Xoves, 16 de maio
Ás 10:30h. na Casa da Cultura do Valadouro
A Administración preto de ti é o proxecto do Ministerio de Política Territorial, impulsado conxuntamente co Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, e que conta coa colaboración da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que facilita á cidadanía o acceso a trámites e xestións da Administración Xeral do Estado.
Esta iniciativa leva a cabo en municipios que contan entre 500 e 8.000 habitantes de todo o territorio e nalgunhas provincias con máis núcleos de poboación dispersos tamén se aplicará en municipios con menos de 500 habitantes.
Os veciños e veciñas destes municipios só terán que desprazarse ao seu concello onde se axudará á cidadanía a obter os medios de identificación e firma dixital que permiten acceder aos servizos públicos, facilitaráselles o acceso á carta de servizos públicos dispoñible e informarase das vantaxes, por exemplo, do Cartafol Cidadán, cuxa aplicación móbil lanzou o Goberno. Todos estes trámites, sen ter que desprazarse fóra do seu municipio.
Tamén haberá asistencia aos cidadáns para tramitar ‘in situ’ as súas solicitudes sobre os servizos que prestan delegacións, subdelegacións e direccións Insulares, e facilitarase así mesmo información sobre os servizos máis demandados.