O Programa de Extensión da Banda Ancha de Nova Xeración ( PEBA- NGA) está xestionado polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a través da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais e conta con financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
As axudas públicas do Programa PEBA- NGA van destinadas a apoiar o esforzo investidor dos operadores privados, co obxectivo de estender o despregamento das redes de banda ancha de moi alta velocidade (máis de 100 Mbps) ás zonas máis rurais e de menor densidade de poboación, onde existe un fallo de mercado, sendo por tanto este programa un instrumento crave para pechar a fenda dixital xeográfica, facer fronte ao reto demográfico e construír unha sociedade máis inclusiva.
De 2013 a 2019 as axudas dirixíronse exclusivamente ás zonas que carecían de cobertura NGA e de plans para a súa dotación nun prazo de 3 anos (zonas brancas NGA). A partir de 2020, as axudas dirixiranse tamén ás zonas que teñan unha cobertura NGA deficiente, entendida como a proporcionada ou prevista por un só operador (zonas grises NGA) a velocidade inferior aos 100 Mbps.
Coas axudas concedidas ata 2019 e unha vez finalicen os proxectos con axudas concedidas nas últimas convocatorias, a cobertura de acceso a banda ancha de máis de 100 Mbps situarase por encima do 91% da cidadanía.
Núcleos beneficiados en O Valadouro:
- AMARELA (A)
- ZARAGOZA
- CASÁS (OS)
- ESCOURIDO
- PEREIROS
- PRADIA
- PENA (A)
- CAZCALLEIRA (A)
- SOLLOSO (O)
- REXEDOIRA (A)
- GRANDA (A)
- VILARES
- PENA (A)
- MUXUEIRA (A)
- LARANXEIRAS (AS)
- PAZO (O)
- TRASMIL
- ALBARES
- BERMÚN
- CABANELA (A)
- CENDEMIL
- SUAIGREXA
- VILARAO (O)
- ARNELA (A)