O Concello do Valadouro esta acondicionando a rotonda de acceso ao centro urbano e a zona verde da piscina municipal.

Os traballos supoñen un investimento de 16.415,30 € con cargo aos remanentes do Plan Único 2019 da Deputación de Lugo.

Rotonda de acceso ao Valadouro.

Apostase por un deseño baseado en plantas:

  • Utilización de especies arbustivas relativamente rústicas (necesidade de rega manual puntual).
  • Combinación de especies perennes e caducas. Presenza estacional de flor nalgunhas especies arbustivas utilizadas. Interese durante todo o ano, con variacións estacionais de cor.
  • Creación de zonas verdes cun maior grao de biodiversidade. Utilización de tres estratos: herbáceo, arbustivo e arbóreo.
  • Colaborar cun sector (xardinería e viverismo) afectado pola crise actual.
  • Mantemento razoable.

Redución do grao de mantemento.

Redúcese a superficie de sega (se sega un 55% da superficie, ao tapizar aproximadamente 275 m2 dun total de 615 m2). Os recursos humanos concentraranse na eliminación manual de malas herbas, perfilado dos bordos do céspede, podas, abonados e reposicións de planta, se son necesarias. Recorrer a acolchado con malla anti-herba e cortiza decorativa.

Acondicionamento céspede piscina municipal.

Levarase a cabo traballos de adaptación ao sistema de rego existente e sembra de céspede.