BASES PARA O PROCESO SELECTIVO AO OBXECTO DE CUBRIR, UN POSTO DE XEFE DE BRIGADA PARA O SERVIZO DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS , DO CADRO DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL DO CONCELLO DO VALADOURO NO MARCO DO CONVENIO INTERADMINISTRATIVO ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E O CONCELLO DE O VALADOURO, PARA A REALIZACIÓN DE ACCIÓNS DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS DURANTE OS ANOS 2023-2024, COFINANCIADO PARCIALMENTE CO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER) NO MARCO DO PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (PDR) DE GALICIA 2014-2020.
1.- OBXECTO DAS BASES: Selección de Persoal Laboral Temporal ó abeiro do artigo 15.1.a) do Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores.
2.- RELACIÓN XURÍDICA: Persoal Laboral temporal (contrato de obra ou servizo determinado)
3.- CARACTERÍSTICAS DO POSTO DE TRABALLO:
3.1.- DENOMINACIÓN DO POSTO DE TRABALLO: Xefe de Brigada
3.2.- GRUPO DE COTIZACIÓN: 3
3.3.- CATEGORÍA PROFESIONAL: Encargado de equipo
3.4.- TIPO DE XORNADA: Xornada completa (37,5 horas semanais, segundo se reflicte no convenio colectivo de condicións de traballo do persoal laboral do Concello do Valadouro). A xornada laboral desenvolverase no horario que demande o servizo e con plena dispoñibilidade, incluíndo nela os traballos en domingos, festivos e festas locais, así como as quendas de noite necesarias.
3.5.- RETRIBUCIÓNS: O/A Aspirante seleccionado/a percibirá as retribucións establecidas no convenio colectivo para a regulación das condicións de traballo do persoal laboral ó servizo do concello de O Valadouro co seguinte bruto mensual:
1.198,37 €.
4.- ADSCRICIÓN: Á brigada de prevención e defensa contra incendios forestais. A cobertura realizase con carácter excepcional por considera-la urxente e inaprazable dentro da addenda ao convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Valadouro (O) para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante o ano 2021, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.
A Lei 3/2007, do 9 de abril, de Prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, modificada pola disposición derradeira primeira da Lei 7/2012 do 28 de xuño de Montes establece as medidas preventivas que faciliten a loita contra o lume e que sirvan así mesmo para a posta en valor da potencialidade produtiva, ecolóxica e social do monte galego como base do desenvolvemento sustentable do medio rural. O artigo 8 establece que as administracións públicas de Galicia colaborarán entre si e cooperarán nas tarefas de prevención e loita contra os incendios forestais, achegando os medios materiais, económicos e humanos á súa disposición.
Os incendios forestais son unha ameaza que afecta hoxe en día, de xeito xeral, non só o patrimonio forestal público ou privado (tanto montes de particulares, montes veciñais en man común e montes de varas) senón taméN aos recursos naturais e ao mantemento e desenvolvemento da actividade humana no medio rural, ademais de comprometer a sustentabilidade económica e social de Galiza o que require o compromiso de todas as Administracións, en particular a autonómica e local e o conxunto da cidadanía . Compre pois, un enfoque global na actuación preventiva ante os incendios forestais, de xeito que as medidas que se implementen abrangan todo o territorio aínda que, para unha maior eficacia do uso dos recursos, hai que priorizar as zonas clasificadas polo Goberno galego como de medio e alto risco de acordo cos seus plans de prevención e defensa contra incendios forestais. En todo caso, cómpre lembrar que todas as entidades locais de Galicia, segundo o disposto na orde do 18 de abril de 2007 pola que se zonifica o territorio con base no risco espacial de incendio forestal, están declarados de alto ou medio risco de incendio, polo que poden ser obxecto de financiación con FEADER.
A brigada integrarase no dispositivo de emerxencias do Distrito Forestal onde se sitúe a entidade local, priorizando a actuación da brigada na extinción de incendios forestais respecto de outros traballos, segundo o disposto no artigo 47 da Lei 43/2003, de montes e no artigo 48.6 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais. Así mesmo, cando concorran razóns extraordinarias de emerxencia, o órgano autonómico poderá decidir a mobilización destes medios fora do seu termo municipal, conforme ó previsto no PLADIGA no que expresamente se prevé como se producirá a coordinación en tales supostos.
A integración no dispositivo do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais realizarase baixo o mando único descrito no PLADIGA. Os traballos de extinción serán marcados sempre por persoal do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais ao responsable da brigada. A brigada debe en todo momento colaborar e coordinarse co despregue de medios do Distrito Forestal.
A brigada asemade das labores de extinción que lle poidan ser encomendadas levará a cabo labores de prevención de incendios forestais encamiñadas a diminuír o risco de propagación e minorar os danos dos incendios forestais no caso de producirse. Estes traballos consistirán na roza, rareo e eliminación de restos nos tres meses de operatividade da brigada e desenvolveranse en vías e camiños forestais, áreas cortalumes ou nas súas faixas de xestión da biomasa de titularidade municipal, ou en superficies sobre as cales a entidade local teña cesión de aproveitamento, uso e/ou disfrute realizada por parte das persoas responsables de acordo co artigo 21 ter da lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia ou superficies de propietario descoñecido, previa acreditación de dita condición. Todo elo cando non sexa posible a mecanización de ditos traballos.
5.- FUNCIÓNS DO POSTO DE TRABALLO:
De conformidade co PLADIGA 2021 son funcións do xefe de brigada:
Misións: En materia de prevención e defensa contra incendios forestais dentro do Distrito Forestal
- Responsabilizarase dos medios materiais postos a súa disposición.
- Será o responsable do adecuado funcionamento do persoal ao seu cargo, de acordo coas instrucións recibidas en cada momento.
- Manterá unha lista do persoal e medios ao seu cargo.
- Impartirá a instrución e o adestramento ao persoal da súa brigada para a prevención e extinción.
- Dirixirá e participará nas labores de prevención e extinción, e en todos aqueles traballos de prevención que lle sexan encomendados.
- Terá coñecemento e práctica das especialidades elementais (mochilas de extinción, retardantes, motoserra, rozadora,…).
- Utilizará a maquinaria e apeiros de manexo manual propio das tarefas encomendadas de defensa contra incendios.
- Será o responsable das comunicacións da súa brigada co operativo e coa organización da prevención e defensa contra incendios forestais. Empregará para iso os equipos de comunicación encomendados.
- Observará e velará polo cumprimento das normas de seguridade e prevención de riscos laborais do persoal ao seu cargo.
- Vixiará o mantemento do vehículo e asegurará o seu estado de operatividade (carburante, auga, no seu caso anticonxelante, presión de pneumáticos, etc.) obrigando ao/á Bombeiro/a forestal condutor/a a realizar a revisión diaria.
- Deberá conducir vehículos cando o demanden as necesidades do servizo.
- Deberá realizar un parte diario dos traballos realizados pola súa brigada.
- Deberá comunicar o CCD, ao entrar de servizo, o número de compoñentes operativos da brigada nesa data.
- Verificará que a estiba do material de extinción no vehículo é axeitada, efectuando un reconto ao rematar cada extinción e solicitando á Xefatura de Distrito a reposición do deteriorado unha vez rematada a xornada.
- Constituirase en DTE cando actúe illadamente a brigada ou o binomio Brigada – Vehículo motobomba. No caso de que actúen conxuntamente varias brigadas o CCD nomeará ao Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada que se constituirá como DTE.
- Comunicará periodicamente ao DTE, e cando lle sexa solicitado, a situación do lume no seu ámbito de actuación, así como o desenvolvemento dos traballos encomendados.
- No caso de que a brigada sexa o primeiro medio operativo en achegarse a un novo lume, comunicará coa maior brevidade posible ao Distrito Forestal ou mando intermedio correspondente, unha análise de situación do lume.
- Vixiará o estado físico e anímico do persoal ao seu cargo.
- Deberá saber ler o plano e localizar o punto de actuación.
- Facilitará mensualmente á Xefatura de Distrito ou ao CCD, a relación de todas as intervencións levadas a cabo.
- Todas aquelas outras relacionadas coa prevención, detección e extinción de incendios forestais.
- Realizará os labores silvícolas e medio ambientais encomendados.
- Será o responsable da correcta execución das tarefas asignadas polo/a DTE no saneamento e remate dos lumes por parte da súa brigada.
- Será o responsable do mantemento do punto de encontro que lle sexa asignado.
- Participará na execución de queimas controladas.
- Aqueloutras tarefas que se van desenvolver tanto no ámbito da extinción como no da prevención segundo as necesidades que en cada momento sexan prioritarias e recollidas na Resolución do 20 de outubro de 2008, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación do convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia. (D.O.G. Nº 213 do 3 de novembro de 2008)
6.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
1.-As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante instancia dirixida ao Sr. Alcalde, en modelo que se facilitará no Rexistro Xeral da Corporación (Anexo III), nas que se fará constar que se reúnen todos e cada un dos requisitos establecidos na base novena desta convocatoria.
2.- Os aspirantes con algunha diversidade funcional terán que indicalo na solicitude, acompañada da correspondente documentación acreditativa. Así mesmo, terán que solicitar as posibles adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios nos que esta adaptación sexa necesaria.
11.1.2.- Proba de Galego.
3.-As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello do Valadouro no prazo de cinco (5) días hábiles contados dende o día seguinte da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Tamén se poderán presentar na forma que determina o artigo 16.4 da Lei 39/15, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas; neste caso, os concursantes deberán comunicalo mediante fax (982 574303) durante o mesmo prazo que o de presentación de instancias
4.- A solicitude irá acompañada da seguinte documentación:
- Copia compulsada do Documento Nacional de Identidade ou documento identificativo.
- Copia compulsada do permiso de conducir clase B.
- Relación dos méritos que aleguen para a súa avaliación na fase de concurso, que se acompañará da documentación orixinal (ou fotocopias autenticadas) acreditativa dos mesmos.
Non se terán en conta nin serán valorados aqueles méritos que non estean acreditados na forma indicada. Tampouco se terán en conta aqueles méritos que non se acrediten suficientemente no momento de rematar o prazo de presentación de instancias.
Para que teñan validez neste proceso selectivo, tódolos documentos que se presenten deberán estar expedidos nalgunha das linguas oficiais na Comunidade Autónoma de Galicia (galego ou castelán). No caso de tratarse de documentos expedidos noutras Comunidades Autónomas do Estado Español, para que teñan validez deberán estar redactados en lingua castelá ou traducidos polo organismo competente da respectiva Comunidade. Tratándose de documentos expedidos nun país estranxeiro, deberán estar traducidos, validados e apostilados pola correspondente oficina diplomática española ou organismo competente.
Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española e sexan nacionais dun Estado Membro da Unión Europea, con dereito a participar nalgún proceso selectivo, deberán presentar unha fotocopia do Pasaporte ou documento que acredite a súa identidade e nacionalidade. De ser o caso, tamén presentarán os documentos que confirmen o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo dunha persoa nacional doutro Estado co que teña o dito vínculo. Así mesmo, deberán achegar unha declaración xurada ou promesa de dita persoa de que non está separado de dereito do seu cónxuxe e, ser o caso, do feito de que o aspirante vive ás súas expensas ou de que está ao seu cargo.
Os demais aspirantes estranxeiros, xunto coa fotocopia do seu Pasaporte en vigor, deberán acompañar copia do documento que acredite que están habilitados a residir e a poder acceder sen limitación ao mercado laboral en España.
Coa presentación da instancia para tomar parte no proceso selectivo entenderase que os interesados aceptan e acatan todas e cada unha das bases desta convocatoria.
Non poderán participar na presente convocatoria aquelas persoas que teñan prestado servizos no Concello do Valadouro con carácter temporal por un período de 21 meses nos últimos 27 meses, con independencia de que a relación laboral tivera ou non continuidade no devandito período.
7.- ADMISIÓN DE ASPIRANTES
- Rematado o prazo para presentalas instancias, o Alcalde ditará resolución no prazo máximo de dous días hábiles que conterá:
-a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos, con indicación, se é o caso, das causas de exclusión.
-a designación do tribunal cualificador e a data da súa constitución
-a data, hora e lugar en que se realizará a valoración de méritos.
Esta resolución publicarase de xeito íntegro no Taboleiro de Anuncios do Concello e na páxina web.
- Os aspirantes excluídos dispoñen dun prazo de dous días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación da antedita resolución, para presentar as reclamacións oportunas ou emendas de defectos.
- Transcorrido o prazo de subsanación, as reclamacións, se as houbera, serán aceptadas ou rexeitadas mediante resolución pública de Alcaldía, publicada no taboleiro de anuncios, aprobando a lista definitiva de admitidos e excluídos.
- De non haber excluídos ou se non se presentaran reclamacións, a lista provisional elevarase a definitiva automaticamente.
- Contra a resolución do alcalde pola que se declaren definitivamente excluídos do proceso selectivo, o interesado poderá interpoñer recurso de reposición no prazo de un mes a contar dende o día seguinte á publicación no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web da devandita resolución, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses dende a citada data. Non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente o recurso de reposición ou se producise a súa desestimación presunta.
- A inclusión dos aspirantes nas listas de admitidos non supón, en ningún caso, o recoñecemento por parte desta Administración Municipal de que aqueles reúnen os requisitos esixidos para ser contratados, requisitos que se deberán acreditar segundo o establecido na base 6ª.
8.- DURACIÓN DO CONTRATO: ata o final da operatividade das brigadas de incendios na campaña de 2021.
9.- REQUISITOS INDISPENSABLES.
- Debera estar en posesión do título de Enxeñeiro de Montes, Enxeñeiro Técnico Forestal, Técnico Superior en Xestión e Organización de Recursos Naturais e Paisaxísticos, Técnico en Traballos Forestais e Conservación do Medio Rural ou formación profesional equivalente.
- Permiso de conducir clase B (deberá aportarse coa solicitude de participación no proceso selectivo).
- Deberá aportar autorización para realizar a proba física de esforzo que deberán realizar xunto co recoñecemento médico previo á contratación (Anexo I das presentes bases).
10. NIVEL DE GALEGO ESIXIDO: CELGA 4.
11.- SISTEMA SELECTIVO: CONCURSO-OPOSICIÓN
11.1. FASE DE OPOSICIÓN.
11.1.1.- A fase de oposición consistirá na realización dun exame tipo test, que terá carácter obrigatorio, en que haberá que responder a un cuestionario de 50 preguntas sobre os contidos do temario que se recolle no Anexo II, cunha puntuación máxima de ata 30 puntos.
11.1.2.-Os aspirantes deberán presentarse para a realización do exercicio provistos do DNI ou dun documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do Tribunal de selección
11.1.3.-Cada pregunta formularase con tres respostas alternativas, das que solo unha será correcta. O exercicio realizarase a porta cerrada coa única presencia dos/as opositores/as, os membros do Tribunal de Selección e as persoas colaboradoras que este último designe, no seu caso. O tempo máximo para a realización deste exercicio será de 40 minutos.
11.1.4.-Cada resposta correcta valorarase con 0,60 puntos, cada resposta incorrecta restará 0,30 puntos.
O artigo 51.2 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia establece que:
“[…], para darlle comprimento á normalización do idioma galego nas Administracións Públicas de Galicia e para garantir o dereito ao uso do galego nas relacións coas Administracións Públicas no ámbito da Comunidade Autónoma, así como a promoción do uso normal do Galego por parte dos poderes públicos de Galicia, nas probas
selectivas que se realicen para o acceso aos postos das Administracións Públicas incluídas no ámbito de aplicación desta lei incluirase un exame de galego, agás para aquelas persoas que acrediten o coñecemento da lingua galega consonte a normativa vixente. As bases das convocatorias dos procesos selectivos establecerán o carácter e, se é o caso, a valoración do coñecemento da lingua galega.”.
A proba consistirá na tradución dun texto en castelán para o galego ou en galego para o castelán. Esta proba é obrigatoria e eliminatoria e cualificarase con apto ou non apto.
Os/as aspirantes que acrediten posuír con anterioridade ao día en que remate o prazo de presentación de solicitudes o nivel de galego esixido nas Bases específicas non terán que realizar esta proba.
11.1.3.- Adaptación de probas aos aspirantes que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33%.
Aqueles aspirantes con discapacidade que se presenten á cota xeral ou a cota reservada a discapacitados poderán solicitar as adaptacións e axustes razoables e necesarios de tempo e medios para a realización das probas, debendo facelo constar na solicitude.
Estas adaptacións realizaranse conforme ao establecido na Orde 1822/2006, de 9 de xuño pola que se establecen criterios xerais para a adaptación de tempos adicionais nos procesos selectivos para o acceso ao emprego público de persoas con discapacidade.
11.2.- FASE DE CONCURSO.
Rematada a fase de oposición, procederase a realizar a fase de concurso aos/ás aspirante/s.
11.2.1.- Baremo de méritos. O Tribunal puntuará os méritos acreditados polos aspirantes, conforme ao sinalado no presente baremo:
A) Experiencia profesional.
Valorarase a experiencia profesional segundo os seguintes criterios ata un máximo de 10 puntos . Acreditarase a través de certificación oficial de vida laboral actualizada e a copia do contrato ou certificado de empresa en que consten as tarefas realizadas e a duración.
No suposto de relacións laborais ou de servizo de carácter parcial, o cómputo do tempo da concreta relación laboral será a que apareza sinalada no Informe de Vida Laboral.
Os servizos prestados como xefe de brigada de incendios, coordinador técnico de grumir, ou similar valoraranse a razón de 0,15 puntos por mes traballado se se prestaron nunha Administración Pública e de 0,07 puntos por mes traballado se se prestaron nunha empresa privada.
B) Formación: Valorarase ata un máximo de 10 puntos.
B1) Cursos, xornadas, seminarios, congresos e similares relacionadas coas funcións da posto/función á que se opta:
Os cursos de formación relacionados coa protección do ecosistema e efectos do lume, comportamento do lume, técnicas de extinción, apertura dunha liña de defensa, mantemento de ferramentas, manexo da emisora, seguridade e en xeral de protección de incendios valoraranse segundo a seguinte táboa:
TIPO DE CURSOS | PUNTUACIÓN POR HORA |
Asistencia. | 0,035 |
Aproveitamento. | 0,070 |
A puntuación máxima neste apartado será de 9 puntos.
B2) Titulacións académicas:
A puntuación máxima neste apartado será de 1 puntos.
As titulacións académicas, incluídos os master oficiais, sempre que o Tribunal considere que están relacionados coas funcións da praza valoraranse a criterio do Tribunal. Excluírase esta valoración a titulación académica que se presente ao obxecto de acreditar o requisito de titulación para participar no proceso selectivo.
12.— TRIBUNAL CUALIFICADOR
Os membros do Tribunal Cualificador serán designados polo Sr. Alcalde – Presidente segundo o disposto no Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, e en atención ao principio de imparcialidade e profesionalidade dos seus membros.
A totalidade dos seus membros deberá posuír un nivel de titulación igual ou superior á esixida para o aceso á praza obxecto desta convocatoria.
Deberá tenderse na súa composición, á paridade entre home e muller.
A pertenza ao mesmo será sempre a título individual non podendo ostentarse esta en representación ou por conta de ninguén.
Non poderán formar parte do Tribunal os funcionarios ou laborais que realizaran tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á convocatoria.
O tribunal de selección poderá dispoñer a incorporación de asesores especialistas, para todas ou algunhas das probas, que colaborarán co órgano de selección exclusivamente no exercicio das súas especialidades técnicas sen que sexan integrantes do Tribunal, correspondéndolle o asesoramento e ilustración do parecer dos seus membros.
O tribunal cualificador estará integrado do seguinte feito:
Presidente: Un funcionario de carreira ou persoal laboral. Con voz e voto. Secretario: O da Corporación, funcionario ou persoal laboral. Con voz e voto. Vogal: Un funcionario de carreira ou persoal laboral. Con voz e voto.
En ningún caso poderán formar parte do Tribunal funcionarios interinos ou persoal laboral temporal.(art. 60 TREBEP e art. 59 da Lei 2/2015, de Emprego Público de Galicia)
A súa composición farase pública na mesma resolución da Alcaldía pola que se aproba a lista provisional de admitidos e excluídos.
Os membros do Tribunal deberán absterse de intervir, notificándoo á autoridade convócante, cando concorra algunha das circunstancias previstas no art. 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público. Así mesmo, os aspirantes poderán recusar aos membros do tribunal cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 24 da lei citada.
O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros. En todo caso, será precisa a asistencia do Presidente e Secretario.
O Tribunal Cualificador queda autorizado para resolver as dúbidas que se presenten e para tomar os acordos necesarios para a boa orde do proceso selectivo, en todo o non previsto nestas bases.
13.- RECOÑECEMENTO MÉDICO E PROBA FÍSICA DE ESFORZO.
13.1.- Os aspirantes seleccionados estarán obrigados a realizar antes da súa contratación un recoñecemento médico e unha proba física de esforzo (proba do banco) nos días, horas e lugares que unilateralmente estableza o Concello de O Valadouro.
13.2.- A non superación do recoñecemento médico ou da proba física de esforzo será causa de non contratación do traballador/a seleccionado/a.
14.- REALIZACIÓN DUN CURSO DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS.
14.1.- Os compoñentes da brigada virán obrigados a realizar un curso teórico-práctico de formación sobre prevención e defensa contra incendios forestais de 16 horas que será impartido por persoal competente na materia do curso: enxeñeiro de montes ou enxeñeiro técnico forestal.
14.2.- Co obxecto de perfeccionar e dar continuidade á formación deste persoal, este curso será obrigatorio, aínda que os seleccionados xa o recibisen en anos anteriores.
14.3.- A non realización do curso de formación suporá o cese do traballador por incumprimento desta base. 14.4.- O Curso de formación versará sobre as seguintes materias coa distribución horaria que se recomenda:
- A defensa contra os incendios forestais en Galicia, 1hora.
- Comportamento do lume. Factores que inflúen na evolución do lume, 1 hora
- Ferramentas, 1 hora.
- Extinción e liquidación, 1,5 horas.
- Conducción de vehículos todoterreo, 0,5 horas
- Seguridade laboral en incendios forestais, 1 hora.
- Primeiros Auxilios, 2 horas.
- Traballo co vehículo motobomba 2,5 horas.
- Liñas de defensa e ferramentas, 2,5 horas.
- EPI e comunicacións, 1 hora.
- Seguridade e saúde e Partes, 1 hora.
- Medios aéreos, embarque e desembarque. Posición de seguridade en descargas, 1 hora.
15. —BOLSA DE EMPREGO
Coa lista complementaria de reserva constituirase nunha bolsa de emprego, á que se acudirá para o caso de que a praza contratada ao abeiro desta convocatoria quedase definitivamente vacante por algunha circunstancia ou para realizar algunha substitución temporal con reserva de praza ( referida a esta praza).
Esta bolsa de emprego terá validez para os próximos convenios ou addendas ao convenio interadministrativo coa Consellería do Medio Rural para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais, e con un máximo de cinco anualidades.
16. —NORMAS FINAIS
Primeira.- Para todo o non previsto nestas bases, será de aplicación supletoria o establecido na Lei Estatuto Básico do Empregado Público, na Lei reguladora das Bases do Réxime Local, na Lei de Administración Local de Galicia, na Lei de medidas para a reforma da Función Publica, na Lei de emprego público de Galicia, no Real Decreto 896/1991, sobre regras básicas e programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración Local, no no Real Decreto 364/1995, polo que se aproba o Regulamento Xeral de ingreso do Persoal ao Servizo da Administración do Estado e na demais lexislación vixente que sexa de aplicación.
Segunda.- Agás a convocatoria, os sucesivos actos e comunicacións que se deriven da celebración do proceso selectivo faranse públicos, exclusivamente, a través do taboleiro de anuncios da Casa do Concello e na sede electrónica do Concello.
Terceira.- Tódolos actos administrativos derivados desta convocatoria, así como das actuacións dos tribunais cualificadores, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos pola Lei de procedemento administrativo e normas vixentes concordantes.
A presentación de reclamacións non suspenderá a prosecución do proceso selectivo, salvo que así o decida o órgano convocante do mesmo.
Cuarta.- Contra as presentes bases e a resolución que as aproba, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer RECURSO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO ante o Xulgado Contencioso Administrativo, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria.
Con carácter potestativo e previo, poderá interpoñerse RECURSO DE REPOSICIÓN ante o mesmo órgano que adoptou o acordo de aprobación, no prazo de un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso administrativo ata que se resolva expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.
Todo iso sen prexuízo de que poida exercitar calquera outro que estime procedente.