O Concello do Valadouro cun investimento de 68.784,24 euros financiado por importe de 56.877,00 € con fondos FEDER da Unión Europea a través da  Axencia  Galega de  Desenvolvemento Rural (Agader) executou as seguintes actuacións dentro do programa de Mellora de Camiños Municipais de Acceso a parcelas agrícolas 2021-2022.

  • Camiño de Alvariña a Santo Tomé
  • Camiño Granda
  • Camiño Folgueiras

Os traballos realizados comprenden as seguintes actuacións:

  • Limpeza e perfilado de cunetas con motoniveladora.
  • Limpeza de canos obstruídos.
  • Eliminación da vexetación existente na calzada mediante refino con motoniveladora e posterior carga e transporte de residuos.
  • Barrido de firme por medios mecánicos con cepillo de aramio, incluso repaso manual.
  • Eliminación de fochas existentes no pavimento de distinfas formas e tamaños.
  • Dobre rega asfáltica, sobre firme existente mediante unha primeira rega con dotación de 2 Kg/m2 de ECR-2 saturados con 19 litros de grava miúda 8/12 e dunha segunda rega con dotación de 1,5 Kg. De ECR-2 saturados con 5 litros de grava miúda 5/8, todo debidamente compactado.