Turisgalicia A Mariña, é unha guía dixital que permite un acceso rápido e sinxelo a información clara, útil e actualizada sobre recursos patrimoniais, hostalería, rutas, actividades ou eventos de interese para visitantes e residentes da comarca.
Os contidos da App actualizaranse diariamente con novos eventos culturais e información dos 16 concellos da Mariña: A Pontenova, Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, O Valadouro, O Vicedo, Ourol, Ribadeo, Riotorto, Trabada, Viveiro e Xove. Tamén inclúe os folletos promocionais das oficinas municipais de información turística para que os visitantes podan consultalos no seu móbil e eviten manipular papeis e previr a Covid-19.
A App Turisgalicia A Mariña ofrece ademais un servizo de información de utilidade para os concellos e os veciños, xa que integra un sistema de alta de avisos por WhatsApp a través do cal calquera persoa pode recibir voluntariamente, no seu móbil, mensaxes coas novidades municipais, avisos e eventos do concello sobre o que elixa obter información.
A App que está dispoñible en castelán e galego, e pódese descargar en dispositivos android e apple.