PRAZO DE INSCRICIÓN DESDE O 22 DE SETEMBRO ATA O 10 DE OUTUBRO DE 2023 ÁS 20:00H.
DURACIÓN: DE 10:00H. A 19:00H. DO 14 DE OUTUBRO.
- ????????????XXXVI FEIRA DO MEL no concello do Valadouro
- ????11 outubro 2023
- ????????Conferencia practica extracción de mel con Delegación Asociación Apícola Galega de Mondoñedo.
- ????13 outubro 2023
- ⌚️18:00h.
- ????????Contacontos ” Abellas!” con Avelino González a través do programa Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas de Galiza.
- ⌚️20:00h,
- ????????Conferencia “O MANEXO E AS ENFERMIDADES DAS ABELLAS: A VARROA” pola veterinaria da cooperativa Casa do Mel
- ????14 DE OUTUBRO DE 2023: XXXVI FEIRA DO MEL
- ⌚️10:00H. Apertura Feira.
- ⌚️11:00h. Obradoiros de velas con Devalo Mel Galega
- ⌚️12:00h. Pasacalle con Carricantos Gaiteiros
- ⌚️13:00h. Degustación ????Eco-cócteles.
- ⌚️13:30h. Sorteo lote produtos.
- ⌚️18:00h. Obradoiro “Trampas de velutinas” con SERPA.
- ⌚️19:00h. Sorteo de lotes de produtos
- ⌚️20:00h. Concerto final Los Jinetes del Trópico
- ????15 DE OUTUBRO DE 2023: XORNADA MICOLÓXICA
- ⌚️09:30h. ????Bus a recoller cogomelos cun experto da A.M. Bolouros.
- ⌚️13:30h. sesión vermú: BRÉTEMA BAND
- ⌚️15:00h. Degustación de balde de PAELLA XIGANTE
- Esta actividade realízase en colaboración coa Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo.
BASES DE INSCRICIÓN NA XXXVI DA FEIRA DO MEL e MERCADO DE OUTONO DO VALADOURO
19 SETEMBRO 2023
A XXXVI edición da Feira do Mel e o Mercado de Outono ten por obxecto a presentación de todo aquilo que se refira a actividades relacionadas coa Apicultura e a agroalimentación en todas as súas vertentes pero, en especial, dedicado aos produtos de outono.
DATA E LUGAR E DE CELEBRACIÓN.
A feira do Mel – Mercado de Outono celebrarase o día 14 de outubro desde as 10:00 horas e ata as 19:00horas. na Praza de Santa María e rúa Andrés López Palmeiro.
EXPOSITORES E PRODUTOS ADMITIDOS.
Como a actividade principal é a Feira do Mel, os produtos que se poden ofertar serán todos aqueles relacionados co mundo das abellas ata derivados. Ó mesmo tempo e ó tratarse tamén da edición do mercado de outono tamén se admitirán todo tipo de produto agroalimentarios de tempada e derivados así como todo tipo de conserva.
Os postos que expoñan mel, produtos de outono e de comercios locais serán facilitados polo Concello do Valadouro comprometéndose cada un dos usufrutuarios a mantelo nas mesmas condicións nas que se atopen ó inicio da actividade. Unha vez que remate o evento, cada expositor deberá de recoller todos os produtos que expuxo e deixar o posto debidamente recollido.
O resto de postos que se admitan deberán de aportar o seu posto indicando na instancia de solicitude as medidas e características do posto e do produto a expoñer.
Unha vez iniciada a Feira non se permite o acceso con vehículos ata o seu remate agás os autorizados expresamente.
Co fin de potenciar e dinamizar a feira, cada expositor deberá de ceder á organización un produto dos que expoña á venta para a realización dun sorteo entre os visitantes da feira.
ADMISIÓN DE SOLICITUDES E ADXUDICACIÓN DE POSTOS.
As solicitudes de admisión na Feira do Mel do Valadouro realizaranse a través da sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” do Concello do Valadouro. O prazo de admisión de solicitudes rematará no intre no que se cubran os postos dispoñibles ou no seu defecto o martes, 10 de outubro ás 20:00h.
As seguintes prioridades(por orde de rexistro) usaranse para admitir os distintos postos que podan acudir á xornada:
-Procedencia(por orde): O Valadouro, A Mariña e resto.
- 1º: Mel.
- 2º: Derivados de mel.
- 3º: Produtos agroalimentarios de tempada.
- 4º: Postos de locais comerciais locais.
- 5º: Conservas de todo tipo.
- 6º: Artesanía (con carta de artesán).
- 7º: Resto de inscritos.
-Antigüidade na feira: Que o posto acudira en máis ocasións á feira do mel.
- 1º: Mel.
- 2º: Derivados de mel.
- 3º: Produtos agroalimentarios de tempada.
- 4º: Postos de locais comerciais locais.
- 5º: Conservas de todo tipo.
- 6º: Artesanía (con carta de artesán).
- 7º: Resto de inscritos.
NORMAS PARA A VENTA DE PRODUTOS AGROALIMENTARIOS
Nos postos da Feira indicarase a denominación e orixe do produto en lugar visible. Tanto o mel como o resto de produtos exhibidos teñen que cumprir coa lexislación vixente alimentaria en materia hixiénico-sanitaria.
SEGUROS E RESPONSABILIDADES
O Concello de Valadouro posúe un seguro de responsabilidade civil que non cubre roubo ou furtos, riscos que deberán asumir os produtores e expositores podendo contratar coa compañía aseguradora que eles elixan.
A organización tampouco se fai responsable da situación laboral do persoal dos stands, así como dos accidentes causados por algún dos elementos expostos, nin de calquera dano producido a bens ou cousas derivados da actividade mercantil.
DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR COA SOLICITUDE
Documentación a achegar, na medida do posible, xunto coa solicitude asinada:
– xerocopia do dni/cif.
Recoméndase xuntar e a seguinte documentación:
– xustificante de pago do último recibo de autónomos.
– xustificante de IAE.
– carné de manipulador de alimentos (produtos alimenticios)..
– recibo vixente de seguro de responsabilidade civil.
– carta de artesán para os postos que así o exixan.
CUESTIÓNS XURÍDICAS
Para calquera cuestión legal entre a Organización e os expositores da Feira, sométense ambos á xurisdición de Xulgados e Tribunais competentes do Partido Xudicial de Mondoñedo ao que pertence ao Concello de Valadouro.
FORZA MAIOR E CONTINXENCIAS NON PREVISTAS
En caso de forza maior a Organización pode suspender ou aprazar a celebración da Feira declinando toda responsabilidade por ese motivo.
No caso de situacións ou continxencias non previstas nestas Bases, as mesmas serán resoltas pola Organización segundo sexa preciso.