Se desexas coñecer máis acerca do noso patrimonio podes consultar online os dous tomos “Inventario do Patrimonio Cultural e Histórico-Artístico do Valadouro”, escritos por Isaac Ferreira, Manuel Lourenzo e Xesús Pisón.
Podes facelo de tres xeitos diferentes:
Entrando na nosa páxina web: https://www.valadouro.org/es/home/ e ao final da mesma atoparás a información xeográfica cun mapa onde só deberás marcar a opción parroquias e clicar na parroquia que che interese marcando ver libro.
Dende a nosa páxina web sección turismo: https://turismo.valadouro.gal/gl/ e entrando no apartado de Historia poderás acceder aos dous tomos completos.
Dende a nosa páxina web sección turismo: https://turismo.valadouro.gal/gl/ e ao final da mesma atoparás un icono que pon Mapa Gis. Deberás seleccionar parroquias e seleccionar a que che interese pulsando ver libro.
A continuación deixámosvos unhas fotos explicativas