O Concello do Valadouro cun investimento de 54.594,05 financiado con fondos FEDER da Unión Europea a través da  Axencia  Galega de  Desenvolvemento Rural (Agader) executou as seguintes actuacións dentro do programa de mellora de camiños de titularidade municipal para o ano 2020/2021.

  • Camiño A Balsa, Loureiro e Muxueira (lonxitude 1602m).
  • Camiño Iglesia de Recaré á Estivada (lonxitude 714,5m).

Os traballos realizados comprenden as seguintes actuacións.

  • Limpeza e perfilado de cunetas con motoniveladora.
  • Limpeza de canos obstruidos.
  • Eliminación da vexetación existente na calzada mediante refino con motoniveladora e posterior carga e transporte de residuos.
  • Barrido de firme por medios mecánicos con cepillo de aramio, incluso repaso manual.
  • Eliminación de fochas existentes no pavimento de distinfas formas e tamaños.
  • Dobre rega asfáltica, sobre firme existente mediante unha primeira rega con dotación de 2 Kg/m2 de ECR-2 saturados con 19 litros de grava miúda 8/12 e dunha segunda rega con dotación de 1,5 Kg. De ECR-2 saturados con 5 litros de grava miúda 5/8, todo debidamente compactado.