Actualizado 08/05/2021 ás 12:00 horas

Nestes momentos a incidencia acumulada no noso termino municipal atópase en situación de:

<25

Novos casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 14 días:

0

As restricións no noso termino municipal atópase en situación de:

Restricións Media-Baixa

O Concello de O Valadouro manterá actualizada a información a través desta páxina Web, das Redes Sociais Oficiais coa publicación tanto de novos Comunicados e Bandos se fora necesario tomar novas medidas por parte desta Institución.

Para seguir a evolución do COVID-19 recomendamos seguir a información a través das canles oficiais as que podes acceder premendo nos seguintes ligazóns.

Restricións Mínimas

Que é Radar COVID?

Radar COVID é a aplicación deseñada e dirixida pola Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia artificial do Goberno de España para axudar a evitar a propagación do coronavirus (COVID-19).

Radar COVID avísache de maneira anónima do posible contacto que puideches ter nos últimos 14 días cunha persoa que resultase infectada utilizando a tecnoloxía Bluetooth de baixo consumo.

Radar COVID ademais permite:

  • Comunicar de forma anónima o teu diagnóstico positivo.
  • Comunicar a exposición de forma anónima ás persoas coas que estiveches en contacto.

Radar COVID garante a seguridade e privacidade e é 100% anónimo. Por iso non solicitamos nin o teu nome, nin o teu teléfono, nin o teu correo electrónico.

De onde podo descargar a app?

Que fago se recibín unha alerta de contacto de risco na app?

Se vostede atópase actualmente en Galicia e recibiu unha notificación indicándolle un posible contacto de risco, por favor chámenos ao 881 54 00 04 para que podamos avaliar o seu risco de exposición á COVID-19. Tras esta valoración, facilitarémoslle todas as recomendacións que necesitará para evitar novos contaxios.

Quen ten que reencher o formulario sanitario?

As persoas, sexan residentes en Galicia ou non, que proveñan ou estiveran nos últimos catorce días en territorios de alta incidencia epidemiolóxica por COVID-19.

Ao chegar ou regresar a Galicia tras unha viaxe. Declaración Obrigatoria.

Al llegar o regresar a Galicia de un viaje. Declaración Obligatoria.

When you arrive or return to Galicia from a trip. Mandatory statement.

Medidas de contención decretadas polo Concello de
O Valadouro ante a situación de Emerxencia Sanitaria.

❌ Os permisos de uso do Pavillón Municipal e do Campo de Fútbol quedarán restrinxidos desde o 13/03/2020.

Residuos Domésticos

Os residuos do doente, incluído o material desbotable utilizado pola persoa enferma (luvas, panos, máscaras), débense eliminar nunha bolsa de plástico (bolsa 1) nun cubo de lixo disposto na habitación, preferiblemente con tapa e pedal de apertura, sen realizar ningunha separación para a reciclaxe.

A bolsa de plástico (bolsa 1) debe pecharse adecuadamente e introducirse nunha segunda bolsa de lixo (bolsa 2), ao lado da saída da habitación, onde ademais depositaranse as luvas e máscara utilizados polo coidador, e pecharase adecuadamente antes de saír da habitación.

A bolsa 2, cos residuos anteriores, depositarase co resto dos residuos domésticos na bolsa de lixo (bolsa 3).

Inmediatamente despois realizarase unha completa hixiene de mans, con auga e xabón, polo menos 40-60 segundos.

A bolsa 3 pechada adecuadamente depositarase exclusivamente no contedor verde.

Naqueles fogares nos que non haxa ningunha persoa que poida sair para depositar o lixo no contedor, deberá avisar ao Concello, para que se lle faga a recollida no seu domicilio, sempre cumprindo as medidas indicadas.

Servizos Sociais

AXUDA NO FOGAR:

  • Manterase a atención telefónica no telefono 982 57 40 00 ext. 2., que permitirá ás familias comunicar as incidencias que podan ocorrer: altas, baixas, suspensión, etc.
  • Os números de teléfono tamén están dispoñibles para se algunha persoa necesita cubrir necesidades básicas (facer a compra, ir a farmacia…).
  • As altas novas serán por cuestións de urxencia social.

Prevención

Síntomas

Vídeos Informativos