Hoxe celébrase o #DíaMundialContraElCáncer, nestes tempos de COVID-19, non debemos esquecer que a emerxencia cancro continúa: o cancro estaba, está e estará a pesar da COVID-19. A pandemia non fixo máis que agravar a situación de desigualdade de moitos enfermos e enfermas de cancro. 

Por este motivo un ano mais a Casa do Concello de O Valadouro ilumínase de cor verde en apoio á Asociación Española contra o Cancro.

Merece a pena que loitemos contra as desigualdades que provoca o cancro. Animámosche a que apoies a campaña nas túas redes sociais co hashtag #AcuerdoContraelCáncer.

Nós xa nos unimos ao acordo, E ti? Firma en www.acuerdocontraelcancer.com