Na Sesión Plenaria celebrada no día de onte, a Corporación Municipal aprobou por unanimidade, a proposta do equipo de goberno, iniciar o expediente para nomear como Fillo Adoptivo do Valadouro a Enrique Penabad.
Enrique Penabad foi director durante 35 anos no CEIP Santa María, deixando unha gran pegada no recordo dos seus alumnos, a súa implicación na vida do municipio sempre foi máis aló das aulas implicándose tamén na actividade cultural e deportiva.
Máis que un mestre, Enrique Penabad.

Chegou o momento de despedirnos. É un momento de alegría por todo o vivido pero ao mesmo tempo de tristeza, pois botarémoste de menos, sobre todo os que dalgunha maneira seguimos vinculados ao colexio.
Dadas as circunstancias actuais non o podemos celebrar como te mereces, e é por iso que quixemos escribirche estas verbas.
Conseguiches que os alumnos sintamos a escola como propia e que sempre que falamos dela o fagamos con nostalxia. Sen olvidar a esixencia e o rigor do traballo ben feito, lograches que a escola fose un lugar onde aprendimos a compartir, sentirnos benqueridos e, o máis importante, vivir!
Traballaches durante 36 anos con, para e por os teus alumnos, ensinándonos a disfrutar da infancia e transmitindo valores tan importantes como o respeto, o amor e a gratitude. Viviches a educación con paixón, dedicación e entrega convertíndote para a grande maioría nese “profe” e director que recordaremos ao longo das nosas vidas.
Non son moitos os que deixan unha pegada nas vidas dos seus alumnos, sen embargo ti sí podes presumir de ser un deles. Moitos lembrarémoste como Don Enrique e os máis novos como Enrique; ese mestre e director que sempre estaba aí presente e organizando todo para que o colexio fose para todos!
Agora ábrese unha nova etapa na túa vida e un descanso máis que merecido. Seguramente o futuro che deparará novas experiencias para disfrutar.
Grazas pola túa xenerosidade, sorrisas, lágrimas, creatividade e paixón tanto dentro como fóra da aula, do colexio. O que dá sentido á vida son os momentos, e ti deixas en todos nós un bo puñado deles!
Os que fumos, somos e seremos os teus alumnos adícamosche este texto, Enrique Penabad, mestre e director do CEIP Santa María do Valadouro.