata que se resolva expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.
Todo iso sen prexuízo de que poida exercitar calquera outro que estime procedente.
ANEXO I.CONSENTIMENTO CON COÑECEMENTO DE CAUSA.
DON ………………………………….., con D.N.I ………………………………………, como parte do proceso de selección de tres CONDUTORES DE MOTOBOMBA PARA O SERVIZO DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS PARA O CONCELLO DE O VALADOURO COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL NO MARCO DO CONVENIO INTERADMINISTRATIVO ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E O CONCELLO DE O VALADOURO, PARA A REALIZACIÓN DE ACCIÓNS DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS DURANTE O ANO 2023-2024, COFINANCIADO PARCIALMENTE CO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER) NO MARCO DO PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (PDR) DE GALICIA 2014-2020 entendo que se me
pedirá levar a cabo diversas probas para valorar o meu nivel de aptitude biolóxica en caso de resultar seleccionado.
Entendo que teño liberdade para formular calquera pregunta sobre calquera proba. Se por algún motivo non poido realizar algunha proba informarei ó administrador.
Existen certos riscos asociados á realización das probas entre eles respostas anormais da tensión arterial ou da frecuencia cardíaca, trastornos nos latidos cardíacos, desmaios e en casos raros, ataques cardíacos, apoplexía ou morte.
Posto que o meu estado de saúde pode afectar directamente á miña seguridade durante o exercicio, poñerei ó corrente ó administrador de tódolos meus problemas de saúde. Asimesmo informarei con prontitude sobre calquera molestia ou dor asociados cunha determinada proba ós administradores.
A inscrición para participar no proceso de selección é voluntaria e entendo que son libre de retirarme de calquera proba, en calquera momento por razóns de saúde.
Igualmente autorizo ó Concello a realizar todas as probas necesarias para verificar o cumprimento das condicións de capacidade funcional necesarias para o desenvolvemento do posto de traballo mediante a realización do pertinente recoñecemento médico incluídas probas de alcoholemia e toxicolóxicas. A información sobre a miña persoa e estado de saúde resultante de dito recoñecemento terá a consideración de datos de carácter persoal incorporándose ó expediente de selección e non será revelada a ningún extrano sen a miña autorización escrita.
Lin e acepto este formulario e dou o meu consentimento escrito para participar neste proceso de selección.
O Valadouro a de de 2023.
De acordo co establecido no Regulamento UE 2016/679 de Protección de Datos Persoais (RGPD), informámolo de que o responsable de tratamento dos seus datos persoais é o Concello de O Valadouro con dirección en C/ Feira Nova, 1, CP 27770, O Valadouro. (Lugo). Os seus datos persoais serán empregados para a xestión do expediente administrativo solicitado por vostede a través do presente formulario. La lexitimación para o tratamento dos seus datos persoais é o cumprimento dunha obriga legal. Os datos persoais cederanse cando exista una obrigación legal para cedelos. Vostede ten dereito a acceder, rectificar o suprimir os seus datos, así como outros dereitos, tal e como se explica na información adicional e detallada de protección de datos, que pode consultar na oficina da entidade sita en la dirección arriba indicada ou ben solicitándoa a través da sede electrónica do Concello: https://valadouro.sedelectronica.es/info.0
SRA. ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE O VALADOURO.
ANEXO II (modelo de instancia)
D./D.ª………………………………………………………………………………………………………………….., con DNI………………………………………, nado/-a ……………………(data nacemento), veciño/-a
de……………………………………., con enderezo a efectos de notificación en………………………………………………………………………………………………………………………..
teléfono……………………………………………….. ,
EXPÓN:
Que desexa ser admitido/-a á proba selectiva de acceso para a cobertura de tres prazas de
□ Condutor de motobomba para o Servizo de prevención e extinción de incendios
forestais.
Que coñece e acepta as bases que rexerán para a dita convocatoria, e declara que reúne todos e cada un dos requisitos esixidos, referidos á finalización do prazo sinalado para a presentación de instancias.
Que achega coa solicitude a seguinte documentación ou xustificantes esixidos polas bases que rexen a convocatoria así como os xustificantes dos méritos alegados:
(relación de documentación esixida e de méritos alegados)
Polo tanto SOLICITA:
Que se teña por presentada a correspondente solicitude no prazo establecido e se lle admita a tomar parte nas probas selectivas para o/os posto/s arriba indicado/s.
O Valadouro, ………., de……………………….. de 2023
(sinatura)
De acordo co establecido no Regulamento UE 2016/679 de Protección de Datos Persoais (RGPD), informámolo de que o responsable de tratamento dos seus datos persoais é o Concello de O Valadouro con dirección en C/ Feira Nova, 1, CP 27770, O Valadouro. (Lugo). Os seus datos persoais serán empregados para a xestión do expediente administrativo solicitado por vostede a través do presente formulario. La lexitimación para o tratamento dos seus datos persoais é o cumprimento dunha obriga legal. Os datos persoais cederanse cando exista una obrigación legal para cedelos. Vostede ten dereito a acceder, rectificar o suprimir os seus datos, así como outros dereitos, tal e como se explica na información adicional e detallada de protección de datos, que pode consultar na oficina da entidade sita en la dirección arriba indicada ou ben solicitándoa a través da sede electrónica do Concello: https://valadouro.sedelectronica.es/info.0
SRA. ALCALDESA – PRESIDENTA DO CONCELLO DO VALADOURO
ANEXO III (Temario)
PROGRAMA/TEMARIO.
Tema 1.- A Constitución española de 1978. Estrutura e principios xerais. Dereitos e deberes fundamentais.
Tema 2.- .- A Organización Municipal. O Alcalde, O Pleno e a Xunta de Goberno. As súas competencias e procedemento.
Tema 3.- A Lei 3/2007, do 9 de abril, de Prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Aproveitamentos no monte: Cambos de actividade en terreos queimados, actividades en terreos queimados, vixilancia e detección de incendios forestais, extinción e investigación de incendios forestais.
Tema 4.- Plan municipal de prevención e defensa contra incendios forestais do Concello de O Valadouro.
Tema 5.- O Pladiga.
Tema 6.- Tipoloxía de incendios forestais.
Tema 7.- Coñecemento do ámbito territorial de actuación da unidade de prevención: Núcleos de poboación, vias de comunicación, hidrografía, orografía, edificios e paraxes singulares.