O sangue non se pode fabricar e so é posible obtelo grazas á doazón de persoas solidarias.

Todos os días o precisan moitas persoas que son sometidas a intervencións cirúrxicas, que sufriron accidentes de tráfico ou laborais, que padecen anemias, hemorraxias, cancro, leucemia, transplantes de órganos…

Dende 1985, a doazón de sangue por lei é un acto voluntario, altruista, anónimo, universal e gratuito.

Cada día, os hospitais galegos precisan 500 doazóns de sangue para atender unha media de 2.800 urxencias, máis de 575 intervencións cirúrxicas e 1 transplante de órganos.

Para solventar calquera dúbida, pode contactar co 900 100 828, a web ados.sergas.gal e as redes sociais de ADOS.

????DOAZÓN DE SANGUE na unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue.

⌚️ De 16:30horas a 21:00horas.

????Aparcadoiro do Parque Concepción Arenal – Ferreira (O Valadouro)

????Martes, 29 de agosto de 2023.