BASES PARTICIPACIÓN ACTIVIDADES PARA PERSOAS ADULTAS
1.- ÁMBITO DE APLICACIÓN
Estas actividades de conciliación están orientadas ás persoas en idade adulta.
2.- ACTIVIDADES OFERTADAS
A duración das actividades está prevista dende o 07/011/2022 ata o 26/05/2023.
Os horarios das actividades ofertadas poden verse modificadas en función da dispoñibilidade de monitores/as e para garantir o bo funcionamento das mesmas.
Asimesmo, o funcionamento destas actividades estará condicionado pola evolución da pandemia ocasionada pola COVID-19 e a normativa vixente en cada momento.
As actividades ofertadas son as seguintes:
- Ximnasia de mantemento (Ferreira) – Luns e mércores de 10:00 a 11:00
- Ximnasia de mantemento (O Cadramón) – Martes de 18:45 a 19:45
- Ioga – Mércores de 18:00 a 19:00
- Taller de memoria – Martes e venres de 17:30 a 18:30
- Uso de novas tecnoloxías e trámites nas administracións – Xoves de 17:00 a 18:30
Para levar a cabo unha actividade será imprescindible un mínimo de 8 persoas inscritas na mesma.
O lugar e horario de desenvolvemento indicarase na resolución na que se indique a listaxe de persoas admitidas
No caso de ser preciso, crearanse 2 quendas de participación, correspondendo a cada unha a metade dos meses nos cales se desenvolva a actividade.
3.- REQUISITOS DAS PERSOAS SOLICITANTES
As solicitudes serán cursadas polas persoas que vaian participar nas actividades e deberán cumprir os seguintes requisitos:
- Ser maiores de 18 anos.
- Non presentar discapacidade, minusvalía ou enfermidade que lle impida realizar a actividade ou que poda supoñer un perigo para a súa saúde ou do resto de participantes.
- Ser autónomo no grao necesario para a realización da actividade.
4.- SOLICITUDES.
Todas as persoas solicitante, ao momento de presentar a súa solicitude estarán aceptando as presentes bases.
As solicitudes serán cursadas polas persoas participantes, iniciándose o prazo de solicitude o luns 31/10/2022.
As solicitudes realizaranse nas Oficinas Municipais en horario de atención ao público de 09:00 a 14:30.
Tamén poderán presentar as solicitudes na Sede Electrónica do Concello de O Valadouro a través do trámite “Instancia Xeral” ou en calquera dos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
5.- DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA.
As solicitudes deberán ir acompañadas obrigatoriamente da seguinte documentación:
- Copia do DNI.
- No seu caso, certificado médico ou documento que acredite a necesidade ou prioridade para a realización da actividade.
6.- INSTRUCCIÓN E TRAMITACIÓN
A instrución do procedemento corresponderá a unha persoa funcionaria designada ao efecto.
O/A Instrutor/a emitirá un informe, o cal se elevará á Alcaldía, referente ás solicitudes presentadas polas persoas solicitantes, facendo referencia á procedencia da admisión e inadmisión das mesmas e elaborando unha listaxe provisional de solicitudes admitidas e solicitudes desestimadas, a cal deberá motivarse no cumprimento das presentes bases reguladoras.
A resolución do procedemento corresponderá ao Alcalde.
Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, revisadas todas as presentadas, e visto o Informe de Instrución, o Alcalde ditará Resolución na cal se incluirán 3 listas:
- Solicitudes admitidas: Nesta lista indicarase o día de comezo das actividades e o lugar de realización.
- Listaxe de reserva.
- Solicitudes desestimadas por non acreditar o cumprimento dos requisitos da convocatoria.
A citada Resolución será publicada no taboleiro de anuncios, na páxina web e na sede electrónica do Concello de O Valadouro.
7.- CRITERIOS DE SELECCIÓN DAS PERSOAS PARTICIPANTES
Para a selección das persoas participantes seguirase a orde de preferencia que se indica a continuación:
- Persoas empadroadas no Concello de O Valadouro.
- Persoas que acrediten mediante certificado médico ou outro documento a necesidade de realización da actividade.
- Orde de rexistro de entrada da solicitude
8.- NORMAS DE FUNCIONAMENTO
Dará lugar á perda da praza na actividade a ausencia á mesma por causa non xustificada durante 4 sesións.
Unha vez iniciadas as actividades o, sempre e cando queden prazas libres, poderán inscribirse máis persoas interesadas ata cubrir todas as prazas.
Se unha persoa se inscribe e están todas as prazas cubertas, dita solicitude pasará á lista de reserva.
Os participantes estarán sempre acompañados do persoal cualificado da empresa encargada de xestionar as actividades.
Os lugares nos que se desenvolverá este programa serán indicados na resolución de concesión das prazas.
O ratio por monitor será o establecido na lexislación vixente ao respecto.
As persoas que desexen darse de baixa nunha actividade deberán comunicalo ao Concello, co fin de que outra persoa poda facer uso desa praza.
9.- PUBLICIDADE
As presentes bases serán publicadas na sede electrónica e na páxina web do Concello de O Valadouro, así como as listas de solicitudes admitidas e desestimadas e calquera outra comunicación colectiva.
10.- MODIFICACIÓNS, SUSPENSIÓN OU CANCELACIÓN DE ACTIVIDADES
O correcto desenrolo destas actividades está condicionado á actual situación sanitaria, podendo sufrir modificacións, suspensión de servizos ou a total cancelación segundo sexa necesario para garantir a seguridade e saúde das persoas participantes, así como dos monitores, traballadores e as súas familias.
Calquera modificación, suspensión ou cancelación do programa será comunicado ás persoas participantes.